Sobre o Estatuto

Data de publicación: 21 de Xaneiro de 2007
Category: blogMillo, causas, denuncia, politica

nacion

Esta anotación tenta recoller as reaccións da internet perante a falta de acordo de PP, PSOE e BNG para lograr un novo Estatuto para Galiza.

Se se preguntan por que non incluín opinións de sisudos articulistas de La Voz de Galicia, non se inqueden, é que non a teñen. Están ocupados falando un día si e outro tamén de ETA e de Zapatero, que, por certo, é un tema que non está entre as principais preocupacións da cidadanía galega.

Como non lle vou poder dedicar moito máis tempo a seguir recompilando textos, fico cos dos primeiros días despois da reunión de Monte Pío. Podedes seguir moitas das opinións publicadas e sindicadas a partir de agora no buscador de Technorati. Sodes libres de reproducir ou escolmar máis textos dentro dos comentarios.


Xornal aberto, en Non habemus Estatuto (17/01/07):

A xornada de hoxe é unha das máis importantes da vida política galega dos últimos anos: despois de seis horas e cuarto de reunión na residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío, os líderes dos principais partidos políticos galegos non foron quen de chegar a un principio de acordo para dotar a Galiza do novo Estatuto que precisa. O acordo era moi importante xa que, coas municipais en maio, non chegar a un entendemento provocará que Galiza sexa a primeira comunidade en aparcar a reforma do Estatuto.

O primeiro en comparecer foi Anxo Quintana e na súa intervención afirmou que o PP non aceptou ningunha das fórmulas propostas polo BNG nos temas relativos a identidade, lingua e financiamento. Segundo Quintana, o PP tampocuco aceptou as propostas do PSdeG, máis “moderadas” que as do Bloque, no tocante á definición de Galiza e aos aspectos relacionados coa lingua.

O presidente Touriño, pola súa banda, falou de “avances significativos” nas discrepancias e de que, se cadra, “outro contexto de menos confrontación política no ámbito xeneral” sería mellor para ter chegado a un acordo. Sobre os temas conflictivos, Touriño afirmou que no tocante a identidade de Galiza a proposta que levaba el falaba de garantir o estatus de Galiza no Estado español, “de xeito que no perdera posicións” con respecto a outros territorios. Touriño asegurou ademais que Quintana, «”nun exercicio de xenerosidade política”, aceptaba esta proposta unha vez que a do nacionalista foi rexeitada. De feito, Touriño asegurou que non podía aceptar a proposta do partido popular porque non é que impedise que Galicia seguise ao mesmo nivel que Cataluña e País Vasco, senón que quedaba por detrás de Andalucía.

Para o presidente dos populares galegos as principais diferenzas estiveron no financiamento, onde afirma que o seu partido quere blindar que Galiza non perda fondos europeos e que tampouco recibise unha porcentaxe de investimento menor do 7,2% mentres non logre equipararse coa renda española, e na cuestión identitaria. Sobre este último punto Feijoo afirmou que o seu partido non ía permitir que no estatuto galego se defina a Galiza como nación. Segundo Feijoo, chegouse a un acordo básico no tema do idioma, baseado na igualdade xurídica do galego e do castelán e houbo desencontro en outros temas como a reforma da lei electoral.

Lareira, en Lareira (17/01/07):

* 1887: Proposta de Constitución para o Estado Galaico.
* 1931: Anteproxecto de Estatuto da Galiza. Artigo 1: “Galiza é un Estado Libre dentro da República Federal Española”.
* 1932: Apróbase o documento definitivo co apoio do 77% dos concellos galegos, o que representa o 84,7% da poboación.
* 1933: A Sociedade de Nacións (hoxe Nacións Unidas) recoñece Galiza como nación.
* 1936: O Estatuto é ratificado no referendo do 28 de xuño polo 74% do censo electoral galego e presentado ao presidente da República Española, entre outros por Castelao, o 15 de xullo.
* 1981: Asínase o Estatuto de Autonomía de Galicia. Defínese a Galicia como nacionalidade histórica en plena transición onde deuse categoría de autonomía a todos os países e rexións do Estado, no que se deu en chamar o Estado das Autonomías. Coma dicía o outro, “café para todos”.
* 2007: O partido máis votado nas últimas eleccións galegas, o PPdeG, renega da historia do seu país e rexeita de plano que se inclúa o termo nación no próximo Estatuto de Galicia.

Moendo do revés, en Rajoy deixa a Galiza sen Estatuto (17/01/07):

Resulta curioso o sombreiro utilizado pola Voz de Galicia a ésta noticia. O único partido, según éste xornal, que deixa a porta aberta de cara a lograr un acordo pra que Galiza iguale en dereitos a Catalunya e o PP. Si digo que e curioso porque é o PP precisamente que pon tódolos atrancos ao negarse a recoñecer a Galiza como Nación.

Non se pode decir que so os galegos que votan a partidos nacionalistas consideren a Galiza como Nación (que faga a proba nas próximas eleccións municipasi poñendo como lema da sua campaña ‘Galicia no es una nación’, a ver que pasa). Que explique Feijoo porque o PP cada vez que hai eleccións o parlamento galego se autodenomina un partido galeguista. Dígollo eu: pra arañalos votos nacionalistas de centro-dereita. Pero esta traizón non creo que lla perdoen endexamais.

Vai resultar agora que o castelán se ve ameazado polo galego. Cando dispoñemos dun cento de emisoras de radio, das cales tan so unha emite integramente en galego: A Radio Galega. Cando dispoñemos de centos de canles de TV e outra vez, tan so unha emite en galego. Cando acudimos a un quiosko tódolos xornais están en castelán, agás un. En internet o galego é apenas unha lingua testimonial… E a Feijoo (mellor a Rajoy pois éste non está mais que para facelo idiota) parecelle que non é apropiado que os alumnos galegos non estudién na lingua da sua terra. ¿Onde cree entón que a van aprendeer? ¿En internet? ¿Na televisión? ¿Na Radio?

¿Porque permite logo as interferencias de Madrid? Ah! claro, porque foi en Madrid onde se lle concedeu o cargo. Que non se xustifique, ese NON a un Estatuto de Nación non saiu dos galegos que votan o PP, ese NON o Estatuto de Nación saiu da Rúa Xénova.

Unha vez mais a dereita desta nosa Nación volve a frear os desexos dun pobo que quere estar, cando menos, en igualdade de dereitos coas outras nacións do Estado: Euskadi e Catalunya. Algún día o lograremos e entón apropiaránse do conseguido, como fan con todo o que primeiro rexeitan: a Castelao, a Constitución ou o actual Estatuto.

Lucensismo e outros males, en Non puido ser, o fúrbol é así (17/01/07):

E mentres e non, outro día, outro ano, e sabe Dios outro “que” perdido para o País. Estamos demasiado ocupados en ser estrategas de cara a maio, ao 2008 ou ao 2009, de seguir o que ditan de máis abaixo… de quedar ben, ou polo menos que o pareza. Así as cousas? Pois nada, que xa estamos un pouco máis preto de Murcia, cando menos legalmente. E a agardar a que veñan mellores.

…estou levando decepcións co Goberno, do outro xa non agardaba gran cousa… Agora ben, se hoxe se tivese chegado a algo, aínda que fose á nación con voltas, revoltas e reviravoltas, estaría un pouco (pouco) máis satisfeito. Agardo que agora, polo menos a pouca confianza que me pode quedar nalgún dos da foto, non teña que retirala por que ande máis ocupado en como vender o non-acordo. Detrás hai un País, aínda que semellen non decatarse na foto.

Ánxel Vence, en No hubo empeño en el Monte Pío (18/01/07):

Paradójicamente, la moratoria acordada ayer distinguirá a Galicia de los restantes territorios autónomos, a los que iguala su común deseo de ser distintos. En efecto, este viejo reino será el único que no revise al alza su Estatuto, cuando en la Península han sido aprobados ya dos, ocho más están en trámite y los restantes andan en proceso de cocinado y puesta a punto. […] …el aplazamiento de la reforma traerá como probable consecuencia el que Galicia -autonomía de pata negra en la Constitución- pase a tener menos poderes que otros reinos de inferior pedigrí en materia de autonomismo.

…las calicatas sociológicas que se han hecho hasta ahora sugieren que la mayoría de los gallegos no sentía particular inquietud por esta cuestión.

…a veces da la impresión de que tenemos ciertas dificultades para ejercer con decoro los que ya poseemos, como prueban las listas de espera en la Sanidad que continúan invariables aunque cambien los gobiernos. Tanto o más que las competencias, importa que los gobernantes sean competentes para ejercerlas.

Javier Sánchez de Dios, en El batacazo (18/01/07):

…confirmado el estruendoso fracaso de la política gallega representada por sus tres dirigentes más significados, habrá que esperar todavía un poco para determinar cuáles son al completo sus efectos: se saben los directos para la reforma del Estatuto, que está aparcada sine die, pero aún no los colaterales.

…ha quedado probado que mientras catalanes, baleares, andaluces, castellanos -manchegos y leoneses- aragoneses, canarios y valencianos han sido capaces de articular mayorías parlamentarias suficientes para modernizar sus estatutos, los gallegos no.

Afortunadamente -en cierto modo-para el país, esa diferencia es sólo política: que no es poco pero que no significa una catástrofe irreversible. Fracasados sus dirigentes en resolver lo que ellos mismos propusieron como asunto fundamental de la legislatura, queda la sociedad, lo que algunos llamaron ciudadanía.

Argumentar, para explicar -que no justificarlo- el batacazo, que alguien llamó gatillazo, que la circunstancia estatal ha influido en el atasco de los diálogos gallegos es patético, y comprobar que esa especie de contagio de males ajenos no tiene vacuna es todavía peor.

…¿alguien se ha parado a pensar en lo inservible que resulta, en términos de política de país, lo que queda de legislatura?

Lourenzo Fernández Prieto, en Esquecer o novo Estatuto (18/01/07):

Galiza terá que agardar outra vez. Pasoulle máis veces no pasado e volve a pasarlle agora. Na IIª República frustrouse o Estatuto, primeiro no ano 1933 e despois pola guerra. Na Transición tamén se retrasou máis do debido. Agora batemos na mesma inoportunidade. Nas condicións que se deron o día 17, millor agardar que rebaixar o noso status para o futuro. A incapacidade de pactar un texto estatutario que enviar a Madrid para a súa tramitación no Congreso vai tardar en ser dixerido. Un fracaso da política é un fracaso colectivo e iso é o que ven de acontecer. Por máis que algunhas voces insistan na ausencia de demanda social para o novo estatuto o seu logro era un obxectivo político dos tres partidos do Parlamento galego, formulado repetidamente, discutido traballosamente nunha ponencia creada con ese fin e debatido socialmente nos medios de comunicación e noutros foros. E, item máis, enmarcado nunha dinámica estatal que actúa en todas as autonomías de Cataluña a Murcia.

Houbo quen non quixo chegar a un acordo. As razóns da ausencia de acordo son políticas máis que ideolóxicas, por muito que se sitúen aparentemente no ámbito da ideoloxía. Polas manifestacións previas e polas posteriores semellaría que a definición no preámbulo: nación, carácter nacional ou “breoganalidade” foi o funil definitivo. Alén da substancial cuestión da igualdade de dereitos dos falantes. Mais en boa lóxica debeu ser só a disculpa última pois a maior parte do articulado estaba pactado entre as tres forzas. Só faltaba o decisivo: ter vontade política de acordar e iso foi o que non houbo. Pero tamén son ideolóxicas en canto o PP negou ao cabo calquera tipo de alusión ao carácter nacional de Galiza, rexeitando mesmo a lóxica cultural nacional que acepta no himno, na Lei de símbolos ou cando creou os Premios Castelao.

As consecuencias tamén serán políticas e poden reforzar ao goberno PSOE-BNG cando menos en dous planos. Reforzando autogoberno, pois agora o goberno ten un adversario máis claro e podería facerlle gañar en unidade de acción e de criterio, ampliando a capacidade de actuación política e electoral conxunta fronte ao seu adversario estratéxico. Tamén reforzando a autonomía, pois no aproveitamento máximo das posibilidades que da o actual Estatuto, aínda queda muitísimo camiño por percorrer e muito teito competencial que acadar.

Cartafol do Mandeo, en Sen Estatuto (18/01/07):

Os complexos do PP impediron un acordo para pechar o Novo Estatuto. Pesaron máis as ameazas de Rajoy e as bravuconadas dese trío Rajoy-Acebes-Zaplana (ou o que é o mesmo, a longa sombra do centralista e castelanista Aznar). Feijóo demostrou que lle pesan máis as ordes castrenses berradas dende Madrid que crear un instrumento xurídico.

Perturbación aleatoria, en Eu quero ser… (18/1/07):

Non somos nación, non somos Fogar de Breogán, non somos un sentimento nacional, nin sequera un sentimento galeguista…

Doulle voltas e pregúntome se a comunidade humana, que está instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa, da que formamos parte, está preparada para unha nova aldraxe.

Camilo Nogueira, en Reunión en Monte Pío (18/01/07):

…as forzas políticas nacionalistas non reivindicaron simplesmente unha mellora das competencias. Despois de fundamentaren o Estado das autonomías, consideraron xa necesario contar con Estatutos de nación no horizonte dun Estado plurinacional.

Outras iniciativas habidas, en Valencia, Andalucia, Illas Baleares, ocorren na mesma conxuntura máis non responden á mesma motivación política nacional, sendo mesmo aproveitadas polas forzas políticas estatais para realizar un novo intento de deixar sen sentido a distinción entre as nacións, recoñecidas como nacionalidades na Constituición, e as rexións autónomas.

