Niveis de democracia e falsos demócratas
Data de publicación: 23 de Maio de 2007Category: atlantico, causas, denuncia, politica
Esta denuncia do Movemento polos Dereitos Civís ben merece a nosa atención. Mais merece tamén facer algo ao respecto.
Esta é a xeopolítica do xogo sucio:
Arnoia (PP), Arteixo (PP), Avión (PP), Baltar (PP), Bande (PSOE), Barreiros (PP), Os Blancos (independente, ex-PSOE, ex-PP), Cabanas (PSOE), Caldas de Reis (PSOE), Cambados (PP), Cambre (PSOE), Cangas (PP), A Cañiza (PP), Cee (PP), Celanova (PP), Cortegada (PP), A Coruña (PSOE), Curtis (PP), A Estrada (PP), Ferrol (PP e Independientes por Ferrol), Foz (PSOE), Gondomar (PP), A Guarda (Terra Galega), Lugo (PSOE), Maside (PP), Meis (PP), Muxía (PP), Nigrán (PP), Oleiros (Alternativa dos Veciños), Oroso (PSOE, ex-CDS), Ourense (PP), Outeiro de Rei (PP), Pantón (PP), O Pino (PP), Sanxenxo/Pontevedra (PP), Porqueira (PSOE), Porto do Son (PSOE), Rianxo (PSOE), Ribadumia (PP), Salceda de Caselas (PP), San Amaro (PP), Santa Comba (PP), Santiago de Compostela (PP), Tomiño (PP), Tui (PP), Vigo (PP), Vila de Cruces (PSOE), Vilarmaior (PP), Vimianzo (PSOE).
Non perdas tempo en contar: Hai 49 concellos listados, o que representa case 2 de cada 10 concellos galegos. Facilmente podes vivir nun deles.
Non perdas tempo en buscar culpables: Hai 34 mencións ao PP, 14 ao PSOE, 2 a forzas autodenominadas independentes e 2 a forzas autodenominadas centristas e/ou galeguistas.
Non perdas tempo en queixarte de que o teu concello non aparece. Todo o mundo sabe que non están todos os que son. Mais si son todos os que están.
A denuncia do MpDC foi feita utilizando só noticias que foron publicadas nos medios de comunicación. Na mesma liña, resulta moi recomendábel tamén a lectura deste artigo de Justo G. Beramendi.
Eu penso facer algo. E ti?
PÁSAO
Esta anotación publicouse o Mércores 23 de Maio de 2007 ás 8.19 pm e arquivouse en atlantico, causas, denuncia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


