As cifras do paro
Data de publicación: 26 de Xaneiro de 2007Category: denuncia, economia, estatistica, lugares, politica
Xa vale.
Que se nos diga que baixa o desemprego. Que se nos diga que somos a segunda CC.AA. tras Andalucía que rexistrou unha maior baixa. Que se nos diga que a porcentaxe de paro en Galiza baixou até os niveis de 1982.
Non vou ser eu quen diga que estamos peor que na era Fraga, cando as cifras do paro non facían máis que crecer, despois de que en dous anos de Tripartito non fixeran senón baixar. Sempre é mellor que os números baixen a que suban. Vale.
Non vou ser eu quen diga que as cifras da EPA en Galiza teñen bastante menos representatividade que as do conxunto do Estado, por tratarse dunha Enquisa, e que as flutuacións tenderán a ser maiores nun sentido ou noutro. Sempre unha enquisa é mellor que nada. Vale.
Non vou ser eu quen diga que unha redución como a que se publicou hoxe non fai senón demostrar que cada vez máis Galiza se está a converter nunha economía estacional, moi dependente da oleaxe estival de galegos retornados e turistas. Sempre é mellor iso que non ter ren. Vale.
Non vou ser eu quen diga que se contabilizan como persoas galegas ocupadas toda as que seguen empadroadas en Galiza pero están a traballar fóra, noutras CC.AA como Canarias, Madrid, Catalunya… Sempre é mellor traballar onde sexa. Vale.
Ides ser vós, blogueir@s da emigración, quen o digades ben alto e be claro. Pídovos facer unha pequena enquisa entre tod@s vós. Desde onde esteades, deixade un comentario dicindo se seguides empadronados no voso concello ou non.
O que non vale é facer demagoxia co traballo e a vida da xente.
Esta anotación publicouse o Venres 26 de Xaneiro de 2007 ás 9.20 pm e arquivouse en denuncia, economia, estatistica, lugares, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



4 comentarios a “As cifras do paro”
Eu son de Sárria (Lugo) e vivo e traballo en Madrid, pero sigo empadroado na miña vila.
pois eu podo engadir unha boa lista de amigos que están todos fora de Galiza e tamén aos meus que, non so sairon dalá senón que, nunca voltaron precisamente porque un país tan caótico como a Arxentina ainda lles daba mais oportunidades que a súa propia terra. Hoxendía non sei se será igual, pero certamente os novos, os formados, os profesionais marchan porque non atopan un lugar para medrar profesionalmente.
Vou a ser eu quen diga que tes moita razón, todo o que están a dicir e put…demagoxia. Coñezo moita xente do meu pobo que está traballando xa fai tempo en Canarias, inclusive algún deles casouse naquelas terras, e por suposto enpadroados nas Illas. Calidonia, tes un blog estupendo do melloriño.
Home peor ca con Fraga non estaremos pero moito mellor tampouco.
Cantos dos empregados en Galicia, menores de 30 anos son alomenos mileuristas?
Xa, que con 600 € aquí fas máis ca en Madrid con 1500 €. Pois vale. Logo tamén seremos os que temos as pensións de xubilación máis baixas.