Na liña de flotación

afundir astano

O capitán de Galiza e a súa tripulación acaban de volver pór en evidencia a súa carencia de proxecto de Nau, a falta de respecto que estes xentilhomes merecen nas tabernas de Madrid e Cádiz, e o feito de que ningún armador, estaleiro ou banqueiro aceptaría o seu aval e o seu creto para lles construir unha dorna sequera.

Comezan os habitantes da praza a se decatar dos cambios periódicos de rumo -van á deriva e ao garete, tornan a rota en derrota-, da falta clamorosa de leme e de temonel, da brétema perenne que arrastran baixo o sombreiro e que non lles deixa ver o horizonte, da estulticia que lles impide ler correctamente as cartas de navegación e empregar como é debido o sextante sentido. Até as cadeas das galeras soan máis a liberdade.

A decisión de onte na Corte é un torpedo á liña de flotación da Nau. E tamén un aviso a navegantes: ou estades co Virrei porque a Monarquía é un seguro refuxio ou cómpre comezardes a plantexarvos outras singraduras e percurar outras bandeiras de comenencia, a filibusteira ou a corsaria.

As últimas novas de Palacio falan de que non hai esperanza dun motín a bordo. É tristemente famosa a escola destes capitáns trépidos. Non hai honor. Nin dignidade. Antes veremos aboiar os restos do naufraxio.

Chuzame! chúzame -
2.02 pm

6 Comentarios »

  1. [...] Crítica ao papel xogado por Touriño: Na liña de flotación.    [...]

    Aviso (Pingback) por lantania » Outsiders (III) — 2007-03-01 @ 12.00 am

  2. E atención ás posibilidades (en descenso) de Irisarri en Ferrol, que segue sen callar na xente.
    E atención á estratexia de El Pais en Galicia
    ¿E este o xornal progresista que nos ía redimir?

    Comentario por zerovacas — 2007-03-01 @ 12.19 am

  3. Non vira o de Lantania, pero é que o de El País paréceme moi forte. O mesmo que o dos sindicatos. Non dubido que os prexubilados están moi ben a nivel persoal (económico), pero 1. Os sindicatos non poden ser tan só axencias defensoras dos seus afiliados, deben ter unha función social máis ampla (non son inxenuo, sei que as cousas son como son) e 2. A destrución da industria naval na Ría de Ferrol non é un problema exclusivo das persoas que algún día traballaron alí, afecta aos 200.000 habitantes da comarca, e afecta sobre todo á xente nova, aos futuros traballadores.

    Claro que coñezo a moitos prexubilados de Astano, e coñezo a moitos fillos de prexubilados. ¿Que foi dos fillos dos prexubilados? Pois mira, entre xente da miña idade, veciños do meu barrio, un está traballando en Canarias, outro en Alacante, un suicidouse, outro está na Coruña, outro en Santiago e outro traballa en Bazán (mira, non se perdeu todo). ¿Quen quda en Ferrolterra? Os prexubilados.

    Perdón, é que é un asunto que non me deixa ser racional.

    Comentario por zerovacas — 2007-03-01 @ 9.22 am

  4. [...] seguindo coa analise que fai calidonia, unha proposta: [...]

    Aviso (Pingback) por de mares, portos e portas » a solucion que galiza precisa — 2007-03-01 @ 10.50 am

  5. Por algunha razón o trackback non vai para esta outra anotación de O Bazar de Nes

    Comentario por calidonia — 2007-03-01 @ 11.00 pm

  6. Agardo que os culpaveis teñan seu merecido

    http://grueiro.blogaliza.org/2007/03/07/astano/

    Comentario por grueiro — 2007-03-07 @ 2.11 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .