Coda

Data de publicación: 18 de Maio de 2007
Category: contos, media, musica, podcast, poesia, revival

Se por un acaso notas
estas liñas chamar á tua porta
axiña non as deixes fóra
fainas pasar sen demora
á sala ou á alcoba
ava_gardneriso non importa
non fíes na hora
e serve unha copa
estaría ben un whisky con soda
ou un combinado de vodka
e agora
ponte cómoda
gosto de verte saíndo da sombra
levando o visillo da avoa
ou mellor sen roupa
vamos bícame tonta
móstrame a rota
e escoita…

 
icon for podpress  Ava Gardner - Can't help lovin' dat man [3:26m]: Play Now | Play in Popup | Download

Esta anotación publicouse o Venres 18 de Maio de 2007 ás 8.18 am e arquivouse en contos, media, musica, podcast, poesia, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

4 comentarios a “Coda”

#1

Co visillo da avoa nunca…mellor co pixama de verán da neta o como dis espida…por certo a min sempre me gustou máis a pouco recoñecida e fermosísima Gene Tierney

#2

Pois é ben fermosa, si…

#3

Case todas as estrelas do cinema de antes tiñan un ‘algo’ especial, fosen máis ou menos fermosas…

#4

E non só as famosas e famosos.

Abraia ver fotos antigas de xente normal, tanto da túa familia como de outras persoas. Eses retratos transmiten unha elegancia e unha honestidade que dificilmente vemos nunha fotografía non profesional calquera de hxe en día. Que caste de maxia, que melancolía e esa? Ai, quen acadara ese xeito…

Deixa unha resposta