Pioneir@s
2000: Botelha ao Mar ‡
2001: Endurance de ArvPart | EMF Mimosita Inc.
2002: De mares, portos e portas | ber.to ‡ | Movemento polos Dereitos Civís | Diante do Mar † | Nubeiro | Va-Ca † | Que vida de porquinho | Saudade † | Xusto †
2003: Monólogos de extramuros | O Champiñón do Gnomo † | Øck † | Buff! Que agobio de vida | Istmo † | Días Estranhos | Margaritas a los cerdos | Prántate contra as redes negras † | Esbardalladas de Akin | Desde o sovaco de Cristo † | Orballo † | Dr. Zippie, Movemento na Rede | Estrela Negra | La Casa de los Vientos | xmanoel@ | Tella Ceibe | Un mundiño pequeno na outra punta do país | Magosto † | TodoNada † | Caderno de Ciberlingua | A Carreira dun Kan - Os Oubeos do Kan-Meijome | Robinson en Ithaca | As túas balas | Sekeirox | Férvellasverzas † | Bitácora de Paleón | Capítulo 0 | Dorvisou | PensaGZ
…
Verde no asfalto
Foi nesta saavedra niilista
onde medrou a casanova luxada
contra o castro luído
que agocha a espada ósea
cando tocabades coa varela rafada
nun sesenteiro mal paso aberto.
Como era aquela canción sen nome?
Se pudese lembrar o beixo…
Blogs, as novas canles de expresión
Mañá andaremos por aquí:
Internet viviu nos últimos anos a emerxencia dun novo formato de expresión e comunicación: os blogs ou bitácoras, e máis aínda recentemente os fotologs, ou os podcasts. Estas canles de expresión na rede están a supoñer unha completa mudanza social e comunicativa. Nesta xornada preténdese dar a coñecer unha pequena mostra das posibilidades que nos dan estes novos formatos expresivos, comunicativos e informativos e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun importante emprego da lingua galega.
• Mañá:
10.30 h. María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensión das bitacoras e outras canles de expresión por internet.
11.15 h. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan, Blogoteca. Ferramentas e recursos en galego para crear blogs.
12.30 h. Alberto Yáñez, Chuza! Internet como unha comunidade participativa e de troco de noticias.
13. 15 h. Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas.
• Tarde:
16. 30 h. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical, artística e de análise social e política.
17.15 h . Modesto del Río. Os podcasts.
Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs.
18.00 h. Noel Feáns, A regueifa + Martín Wu, The Homens. Bitácoras e música.
18.30 h. Nel Vidal e Suso de Toro. Língua e Literatura.
19.30 h. Martín Pawley. Bitácoras de Cine.
Clausura da xornada
Máis información:
Centro sociocultural e xuvenil municipal, O Ensanche
Rúa Frei Rosendo Salvado 14/16
981543001
dptoeducacion at santiagodecompostela.or… /> Servizos e horarios (.doc)
O prezo da electricidade
A imaxe está tirada dun libro de Albino Prada, e reflicte as zonas do Estado que no ano 2008 serán produtoras netas (en vermello, maior altitude) e consumidoras netas (en azul, menor altitude) de electricidade. As liñas vermellas reproducen os principais fluxos de transporte. Apréciase ben o papel de xeradores que o deseño da economía estatal -alguén o deseñou non?- reservou para Galiza, Aragón e Estremadura, entanto Madrid e Barcelona -tamén Euskadi- son sobre todo consumidores.
O profesor Prada publica habitualmente en prensa artigos sobre cuestións económicas diversas (sistema enerxético, fiscalidade e autonomía, demografía e pensións, consecuencias do Prestige, economía forestal e incendios…).
