Há povo!

Data de publicación: 3 de Xuño de 2007
Category: atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, festa, intres, lugares, politica, portos, raices

a_ria_e_nosa_e_non_de_reganosa

Deseño de Artritris

Deseño dos Aduaneiros sem Fronteiras

Esta anotación publicouse o Domingo 3 de Xuño de 2007 ás 10.01 pm e arquivouse en atlantico, causas, denuncia, ecoloxia, economia, festa, intres, lugares, politica, portos, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

4 comentarios a “Há povo!”

#1

Aínda discutín onte as verdadeiras opcións de éxito de todo isto. Eu adoito caer no optimismo (case sempre erro, polo tanto, pero son así), pero se se consegue mobilizar á maioría dos cidadáns da comarca a prol do traslado da planta, creo que é posible.

#2

Calidonia…estaba comentando spaviladiyo no fedello algunha interrogante sobre reganosa…e a min tamén se me ocorreu o mesmo…durante a construcción da planta non houbo ningún movemento social para impedir ou protestar contra a construcción? Houbo acaso algún engano sobre o resultado final? falan sobre a ilegalidade, como “amañaron” os permisos? Que alternativas se propoñen? A verdade é que é un tema que non controlo…saúdos

#3

O movemento existe desde 1999, pero sempre optou por empregar métodos cívicos e o recurso á Xustiza, na que sempre creu e segue crendo, por iso o movemento tamén é unha defensa da Legalidade. Até que a falta desta é clamorosa e o perigo real e máximo, coincidindo coas primeiras probas con gas natural licuado.

Cando foi o momento xurídico oportuno presentáronse recursos a varios incumprimentos: falta de estudo ambiental, incumprimento das normativas europeas de seguridade….

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu dúas sentencias contrarias aos intereses de Reganostra. Pero a propia Xunta, que cunha boca di defender a soberanía enerxética de Galiza con este proxecto, coa outra boca recurriu a sentenza diante dun tribunal alleo, o Supremo, mofándose así da soberanía da Xustiza galega, buscando a política de feitos consumados, xa que nunca se paralizou nada na posta en marcha da planta até que os mariñeiros cerraron a ría.

Polo camiño Tojeiro asinou un convenio secreto con Fraga; comprou en Mugardos e comarca as vontades de políticos e de parte da poboación (promesas irreais de postos de traballo e adquisicións de casas e terreos circundantes ás instalacións); recibiu como agasallo que o anterior alcalde de Mugardos, do PSOE, lle recalificara os terreos onde agora se erguen os depósitos; recheouse a Ría co beneplácito da Autoridade Portuaria (por onde pasaron 4 presidentes, os dous últimos Vicente Irisarri, novo alcalde socialista de Ferrol, e Amable Dopico, ex-tenente de alcalde tamén do PSOE); silenciáronse medios de comunicación (primeiro o Diario de Ferrol e agora La Voz, tamén as TV locais) a cambio de contiosos gastos en publicidade; o BNG, que primeiro adoptara o criterio de esperar á xustiza, para salvar as fortes diferencias internas que tiña neste tema, presentando e aprobando nas institucións mocións e recursos xudiciais que garantisen esa legalidade, ao final experimentou fondas presións da UPG en favor de Tojeiro e da posbilidade dun ciclo combinado para a térmica de As Pontes (ENDESA), e despois da crise que rematou con varias demisións e coa súa desaparición da sociedade civil, acabou por xuntar os seus votos ao PP nun Pleno do Concello de Ferrol para que a institución retirase os contenciosos contra Reganosa que os mesmos nacionalistas promoveran anteriormente.

Desde o comezo houbo escurantismo, e en todo o que transcendía Reganostra apurou prazos e adiantou fases do proxecto, adoptou o paso seguinte antes de ter o paso anterior (informes e licenzas preceptivas en firme). A última autorización inserida nesta estratexia de feitos consumados foi que o Ministerio lle concedera a autorización de posta en marcha en probas da planta, que supoñía a recepción do primeiro metaneiro cargado con GNL (até agora o único perigo para a poboación eran uns depósitos de formigon- un ardeu hai uns meses sen que a prensa dixera nada- e certos materias lixiviados empregados no recheo da ría).

A esta política de non deter o proxecto cando hai recursos pendentes e ilegalidades clamorosas, están subidos agora mesmo a Xunta (Industria pero tamén Presidencia), o Ministerio de Industria (concedeu autorización para a recepción do metaneiro cando este xa estaba de camiño a Mugardos), o BNG, o PSOE e o PP (aínda que neste caso é evidente que non é unha sorpresa) e por suposto todos os demais socios financeiros e industriais do proxecto.

A alternativa a isto é a que houbo sempre e a que defendeu o Bloque en orixe, cando chegou á alcaldía en 1999, antes de que decidira suicidarse social e electoralmente: planta de gas si, fóra da ría e no porto exterior.

Por que non se fixo noutra localización? Incertezas no escenario enerxético estatal, pero sobre todo intereses espúrios de Tojeiro e de todos os que comprou. El tiña uns terreos onde están os actuais depósitos, terreos que lle permiten ter agora, con planta ou sen ela (ao lado xa tiña Forestal del Atlántico, unha empresa química), un porto privado dentro da Rïa de Ferrol, un porto conectado por vía rápida coa AP-9 e cun proxecto previsto de conectalo co ferrocarril.

Eu o que me sigo preguntando é: Que lle deu Tojeiro á UPG?

#4

Interesantísima exposición Calidonia, xa o teño máis claro, gracias por molestarte escribindo unha resposta tan completa…é curioso como se agocha a realidade debaixo dos intereses.

Deixa unha resposta