As pedras fálannos

Data de publicación: 1 de Marzo de 2007
Category: atlantico, contos, denuncia, ecoloxia, lugares, raices

Centrarémonos en dous petroglifos relacionados fortemente coa paisaxe coma un todo: un chámase O Raposo e outro A Ferradura.

[N’A Ferradura] …interesante foi a excavación dunha fenda, posibelmente natural pero labrada logo por mans humanas, que atravesa a rocha de leste a oeste, de xeito que situándonos ao leste da mesma, sobre o nivel natural do chan na época en que a regaña foi feita, esta dirixe a vista do espectador cara ao outro lado do vale, no oeste, onde se encontra o castro de San Cibrán de Lás.

O petroglifo d’O Raposo non ten par na Galiza. Está dentro dun oco natural da rocha, e alíñase cunha estreita abertura natural, de forma triangular, orientada ao suleste. En orixe a rocha gravada ficaba xunto doutra, da que foi separada co obxectivo de colocala na fronte da abertura.

O raposoA posición do petroglifo d’O Raposo na fronte da abertura natural implica que é parcialmente iluminado polo sol no solsticio de inverno, cando se pon sobre o cumio de San Trocado, no outro lado do val. Outra das aberturas na rocha significa que que o petroglifo é iluminado a media tarde nos equinocios. Finalmente, unha terceira abertura, a maior, oriéntase cara o solpór no solsticio de verán. Mais durante os escasos minutos en que o sol pasa na súa fronte, xusto antes do solpór, a súa pesada luz non ilumina o petroglifo situado dentro no fundo da rocha desde este ángulo de visión. Parece evidente que o petroglifo foi feito neste lugar debido á súa relación co solsticio de inverno, así como que neste momento a rocha e o seu petroglifo se sitúan no centro dunha liña que une San Trocado co seu castro, onde o sol se pon precisamente nese día, e Coto do Castro, indicado pola sombra da rocha, como se fose un reloxio de sol, marcando así o punto do amencer no solsticio de verán. Esta función como un reloxio de sol anual repítese, aínda que en menor grao, nos equinocios, cando a sombra da rocha se proxecta ao solpór cara a unha elevación característica que pecha o horizonte da área no leste.

A ferradura Ademais, a fenda que decorre ao través do petroglifo d’A Ferradura tamén está asociada co sol. Fomos capaces de observar como o sol se pon no cumio do castro de San Cibrán de Lás arredor do primeiro de febreiro, e que o sol nace, máis unha vez, no castro de Coto do Castro, arredor do primeiro de maio. Son estas posicións as que logo se reproducen no seu tránsito a través da paisaxe, no primeiro de novembro e no primeiro de agosto respectivamente, isto é, nos catro principais festivais do calendario relixioso irlandés [celta].

Incríbel, non si? O artigo completo en inglés: HTML ou PDF.

No entanto, procuremos salvar o Círculo Lítico da Mourela. Quen sabe que segredos agochan para o futuro as nosas pedras.

Esta anotación publicouse o Xoves 1 de Marzo de 2007 ás 9.47 pm e arquivouse en atlantico, contos, denuncia, ecoloxia, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Un comentario a “As pedras fálannos”

#1

Carallo, un petroglifo chamado O raposo. Teño que velo.

Deixa unha resposta