Sete do sete do sete

O día de San Firmín Compostela celebra o Día do Orgullo glbt con varias actividades, entre elas o concerto de Projecto Mourente e The Homens na Praza da Quintana, no que se presenta como a primeira proba de quencemento de cara ao Festigal e máis ás festas do Apóstolo.

A noite deste día 7, como algúns non poderemos estar na estrea de Daniel Bellón e Diego Maceiras en Ortigueira, e como estaba pendente no e-calendario a celabración dunha festa retro blogomilleira, e tendo en conta que o Fórum estará cheo até a médula, habitantes vari@s do blogomillo falamos de programar algún melting point complementario ao propio concerto. A improvisación deu lugar á seguinte ruta, o que se fai público para xeral coñecemento e eventual debate:

- De 01:00 a 02:00 na Casa das Crechas, por proximidade.
- De 02:00 a 03:00 no Modus Vivendi, porque son guais.
- De 03:00 en diante no Tarasca, por levaren unha década pinchando dúos de Alaska e Fausto.

9 Comentarios »

  1. …boh… ó final voume perder todas as caralladas endogámicas estas… :( …ortigueira manda!

    Comentario por dorfun — 5/07/2007 @ 8:07 am

  2. 7-7-7, unha quedada blogueira máis…

    Calidonia propón unha quedada blogueira para a noite do 7 de xullo en Compostela, coincidindo co concerto de Projecto Mourente e The Homens na Quintana xunto ao resto de actividades do Día do Orgullo….

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 5/07/2007 @ 3:40 pm

  3. Eu estarei en Vigo, cousas de familia…

    Se a cousa vai adiante pasádeo ben.

    Comentario por ghanito — 5/07/2007 @ 3:44 pm

  4. Eu na miña aldea, jajaja, non teremos orgullo gay, pero alá cada un fai o que lle peta.
    Desfrutade da festa compostelana

    Comentario por Pablo — 5/07/2007 @ 3:51 pm

  5. Podedes aproveitar para dala de alta como Festa do Planeta contra o aquecimento global. A min chegoume tarde o aviso para poder organizar nada.

    Querid@ amig@,

    Mais de 2500 pessoas em 114 países já se inscreveram para organizar uma festa Avaaz/Live Earth para sábado dia 7 de julho! Isso é um fato inédito no mundo. Daqui a nove dias 2 bilhões de pessoas estarão assistindo aos shows contra o aquecimento global. Essa é uma oportunidade imperdível para fazer o movimento global contra as mudanças climáticas imbatível.

    Para ser parte deste importante dia e conhecer outros apoiadores da Avaaz, basta clicar no link abaixo e encontrar uma festa perto de você: http://www.avaaz.org/po/live_earth_parties/

    Se não houver uma festa aberta perto de você, organize sua própria festa! Ela pode ser particular – só para seus amigos, ou aberta para outros membros da Avaaz:
    http://www.avaaz.org/po/live_earth/

    Saúde

    Comentario por Manuel — 5/07/2007 @ 4:27 pm

  6. …aproveiten para facer algo interesante… http://vivirmexico.com/2007/07/05/revista-sin-texto-dia-del-paraguas-negro/

    Comentario por dorfun — 6/07/2007 @ 7:25 am

  7. O sete é on número máxico, eramos 7 nacións celtas ata que veu Asturias e xa son 8

    Comentario por Roi Buligan — 6/07/2007 @ 4:22 pm

  8. escapaches, eh…

    Comentario por Elianinha — 11/07/2007 @ 7:17 pm

  9. Metus extremus… ;-)

    Comentario por calidonia — 11/07/2007 @ 9:26 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .