Sempre igual

Data de publicación: 11 de Xuño de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, politica

sempre_igual

Si, eu tamén me pregunto onde está Nunca Máis agora que o escándalo REGANOSA logrou rachar o muro do silencio.

Sempre igual.

Esta anotación publicouse o Luns 11 de Xuño de 2007 ás 1.35 pm e arquivouse en atlantico, causas, denuncia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

11 comentarios a “Sempre igual”

#1

…dicía unha tía de meu pai: “Dios dea menos… e nunca máis!”…

#2

Xa che digo, pois non se me pasara pola cabeza. Se ao final…

#3

Donde está Nunca Máis?…

Si, creo que todos nos preguntamos *onde está Nunca Máis* agora que o escándalo REGANOSA logrou rachar o muro do silencio. Sempre igual. E non é a primeira vez que temos esta pregunta: http://www.google.com/search?q=%22donde+est%C3%A1+nunca+m%C3%A1...

#4

Por que sempre pensan en santa bárbara cando chove? Quizais o asunto de Reganosa teña aínda menos unanimidade có do prestige. Quizais deberían pensar se xuntar 3000 persoas en ferrol é un éxito ou un fracaso.

#5

Un exitazo Césare, un exitazo…

#6

É preocupante, si. Que Quintana, Touriño, Blanco ou Irisarri agachen a cabeza é grave. Que o faga NM, desacredítao para futuras reivindicacións. Eu aínda lles dou un voto de confianza, pero a confianza esgótase

#7

Nunca máis xa esta nos anais sectaristas do bloque. como todo, todo é oportunismo para os políticos e cando pasa o tema: adios.

#8

Tirando de hemeroteca particular, nestes tempos nos que a xente descubre Reganosa:

A Comisión Europea sanciona ó Estado Español
Razóns contra a planta dentro da Ría (08/04/2002)
Poboación preto de Reganosa (29/04/2003)
Incumprimentos de Reganosa (2002)
Disconformidades co proxecto (2002)

#9

Vaiamos facendo o que poidamos namentres non chega o mesías.

#10

Os de “Nunca máis” están na casa, por que xa me dirás de que valeu sí ao final votaron aos memos fai catro anos nas municipais. De que sirve que eu dende Ourense me manifeste polos pobos da costa, se chegado o momento rinse dos que fumos a limpar!. Sí eu fun a limpar, e fun a Madrid e onde fixo falta naquela época a manifestarme e o que non pode aguantar e que me botes en cara onde andamos os de “nunca máis” agora.
Agora che digo que cada pao aguante a súa vela, e vos que non fuches que ata agora de reacionar -cando está a piques de rematar- tes os santos de dicir onde andamos… pois eo na miña casita e vaime moi ben!

#11

Prezado Palitroque:

Non pretendía botarche en nada na cara, porque eu tamén fun voluntario de NM.

Non creo que o resultado das municipais nin de calquera outra elección sirva para desmerecer o traballo e a ilusión dunha sociedade que decidiu actuar, nin para desmerecer a lexitimidade do movemento, nin para se render diante das adversidades.

O que un se pregunta é onde están os que impulsaban e convocaban as súas accións: onde están aquelas organizacións e colectivos máis ideoloxizados, onde os destacados referentes do nacionalismo que agora non dan a cara e calan, demostrando por que e para que estaban en NM.

Con todo, o debate de fondo penso que é se é preciso manter vivo un movemento social do corte de NM, chámese como se chame, para loitar contra todas as inxustizas, independentemente da cor da forza política responsábel, independentemente de quen estea gobernando en cada momento.

Un saúdo

Deixa unha resposta