Manifesto

MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ

rede_galega_de_bitacoras

Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados na Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante, deste país ou de calquera outro, ten o dereito a que non lle estraguen a súa paisaxe e seu o contorno, e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silenciosa dun perigo terríbel.

Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.

Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que se cometeron no pasado ao localizar empresas en sitios inaxeitados, e ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, nosos ou doutros pobos.

Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, así como a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala dividíndoa desta maneira.

Quen asinamos temos a esperanza de que se traslade esta instalación fóra da Ría de Ferrol, na súa localización primixénea e ideal do Porto Exterior, e estamos convencidos de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, moitas outras persoas están atendendo e entendendo, compartindo, ensinando e aprendendo desta loita que ante todo é xusta e fraternal.

Asina deixando un comentario ou réplica. Emprega o que prefiras (Nome, alcume ou sitio web) e escribe o que desexes:

12:51 pm

43 Comentarios »

  1. inclúo este manifesto no meu blog.

    non sei como asinar aquí.

    adiante! reganosa fóra!

    Comment por lúa — 19/09/2007 @ 1:59 pm

  2. Está ben como acabas de facer, Lúa.

    Naturalmente eu tamén asino.

    E se ti estás interesado/a en divulgar isto ou na visita e xantar que se está programando le isto.

    Comment por calidonia — 19/09/2007 @ 3:00 pm

  3. Eu tamén asino, como zerovacas (e como marcos s. pérez)

    Comment por zerovacas — 19/09/2007 @ 3:10 pm

  4. E eu asino como Artritris (César Pena) e engado o manifesto na miña bitácora. ¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

    Comment por César Pena — 19/09/2007 @ 3:14 pm

  5. Manifesto de solidaridade coa Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Meá”…

    Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante deste país ou de c…

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 19/09/2007 @ 4:42 pm

  6. eu son Tximbalee, eu tamén engado o manifesto na miña bitácora.

    El pueblo unido jamas será vencido!!

    Comment por Tximbalee — 19/09/2007 @ 5:07 pm

  7. Druída Artabro solidarízase cos veciños de Mugardos. Animo!
    no meu blog xa está engadido.
    un saúdo

    Comment por Druida Artabro — 19/09/2007 @ 5:30 pm

  8. …cando a solidaride se chama ping… :) …ou trackback… :P

    Comment por Amador Loureiro Blanco -dorfun- — 19/09/2007 @ 6:03 pm

  9. Ola amigos, asino o manifesto e tamén engado o manifesto na miña bitácora.
    PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

    Comment por ATURUXO.blogspot — 19/09/2007 @ 6:06 pm

  10. [...] - Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel. [...]

    Aviso (Pingback) por A dorfunteca » Polbo solidario — 19/09/2007 @ 6:08 pm

  11. Parabéns.

    En canto teña un intre, publico a nova na ciberirmandade, por se serve para a sua difusión.

    Comment por minhoca — 19/09/2007 @ 8:42 pm

  12. Noraboa pola iniciativa ;)

    Rachemos os muros de silencio e fagamos da nosa terra un lugar milhor, máis xusto e máis solidario.

    A Ría é nosa, e non de Reganosa!

    Comment por Kiko das Leiras — 19/09/2007 @ 9:16 pm

  13. Mucho ánimo!!
    PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

    Comment por OscarQuant — 19/09/2007 @ 9:54 pm

  14. PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
    Mucho ánimo!!!

    Comment por OscarQuant — 19/09/2007 @ 9:55 pm

  15. Por suposto que eu tamén asino ainda que sexa durmindo.

    ¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

    ¡DESMANTELACION XA!

    Comment por angeldecardido — 20/09/2007 @ 6:59 am

  16. [...] - Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel. [...]

    Aviso (Pingback) por polbo solidario-- de mares, portos e portas — 20/09/2007 @ 7:18 am

  17. Eu também. Mas o texto de Calidonia na Blogaliza, para lhe dar mais difussão.

    Comment por Rifenha — 20/09/2007 @ 7:55 am

  18. [...] MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ [...]

    Aviso (Pingback) por http://o-escunchador.blogspot.com/ » Manifesto — 20/09/2007 @ 7:57 am

  19. Eu tamén me uno.

    Aínda que non podo ir ao xantar. Xa añadín o o texto no meu blog.

