Terceira emigración
Todo iso é mentira
Eu seino
Vós sabédelo
Sábeno eles tamén
Xoán reparte o leite
polos outeiros de Limerick
Ramón está en Madrid
buscando a nosa síntese
Bruno, o fillo do Historias,
é guardia civil en Pamplona
Carme ainda vive en Vigo
pero xa se sente en Barcelona
Ana comeza de cero con sete
nalgun lugar da Alemaña
Xabier pensa marchar a València
cando remate en Canárias
Teimades en falar de globalización
en qué seria de nós sen vós
mais todos sabemos xa que chegou
a terceira emigración
Compostela, Abril de 1997
3 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos
si o low cost, o messenger, internet, o móbil….pero erguerse de cedo e nom cheirar a ría? e que nom venha ninguen co de que “preto do mar todos os lugares son iguais”…pois nom o atlántico é un senhor océano e o mediterráneo umha charquinha no mapa….em fisterra chove, orbalha, trona, e podes cagharche na chuvia de nordés…en canárias para ver chover tenhem que abrir a bilha da ducha….nom é tan doado ser/ejercer de galego polo mundo….
Comentario por
txari — 2007-01-23 @ 5.23 pm
É moi triste cando te decatas que a túa terra xa non che pode ofertar máis, que eres carne de baixo custo e outa calidade no mercado de máis aló de pedrafita.
Doe na alma, como se estiveran a botarche sal no corazón.
Pero cando voltas, como dí María Yañez no seu artigo, ves o que hai e voltas a marchar.
Claro que cada vez que marchas deixas un anaquiño teu e pouco a pouco vas desintegrándote na multitude da globalización.
Merda.
Comentario por
O Peto Lareto — 2007-01-23 @ 8.21 pm
Grazas a tod@s cant@s andades polo mundo aí fóra. Esperemos que desta vez, con volta ou sen ela, as novas tecnoloxías e a vosa valía poidamos facer que a cousa sexa un pouco diferente, algo mellor para quen fica e quen marcha.
Comentario por
calidonia — 2007-01-24 @ 9.28 pm