25 de Abril: 100 cartazes

100 cartazes

Seguindo o ronsel do traballo realizado por Berto coa súa Cartelería Galega, e materializando á fin unha vella idea que xa me rondara pola cabeza o ano pasado por estas mesmas datas, decidín colgar na rede as imaxes de 100 carteis do 25 de Abril, que escanei dunha publicación gratuíta que editou en 2004 o Diário de Notícias con ocasión do 30º aniversario da Revolução dos Cravos.

Estes carteis non poden ser senón de domínio público, pois o protagonista foi o povo. Moitas persoas de todo o mundo, tamén da Galiza e de España, ollaron cara a Portugal e quixeron recoñecerse na súa revolución. E aínda que hoxe moitas cousas ficaron en utopías, con só ollar atrás podemos darnos conta do importante que é seguir soñando con elas, e loitar aínda que sexa só por esa posibilidade de seguir soñando.

* * *

No ano 2000 tiven ocasión de traballar coa xente do xornal Público. Eu comentáralles que tiña ouvido dun CD-ROM interactivo editado e distribuído gratuitamente por eles para conmemorar os 25 anos do 25 de Abril. Era unha creación que xa empregaba intensivamente contidos audiovisuais cando iso na informática aínda estaba en cernes. Un produto marabilloso, comparable a eses libros que todo o mundo garda nun recanto especial da súa casa e da súa memoria. O xornal batera marcas de vendas con aquela promoción, que lles fixera ver á internet como un complemento e non unha ameaza, e lles desmostrara que a sociedade xa ía un pouco por diante deles no uso das novas tecnoloxías. Dito e feito. Á semana fixéronme chegar un exemplar daquel CD-ROM, non sen advertirme que non fora tarefa fácil, porque estaba totalmente esgotado e só gardaban no xornal algunhas copias para uso interno. Foi tal o meu entusiasmo que non sei a canta xente llo pasei para que o gravaran. Debeu ser moita porque xa non lembro onde lle perdín a pista, e para a miña desgraza non fixera unha copia persoal.

Catro anos despois, no 30º aniversario, coincidindo co libro de carteis do Diário de Notícias, o Público volveu editar e distribuir unha serie de CDs con máis de 15 h de filmografía, temas musicais e un novo CD-ROM interactivo cunha completa cronoloxía dos acontecementos.

Daría non sei o que por conseguir todos eses materiais. Se alguen ten noticia deles agradecería infindo calquera información.

Chuzame! chúzame -
6.37 pm

7 Comentarios »

  1. Impresionante. Bo traballo.

    Comentario por elianinha — 2007-04-22 @ 7.33 pm

  2. Caro Calidonia
    Terei muito prazer em fazer-lhe a cópia dos 10 CDs do Público. Só tem de dizer para onde quer que lhas remeta.
    Um abraço
    Manuel Carvalho

    Comentario por Manuel Carvalho — 2007-04-24 @ 5.56 pm

  3. [...] Fantástica a compilación de cartaces de Calidonia. [...]

    Aviso (Pingback) por Rúa do Sol :: 25 de abril, sempre :: April :: 2007 — 2007-04-25 @ 12.27 pm

  4. E viva o 25 de Abril de todos nós. Bom dia para ti.

    Comentario por ultraperiferico — 2007-04-25 @ 12.55 pm

  5. [...] Entre estes días de choio inusitado fago exercicio cos pés sobre os tres pedais do carro, autoestrada arriba e abaixo, sen apenas tempo para sentarme noutro lugar que non sexa o cockpit. Son días de aniversarios, que si o do Cervantes, que si o dos cravos do 25 de abril, pero se houbo un especial foi o que se deu o luns, data na que se cumpliron 25 anos da saída ao mercado do ZX Spectrum, a primeira máquina á que lle puxen a man enriba. [...]

    Aviso (Pingback) por Opaco » Blog Archive » POKE 56996,254 — 2007-04-25 @ 3.58 pm

  6. Grazas pola túa aportación. Hai carteis que son verdadeiras pezas de arte, e se lle sumamos a carga histórica, moito máis! Fecundo abril :)

    Comentario por sara — 2007-04-26 @ 8.27 pm

  7. [...] Calidonia (seguindo a linha iniciada por Berto) para visibilizar 100 cartaces do 25 de abril. ch! | | [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » 25 de Abril: cravos e P2P — 2007-04-27 @ 12.16 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .