Manifesto

Data de publicación: 19 de Setembro de 2007
Category: atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

rede_galega_de_bitacoras

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Asina deixando un comentario ou réplica. Emprega o que prefiras (Nome, alcume ou sitio web) e escribe o que desexes:

Esta anotación publicouse o Mércores 19 de Setembro de 2007 ás 12.51 pm e arquivouse en atlantico, bloGaliZa, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, intres, lugares, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

43 comentarios a “Manifesto”

#1

inclúo este manifesto no meu blog.

non sei como asinar aquí.

adiante! reganosa fóra!

#2

Está ben como acabas de facer, Lúa.

Naturalmente eu tamén asino.

E se ti estás interesado/a en divulgar isto ou na visita e xantar que se está programando le isto.

#3

Eu tamén asino, como zerovacas (e como marcos s. pérez)

#4

E eu asino como Artritris (César Pena) e engado o manifesto na miña bitácora. ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

#5

Manifesto de solidaridade coa Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meá”…

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante deste país ou de c…

#6

eu son Tximbalee, eu tamén engado o manifesto na miña bitácora.

El pueblo unido jamas será vencido!!

#7

Druída Artabro solidarízase cos veciños de Mugardos. Animo!
no meu blog xa está engadido.
un saúdo

#8
Amador Loureiro Blanco -dorfun-

…cando a solidaride se chama ping… :) …ou trackback… :P

#9

Ola amigos, asino o manifesto e tamén engado o manifesto na miña bitácora.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

#10

[…] - Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel. […]

#11

Parabéns.

En canto teña un intre, publico a nova na ciberirmandade, por se serve para a sua difusión.

#12

Noraboa pola iniciativa ;)

Rachemos os muros de silencio e fagamos da nosa terra un lugar milhor, máis xusto e máis solidario.

A Ría é nosa, e non de Reganosa!

#13

Mucho ánimo!!
PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

#14

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
Mucho ánimo!!!

#15

Por suposto que eu tamén asino ainda que sexa durmindo.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

¡DESMANTELACION XA!

#16

[…] - Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel. […]

#17

Eu também. Mas o texto de Calidonia na Blogaliza, para lhe dar mais difussão.

#18

[…] MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ […]

#19

Eu tamén me uno.

Aínda que non podo ir ao xantar. Xa añadín o o texto no meu blog.

#20

Dádelle duro…
Traslado de Reganosa a Génova, nº 13 CP 28010 Madrid XA!!

#21
avvfontelonga

A Asociciación Veciñal de Esteiro ” Fontelonga” en Ferrol tamén asinamos

#22

Eu tamén.
Saúde

#23

eu tamén asino

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

#24

Asinado por X da Selva de Esmelle.

#25

da gusto ver tanta xente a titulo individual LOITANDO en pro da VIDA,aqui tedes meu apoio e solidaridade http://www.gratisweb.com/susoferrol http://bloguay.com/suso

#26

Sintome emocionado o ver cantos estamos a loitar en pro da LEGALIDADE e da VIDA,Vaia a miña solidaridade http://www.gratisweb.com/susoferrol http://bloguay.com/suso

#27

Planta de Gas fora da ría!Reganoxo ilegal e inmoral!!
Quedades engadidos ós meus enlaces.

#28

O meu apoio, mais umha vez, ainda que ao polvo nom poda ir.

#29

Os pelachos tamén asinamos.

#30

Asino encantado. Adiante.

#31

inserín xa o polbo na blogue. fóra reganosa!

#32

Abaixo reganosa!!! Venceremos ca forza da razón a eses que non teñen mais razón que a que da a forza (represiva). Fora! Rua! Torna Satanás!

#33

Quais som as causas ocultas que estam tras a empresa?
A comarca de Ferrol Terra segue a ser um lugar esquecido polos governos, que com a excusa do deselvomemento industrial traim a essa zona qualquer empresa, sen ter em conta o impacto do meio ambiente…esta-se aplicar a política de sempre, caciquil e esmagadora ao povo…

#34

dende logo que desexo mostrar o meu apoio.
a terra é nosa e non de reganosa!!!

#35

Eu tamén asino, como A Conxurada.

#36

PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA

REGANOXA, ILEGAL E PERIGOSA

rematemos co legado mafioso do ex-ministro da ditadura

#37

Suscribo cada unha das demandas e intencións do manifesto.
Oxalá pasen a ser realidades pronto.

#38

ASSINO

PLANTA DE GAZ FORA!

#39

Eu tambem assino ;)

#40

Alí estaremos.

#41

¡Planta de Gas, fóra da ría!
Saúdos fraternais desde Ferrol. Unha aperta.

Deixa unha resposta