Radio Blogaliza
Data de publicación: 27 de Xuño de 2007Category: aplicacions, atlantico, bloGaliZa, blogMillo, blogorrolo, festa, media, morse, musica, ondas, podcast, revival
Xa fixeron o anuncio oficial Goretoxo e Dorfun, así que agora é a miña vez.
Xa está emitindo para todo o Mundo (con cobertura de internet) a terceira canle radiofónica con música integramente feita ou tocada en Galiza ou en galego: Radio Blogaliza. Si, a terceira. Despois da desaparecida http://www.radiogaliza.net/ e da efémera Radio Fillos, e antes de que a propia Radio Galega Música resolva programar só música nacional, como debería facer nun panorama musical e radiofónico que non resposta obxectivamente ás preferencias e demandas da audiencia galega.
A radio conta cun arquivo de máis de 1.200 cancións de música popular galega (MPG
), e foron colgadas na rede polos seus autores ou polas discográficas para a súa difusión masiva a través da libre descarga, cando non publicadas directamente baixo unha licenza Creative Commons. Podes ler máis acerca das orixes e filosofía da radio aquí.
O Máximo Testapeza é o primeiro presentador que vén de fichar por esta emisora
. Polo de agora estase a experimentar o sistema Cotovia de síntese electrónica de voz humana, empregando a sindicación de contidos dos fluxos RSS para ‘ler’ algunhas das últimas noticias pubicadas na rede social informativa Chuza!. As posibilidades son moitas e habemos seguir fedellando, se os ventos son propicios.
Que a disfrutes!
Esta anotación publicouse o Mércores 27 de Xuño de 2007 ás 5.15 pm e arquivouse en aplicacions, atlantico, bloGaliZa, blogMillo, blogorrolo, festa, media, morse, musica, ondas, podcast, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



6 comentarios a “Radio Blogaliza”
Grazas amigo Carlos pola túa teima !
…o día que alguén entre nos papeles virtuais ou non, que terá calidonia no seu escritorio (tamén virtual ou non)… o planeta dará un chimpo! (grazas tío!)
Bah. Vós non sabedes. Para dourarme a pílula prefiro a Ascárida. Ela si que sabe.
bua!
sodes unha panda de endogamicos…!
Vaites, vaites. Paso unha semana desenchufada e atópome co señor Máximo Testapeza convertido no rei das ondas! A parte de suxerir que engadas o tag ‘endogamia’ ao post, felicitar aos mamíferos pola criaturiña traída ao mundo, e que cumpra moitos máis.
Noraboa. Gustame moito o proxecto.
Os meus parabéns.