Hoxe volvín escoitar falar ao Conselleiro de Industria acerca da posibilidade -necesidade?- de Galiza gozar dun prezo máis baixo para a electricidade. Non se entende que todos os demais bens considerados básicos -da auga ao gasóleo- teñan prezo libre e a electricidade non -págase o mesmo por ela onde se produce e onde se consume, malia aos custos e perdas do transporte. Se hai algún caso no que a drenaxe de recursos e o estrago da Natureza son prexudiciais para a economía galega é este.
Atopei o gráfico vía Chuza! no álbum de fotos do Nemigo no Flickr!.
Música livre: De outra margem
Como os ciganos…
Eu gosto dos caminhos para o sul
Onde passa o cigano e a rola brava
Como os ciganos entre sul e viagem
do outro lado do rio
Como os ciganos somos de outra margem
Nosso amor é de bala e desafio
E todos os amantes são raianos
Como os ciganos de passagem
Como os ciganosMANUEL ALEGRE
Branco e negro
Este efecto óptico ben podía aplicarse como metáfora visual en moitas das noticias importantes destes días sobre as que sempre hai alguén proxectando sombras e incertezas.
Nesta imaxe as celas A e B posúen a mesma cor, o mesmo ton cinzento. Incríbel?
Vía Anatoli
Enquisas e sentimento de nación en Galiza (e III)
Nos seguintes gráficos e comentarios combino datos de estatísticas e enquisas diversas. A gran maioría proceden dos arquivos do CIS, que completei an algún apartado cos últimos inquéritos e sondaxes publicados en Galiza acerca da questión do novo Estatuto (de Autonomía ou de Nación).
Sentimento de pertenza territorial
A maioría da poboación galega adulta declara sentirse tan galega como española, é dicir, non ten problema ningún en recoñecer esa dupla condición. Esta é a mensaxe coa que os media nos bombardean unha e outra vez. Mais este titular oculta outras realidades importantes.
A meirande é a que di que aproximadamente entre un 25% e un 40% da poboación manifesta sentirse antes galega que española ou só galega, entanto só un 10% aproximadamente declara o contrario, sentirse máis española ou só española. Por tanto, a poboación galega, aínda que partilla maioritariamente as dúas identidades, presenta unha inclinación máis evidente cara ao sentimento de galeguidade que cara ao de españolidade. Só un 10% da poboación aproximadamente escolle unha única opción, e nesa porcentaxe hai tantas persoas dunha opción como da outra.
Se atendemos á evolución temporal, no período para o que temos datos foi reducíndose a porcentaxe de persoas que se declara só galega, e tamén, aínda que menos, a da que se declara máis galega que española. En cambio, a porcentaxe oposta, de persoas que se senten só españolas ou máis españolas que galegas, mantívose máis ou menos estábel -con flutuacións moitas veces estatísticas- ao longo dos dez anos analizados.
Forma de Estado
Cando as persoas son preguntadas pola forma de organización do Estado que prefiren, a maioría contestan que o Estado das Autonomías, o que existe hoxe. É un resultado que vai en paralelo ao anterior, sobre a forma de organización do Estado, e que se podería resumir coloquialmente en que así estamos ben ou non estamos mal así.
Este resultado, a confirmación da validez do Estado das Autonomías, tamén é o que se repite titular tras titular cando nos media se comenta a penúltima enquisa dada a coñecer. Porén, isto obvia varias cuestións.
Unha é a elevada porcentaxe de persoas -10%- que non saben ou non responden a esta pregunta, pois simplemente non perciben ou non entenden en gande medida aquilo sobre o que se lles está a preguntar -só na última enquisa da USC esa porcentaxe é menor.
Outra cuestión é que se entende por Estado autonómico. É inamovíbel o nivel de competencias ou de autonomía política dunha CC.AA. ou pode variar? é o mesmo para todas as CC.AA.? Normalmente as posibilidades da resposta inclúen o complemento como até agora, que obriga a matizar a interpretación do resultado. Isto daría para toda unha monografía sobre o que realmente aconteceu até agora ou para o que axente percibiu que aconteceu até agora no Estado das Autonomías. Cantas desas persoas que o apoian estarían de acordo, por exemplo, en que Galiza tivese maior autonomía? Penso que as hai, aínda que só sexa polo feito de que o nivel de autonomía e competencias da CC.AA. de Galiza ten aumentado desde a súa creación, e esta pregunta tende a invisibilizar este segmento da poboación e a incorporalos nunha resposta que só nutre a porcentaxe dos que están por manter a situación e mingua a porcentaxe dos que peden algún cambio.
