Solidariedade cos traballadores de Atento
Data de publicación: 16 de Marzo de 2007Category: denuncia, economia, intres, poesia, politica, revival
Dedicada esta volta, tamén como outrora, a Mónica Díaz Carrodeguas
Hostias!
Verbas de liberdade tronan a sotavento
condenadas pola violéncia
que converte a ilusión en campás de pedra
e tira os corazóns do peito.
Tras as reixas e a podrémia da cadea
unha alma feita de tempo
desfai-se en bágoas de sangue e aceiro
baixo os grises de ollada erma.
Apaña paus e vontade sen distinguir moi ben
entre iso e a loucura
desexando canto antes que remate a tortura
dos que nunca amaron ren.
Emprenden a travesia da consciéncia
insubmisa à inxustiza!
poesias, pasquins, cantigas… noite e dia
non será que paga a pena?
Esta anotación publicouse o Venres 16 de Marzo de 2007 ás 3.59 pm e arquivouse en denuncia, economia, intres, poesia, politica, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