    Comment por mirinho — 20/09/2007 @ 8:07 am

  20. Dádelle duro…
    Traslado de Reganosa a Génova, nº 13 CP 28010 Madrid XA!!

    Comment por Pucho Boedo — 20/09/2007 @ 8:54 am

  21. A Asociciación Veciñal de Esteiro ” Fontelonga” en Ferrol tamén asinamos

    Comment por avvfontelonga — 20/09/2007 @ 9:03 am

  22. Eu tamén.
    Saúde

    Comment por karkeixa — 20/09/2007 @ 12:58 pm

  23. eu tamén asino

    PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

    Comment por santiagon — 20/09/2007 @ 2:02 pm

  24. Asinado por X da Selva de Esmelle.

    Comment por X — 20/09/2007 @ 6:48 pm

  25. da gusto ver tanta xente a titulo individual LOITANDO en pro da VIDA,aqui tedes meu apoio e solidaridade http://www.gratisweb.com/susoferrol http://bloguay.com/suso

    Comment por suso — 20/09/2007 @ 8:08 pm

  26. Sintome emocionado o ver cantos estamos a loitar en pro da LEGALIDADE e da VIDA,Vaia a miña solidaridade http://www.gratisweb.com/susoferrol http://bloguay.com/suso

    Comment por suso — 20/09/2007 @ 8:13 pm

  27. Planta de Gas fora da ría!Reganoxo ilegal e inmoral!!
    Quedades engadidos ós meus enlaces.

    Comment por TODO_A_CIEN — 20/09/2007 @ 9:31 pm

  28. O meu apoio, mais umha vez, ainda que ao polvo nom poda ir.

    Comment por signatus — 20/09/2007 @ 10:31 pm

  29. Os pelachos tamén asinamos.

    Comment por Leco — 21/09/2007 @ 9:22 am

  30. Asino encantado. Adiante.

    Comment por Jose Folgar — 21/09/2007 @ 11:41 am

  31. inserín xa o polbo na blogue. fóra reganosa!

    Comment por kaplan — 21/09/2007 @ 12:04 pm

  32. Abaixo reganosa!!! Venceremos ca forza da razón a eses que non teñen mais razón que a que da a forza (represiva). Fora! Rua! Torna Satanás!

    Comment por mmeixide taurozen — 21/09/2007 @ 12:41 pm

  33. Quais som as causas ocultas que estam tras a empresa?
    A comarca de Ferrol Terra segue a ser um lugar esquecido polos governos, que com a excusa do deselvomemento industrial traim a essa zona qualquer empresa, sen ter em conta o impacto do meio ambiente…esta-se aplicar a política de sempre, caciquil e esmagadora ao povo…

    Comment por fiz — 21/09/2007 @ 3:19 pm

  34. dende logo que desexo mostrar o meu apoio.
    a terra é nosa e non de reganosa!!!

    Comment por alberte — 21/09/2007 @ 4:40 pm

  35. Eu tamén asino, como A Conxurada.

    Comment por A Conxurada — 21/09/2007 @ 7:04 pm

  36. PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA

    REGANOXA, ILEGAL E PERIGOSA

    rematemos co legado mafioso do ex-ministro da ditadura

    Comment por abretedeorellas — 21/09/2007 @ 7:31 pm

  37. Suscribo cada unha das demandas e intencións do manifesto.
    Oxalá pasen a ser realidades pronto.

    Comment por Sara — 21/09/2007 @ 8:03 pm

  38. ASSINO

    PLANTA DE GAZ FORA!

    Comment por escravatura — 22/09/2007 @ 2:06 am

  39. Eu tambem assino ;)

    Comment por Damch — 24/09/2007 @ 9:40 am

  40. Alí estaremos.

    Comment por Pedro — 25/09/2007 @ 11:47 pm

  41. ¡Planta de Gas, fóra da ría!
    Saúdos fraternais desde Ferrol. Unha aperta.

    Comment por Manuel Cendán — 27/09/2007 @ 12:21 am

  42. reganosa fora da ria

    http://es.youtube.com/watch?v=HbcPioahfWE

    Comment por suso70 — 31/10/2007 @ 10:07 pm

  43. Assinado.

    Comment por pedreira — 14/12/2007 @ 11:50 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> <span class=""> <p> <br> .