O blogomillo periférico
Data de publicación: 22 de Xaneiro de 2007Category: aplicacions, bloGaliZa, blogMillo, blogorrolo, rede
É que non sabían que dentro da periferia tamén hai periferia? Vaites, vaites. Abonda con ollar, ouvir e ler darredor.
Contábavos hai case un ano que aproximadamente a metade dos blogues en galego creados no primeiro trimestre de 2006 estaban aloxados no portal da Microsoft, os Windows Live Spaces. Alí podía albiscarse o blogomillo máis vivo, máis sorprendente -cando menos para os maduritos que comezamos no Blogger-. Agora as cousas viraron en favor dos Fotologs e do portal da Fox, os MySpaces, que dito sexa de paso é tamén unha das comunidades máis concorridas polos novos grupos e artistas músicais galegos.
Todo isto lémbranolo con bo tino María Yáñez na súa sección Non todo é peixe do número de xaneiro da revista Tempos Novos, no artigo titulado U-lo myspacemillo?. Nalgún libro, a este desembarco adolescente e musical déuselle en chamar blogosfera periférica. María prefire denominalo oquesexamillo. Tá ben, porque dentro de menos dun ano haberá outro trebello de moda. E é que os casos de moz@s con blogue de seu son máis dos que pensamos.
No entanto, non estaría nada mal que se lle prestase moita atención a esta xentiña, por exemplo telos en conta en medios e agregadores. Que non se diga que somos endogámicos. E cando xa teñamos ben interiorizado todo isto, entón e só entón poderemos discutir sobre o millo transxénico.
P.S.: Á María agasallárona nas penúltimas xornadas sobre blogues cunha mazaroca ou espiga á que lle faltaba un gran de millo. Ela debeu quedar pensando que, cando do blogomillo se tratar, ou todo ou nada.
Esta anotación publicouse o Luns 22 de Xaneiro de 2007 ás 7.49 pm e arquivouse en aplicacions, bloGaliZa, blogMillo, blogorrolo, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


4 comentarios a “O blogomillo periférico”
O problema do “myspacemilho” é a estética….
O Blogomilho Periférico: U-lo?…
Calidona avisa sobre a pouca informaçom e analise sobre as comunidades galegas/galegofonas no MySpace e o serviço Space de Microsoft. Esse “blogomilho periférico” que cresce mais e mais e do que tam pouco sabemos.
A necropsia do blogomilho contin…
odemo:”máis ben a falta dela”
E así é como a comunidade blogueira evolúe, desde a endogamia ao xeocentrismo. Cal será o vindeiro paso?