Alén disto, entre un 25% e un 30% da poboación manifesta que lle gustaría para Galiza maior autonomía ou mesmo a independencia política. Claramente, e independentemente da matización anterior, o centro de gravidade da sociedade galega está polo aumento da autonomía de Galiza.
O que tamén podemos observar de forma nidia é a redución dos que din preferir un estado centralizado, como o existente durante a ditadura e os anos da Transición. En 1994 representaban máis do 20% e hoxe menos do 8%, o que é unha contracción evidente que foxe a calquera flutuación estatística atribuíbel ás marxes de erro.
Grao de autonomía
Esta pregunta dá resposta ás cuestións que veño apuntando. A poboación galega desexa claramente maior autonomía para Galiza. É certo que aproximadamente a metade das persoas que responden están satisfeitas co nivel de autonomía, mais a outra metade pide unha maior autonomía. Só unha pequena fracción manifesta querer recurtar o nivel de autonomía.
Os apelidos como patrimonio
O deputado socialista J.M. Lage acaba de manifestar no seu blogue a súa lexítima posición en contra da galeguización dos apelidos que recentemente ten proposto o BNG no Parlamento de Galiza. Non puiden deixar de darlle a miña opinión, un bocadiño crítica, como é mester en persoas que coma el ocupan cargos de responsabilidade na institución política que representa aos galegos, a Galiza e á súa lingua e cultura. Aquí a reproduzo:
Non gostei dese seu artigo, pois aínda que é oportuno destila un ton pouco apropiado e uns razoamentos bastante febles, na miña opinión.
Insinuar que a galeguización dos apelidos é cousa dun nacionalismo excluínte, como Vostede fai, non deixa de ser unha utilización dun prexuízo social vastamente estendido -contra o nacionalismo- para respaldar a súa decisión individual -que evidentemente é lexítima e respecto-.
Afirmar iso sen afirmalo ou dicilo explicitamente supón un esaxero e unha inxustiza de tal calibre como o de que eu o acusara a Vostede de estar a favor do monolingüismo en galego polo simple feito de que Vostede non usa o castelán no seu blogue. Ridículo, claro.
Déixeme poñerlle un exemplo. Imaxine que a súa familia naceu nunha casa. Imaxine que esa casa pasou de xeración en xeración até que nunha certa altura do tempo un cacique ou un crego fanse coa propiedade por métodos digamos ilexítimos, aproveitándose da impotencia e da ignorancia dos seus propietarios, ou pola forza, tanto ten. Imaxine agora, que Vostede se achega até esa casa.
Se puidera, non querería visitala? Se puidera, non querería restaurala? Se puidera, non a compraría e a retornaría ao patrimonio histórico da súa familia?
Agora cambie a casa polos seus apelidos.
Ese e non outro é o enfoque da proposta de *restauración* dos apelidos.
Non fagamos demagoxia. Ninguén quer excluír apelidos -persoas- vindos de fóra noutra época histórica e tan galegos/as como calquera. Faltaría máis! Ninguén quer obrigar a ninguén a facer nada pola forza! Por favor.
Ademais Vostede non ten problema ningún, como ben lle apuntan nos comentarios. Con recoñecer que Lage, Laje ou Laxe lense aproximadamente igual en todas as linguas de orixe galego-portuguesa, pode presumir de galego e de patrimonio igualmente sen necesidade de mudar o nome e os apelidos.
Nin precisa facerse reintegracionista!





