2 anos de bitácora

Data de publicación: 4 de Marzo de 2007
Category: atlantico, blogMillo, contos, intres, poesia, rede

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Durme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula o mascarón da proa.
Na bitácora gárdase o caderno das lúas, a búsola das chuvias,
e unha botella con vello licor de neve.
Canta a laverca nun arpón de ferruxe,
trinca os cabos un salouco de merlo,
e albiscan os corvos no temón a miúda morte que se deita nas beiras.
Todo listo, almirante, para a grande viaxe.

MANUEL RIVAS, Balada nas praias do Oeste.

guybrush threepwood

Esta anotación publicouse o Domingo 4 de Marzo de 2007 ás 12.00 am e arquivouse en atlantico, blogMillo, contos, intres, poesia, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

9 comentarios a “2 anos de bitácora”

#2

Parabéns. Que este lugar chamado Calidonia siga achegando contidos tan valiosos e interesantes

#3

Parabéns e que sexan moitos máis

#4

Noraboa e adiante

#5

Parabéns! E a seguir publicando!

#6

Por moitos máis!!! :)

#7

E vostedes que os vexan!

#8

Como pasa o tempo, non? Pois a seguir mantendo o chiringuito :)

#9

Pois iso, listos para seguir viaxando.

Deixa unha resposta