Comezo con esta anotación unha serie de varios artigos sobre a situación da política no urbanismo e do urbanismo na política, e en xeral sobre o planeamento e ordenación do territorio. Todo isto enmarcado conscientemente na axenda política que se aveciña, a uns poucos meses das eleccións municipais.

Nesta primeira entrega quero chamar a atención sobre a importancia que está collendo a rede para vehicular denuncias, protestas e debates acerca destes temas. Velaí vai unha relación actualizada de ligazóns:

- A Estragada (A Estrada) (RSS).

- A-76 por Monforte (RSS).

- AEDRU (A Estrada).

- Alternativa Veciñal Vigo (RSS).

- Autovía por Trives (RSS).

- Cangas do Morrazo.com (RSS).

- Cangas non se vende.

- Coordinadora pola defensa do litoral (A Mariña) (RSS).

- Defendamos a Carbalheira de Menáncaro (Ferrol) (RSS).

- Ferrolterra - Ciudadanos aliados para defender su entorno (RSS).

- Colectivo Fusquenlla (SOS Pontedeume).

- Hai que salvar Ponzos! (Ferrol) (RSS).

- OAR Redondela (Atom).

- Ortigueira sostible (Atom).

- Outro Vigo.

- Parque Rosalía (Lugo).

- Plataforma Ártabra 21 (Atom).

- Pontedeume (RSS).

- Pregúntome desde Pontedeume (RSS).

- PXOM Nigrán (RSS).

- Sárdoma en loita (Vigo) (RSS).

- PXOM Gondomar.

- PXOM Nigrán (RSS).

- PXOM Vigo.com.

- Ronda Non (Sanxenxo).

- Salvemos Monteferro (desaparecida).

- Salvemos Sanxenxo.

- Urbanismo en Pontedeume (Atom).

Hai moitas outras webs e blogues que falan puntualmente destes e outros casos, nomeadamente aquelas páxinas con claro contido político local e orientación partidaria.

O protagonismo que os medios tradicionais furtan á corrupción urbanística, ou que filtran adecuadamente, ten desembocado non só na proliferación de páxinas como as que sinalo, senón de iniciativas tan interesantes como a de Zero Vacas, propoñendo un espazo aberto para a realización de denuncias: Manda-ti.

Na relación hai concellos de todas as cores. Que ninguén pense que esta anotación ten algunha orientación diferente da que se propón evidenciar a necesidade dun debate social sobre a planificación urbanística, a necesidade de artellar mecanismos de participación cidadá, a reforma necesaria no reparto de competencias e, mesmo, a necesidade de mudar o mapa municipal galego, perante a evidencia de que a inmensa maioría dos nosos concellos non poden artellar políticas minimamente eficaces e transparentes, xa non nesta materia, senón en case todas as que lles competen. Como se ve, a cousa vai máis aló do debate do feísmo. Tamén atinxe ao financiamento dos partidos políticos e dos propios concellos, e, por que non diiclo, a un cambio profundo de mentalidade cidadá.

Quero agradecer o contributo que Taurozen fixo en Chuza!, onde apuntou case todas as páxinas que non posúen sindicación de contidos, das que non adoito facer o seguimento.

Esta anotación publicouse o Venres 16 de Marzo de 2007 ás 8.56 am e arquivouse en atlantico, blogMillo, causas, denuncia, ecoloxia, economia, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Política e urbanismo en Galiza (I): O reaxir na rede”

#1

Moi interesante. Está ben que se dean a coñecer estas cousas. Quedan dous meses para as eleccións e aquí parece que non pasa nada. Sobre todo co gran tema destes comicios (urbanismo). Grazas pola referencia

#2

Noraboa polo tratamento que das as distintas problematicas que abordas.

#3

Saudos dende Ortigueira onde andamos moi preocupados polo tema urbanístico. Quizais non sepades que o colectivo Rede Litoral Vivo, no que estamos integrados con algunhas das plataformas que mencionades e outras que non están ahí, así como varios grupos ecoloxistas, estamos a convocar unha mobilización de ámbito galego en Santiago para o dia 6 de maio en defensa dun urbanismo sostible e contra a destrucción do litoral. Gustaríanos contar coa vosa participación e apoio. Tedes mais información no noso blog. Unha aperta.

Deixa unha resposta