Arquivo de Marzo de 2007

Dous BNG, unha virtualidade real?

Data de publicación: 24 de Marzo de 2007
Category: blogMillo, denuncia, politica

O caso Pedro Gómez-Valadés nace non cando varios militantes ou afiliados do BNG deciden libremente artellar a Asociación Galega de Amizade con Israel, senón no mesmo momento en que alguén ou algúns deciden facer diso un problema, para así poder instrumentalo politicamente para traballar os desequilibrios internos da organización nacionalista.
O primeiro problema, por tanto, devén […]

Máximo Testapeza

Data de publicación: 18 de Marzo de 2007
Category: atlantico, lingua, musica, ondas, podcast, poesia, rede

Non sei se foi por un vello comentario co Home d’Areia, ou polos influxos eléctricos da festa do sábado. Sexa como for, hoxe nace Máximo Testapeza. Un alter ego dúas veces virtual, transpirado naquel personaxe que os informáticos e melómanos oitenteiros lembrarán con facilidade. Velaquí o seu primeiro podcast.

 
icon for podpress  Máximo Testapeza: Play Now | Play in Popup | Download

Solidariedade cos traballadores de Atento

Data de publicación: 16 de Marzo de 2007
Category: denuncia, economia, intres, poesia, politica, revival

Dedicada esta volta, tamén como outrora, a Mónica Díaz Carrodeguas
Hostias!
Verbas de liberdade tronan a sotavento
condenadas pola violéncia
que converte a ilusión en campás de pedra
e tira os corazóns do peito.
Tras as reixas e a podrémia da cadea
unha alma feita de tempo
desfai-se en bágoas de sangue e aceiro
baixo os grises de ollada erma.
Apaña paus e vontade sen […]

Comezo con esta anotación unha serie de varios artigos sobre a situación da política no urbanismo e do urbanismo na política, e en xeral sobre o planeamento e ordenación do territorio. Todo isto enmarcado conscientemente na axenda política que se aveciña, a uns poucos meses das eleccións municipais.
Nesta primeira entrega quero chamar a atención sobre […]

Música libre: Loretta Martin

Data de publicación: 12 de Marzo de 2007
Category: atlantico, festa, lingua, musica, ondas

Get back, get back.
Get back to where you once belonged.
Get back Loretta. Go home.
View This Video on You Tube

A laranxa máis laranxa de tódalas laranxas

Data de publicación: 9 de Marzo de 2007
Category: aplicacions, contos, intres, lingua, revival


2 anos de bitácora

Data de publicación: 4 de Marzo de 2007
Category: atlantico, blogMillo, contos, intres, poesia, rede

Na ribeira acouga a nao
e aniñan nos seus mastros os paxaros da terra.
Co compás trazo as rotas en mapas de labranza,
dóeme a ira do ceo no feble costelame da semente,
e temo a deriva da flor por ventos deshumanos.
Durme a nao na ribeira,
cuberto en mato e xuncos o ensoño azul da quilla
e alma ten de farándula […]

As pedras fálannos

Data de publicación: 1 de Marzo de 2007
Category: atlantico, contos, denuncia, ecoloxia, lugares, raices

Centrarémonos en dous petroglifos relacionados fortemente coa paisaxe coma un todo: un chámase O Raposo e outro A Ferradura.
[N’A Ferradura] …interesante foi a excavación dunha fenda, posibelmente natural pero labrada logo por mans humanas, que atravesa a rocha de leste a oeste, de xeito que situándonos ao leste da mesma, sobre o nivel natural do […]