Talvez voltem algum dia
Data de publicación: 16 de Xullo de 2007Category: festa, intres, lingua, lugares, musica, podcast, revival
Um nunca torceu muito pelo Joaquim e acha que desde as 22:00 e as 23:00 non voltou escrever cousa boa, e que para trás temos muito que andar até dar com a Rua Melancolia, fugindo da muita policia, se pode ser. Mas o Joam Manoel… isso já som palavras maiores. Delicatessen. Mágoa de sua voz, tam desastrada agora polos avatares da vida. Mesmo assim, eu nom o pensava duas vezes. Trocava o Sabina por Gal Costa ao instante, a ceia no Carretas por un impermeável e deixava me molhar pola magia até á espinha.
Esta anotación publicouse o Luns 16 de Xullo de 2007 ás 10.25 am e arquivouse en festa, intres, lingua, lugares, musica, podcast, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



4 comentarios a “Talvez voltem algum dia”
Fuches das vítimas tamén? Había que montar un colectivo de damnificados. Agora non me atrevo a mercar entradas para concertos ao aire libre en Compostela, ou senón que me asinen unha cláusula por chuvia.
Non, non fun dos damnificados. Só sufrín os danos colaterais de ver baixar a moita xente da praza cara á Rúa Hortas, e notar que todos sen excepción ían xurando en arameo.
Cando souben do concerto non me atraeu excesivamente a “parella”, e despois vin na TV unha mostra do concerto de abertura en Zaragoza, e ouvir dúas voces tan guichadas -a de Serrat tamén- xa me fixo abandonar calquera tentación.
Xa nunca me atraeron os concertos dos dinosaurios do rock’n'roll e do pop entradiños en anos. A un recital de Serrat iría se fora el só (ou con Gal
), a cuberto e con aforo reducido, e pensaríamo antes de pagar 30 euros.
En fin. Un que coa idade tamén se vai voltando máis esixente…
E eu, lendo todas as críticas, penso que debo de ser esixente de menos…!
Aínda que quizais teña que ver que eu non tiven que poñer os mil duros. Nin vir de moi lonxe. Que o estaba pasando ben, e que tampouco me ía a vida nese concerto… Non sei.
Pero entendo a indignación da xente, e, á parte dos fallos da organización, botei moito en falta que nin Serrat nin Sabina tivesen a deferencia de dicir rien de rien.
(…)
-Xa se che botaba de menos por aquí!!-
Tampouco eu gosto demasiado dos vellos dinosauros, cando xa non son o que foron. Home, eu tería ido, pero visto o visto, creo que fixen ben.