…de se aprobar en referendo un Estatuto que non for de nación, perdería de facto o carácter diferencial de Estatuto de nacionalidade que ten recoñecido na Constituición.Naturalmente, ser nación política significa a realidade de, ou a aspiración a, contar cos instrumentos institucionais e competencias necesarias para responsabilizarse da propria sociedade.

…cando as forzas políticas estatais pretenden que os períodos de reforma dos Estatutos teñan unha amplitude de décadas, o Estatuto próximo ou ten un carácter de nación ou non pode ser aprobado: ou será de nación ou non será.

Se un Estatuto diferente for aprobado polo PP e polo PSOE deberían contar con un mui probábel fracaso no referendo ante a sociedade galega.

O BNG non toma a elaboración do Estatuto como un exercicio de renuncias, senón todo o contrario, nen asume como exemplos a imitar as posicións políticas que inspiraron as reformas dos Estatutos de Valencia e Andalucia e muito menos as submisas referencias españolistas que os ilustran.

O Consello Nacional reunirase este fin de semana, mais non ainda para tratar deste asunto. Para iso debería ser convocado expresamente.

Xosé Manuel Meijome, en O solpór do diálogo (18/01/07):

Se nas parellas a ruptura e culpa de ámbalas partes nos trios seica sempre hai algúen que non “empuxa” dabondo… Malia que él dí que se esforzou o certo é que a min me semella que Touriño non quixo apretar mais para non descolocarse por si os adiantos electorais… ¿Pudo ceder mais o nacionalismo centrifugo?; se cadra, seguindo a teoría do “slow nation” o que se debeu ofrecer mais que un menú de ‘isto é o que hai’ foi un:

- Aceptamos “nacionalidade diferenciada” (ou a fórmula que levase Feijoo), mais ¿ti que aceptas?: Marco competencial ampliado, Novas capacidades de financiamento e lexislación, representación económica e política internacional para asuntos de incumbencia/competencia directa, politicas activas (de discriminación positiva, non de imposición) de fomento da cultura e lingua do pais…

Morreu unha oportunidade, foise incapaz de manter un dialogo mais non pensedes que se perdeu algo mais ca tempo… Os humanos pasamos, as ideas evolucionan posicions que hoxe son “centro” mañan serán reaccionarias.

O falar non ten cancelas, en Esperando (18/01/07):

Na miña opinión Galiza sae perdendo, pero para ter un estatuto á baixa o mellor é esperar tempos mellores, Galiza sempre a espera. Tempos onde o parlamento decida denominar a Galiza o que é: unha nación. Cando os dous tercios dos parlamentarios do hórreo así o crean. Cando @s galeg@s así o crean.

Non sei cando será iso, pero veume á memoria cando estudaba na universidade e militaba nos CAF, un día escribín unha poesía que so tiña unha frase e que dicía “Non tiña patria e inventeime unha, chámase Galiza”. Nunca esquecerei a reación visceral que tiven por parte dos meus compañeiros, a verdade que eran tan dogmáticos que non entenderon o que quixen dicer. Espero, e espero que o meu fillo polo menos non teña que repetir a miña frase.

A randeeira, en Proba superada (18/01/07):

Algún día Feijoo, cando descanse no panteón de pailáns ilustres, formará parte dese selecto grupo de homes que escribiron a historia desta rexión con letras de ouro (soviético). A súa loita foi titánica intentando equiparar o estatuto rexional coas propostas máis avanzadas desenroladas no ceutí. A ignorancia da cidadanía, convenientemente manipulada dende o poder mediatizador da Xunta, foi un dos escollos máis difíciles de salvar para explicar ós galeguiños que as propostas de Quintana arrastraríannos á perdición e implicaría a desintegración desa unidade sagrada no universal chamada España.

Grazas Feijoo, sempre lembraremos o teu servizo a Galiza e ó feito diferencial rexional.

Cabrafanada, en Estatuto (18/01/07):

A dereita demostra, unha vez máis, a súa incapacidade perenne para o diálogo, limitándose á esforzada tarefa de xerar crispación ou frustración social. O estatuto é coma o meu adsl: simplemente non vai. É a impotencia eterna de Galicia, promulgada desde a máis egoísta e inamovible dereita. Non é necesario ser nacionalista para decatarse.

Cousas de Imeneo, en O novo Estatuto terá que agardar (18/01/07):

Das tres forzas políticas foi o BNG a que máis loitou para acadarmos un novo Estatuto, ofrecendo aos galegos e galegas a súa proposta xa en decembro de 2005, unha proposta ambiciosa, unha proposta de Nación. O PSOE e o PP presentaron a súa, tarde mal e arrastro.

Sinceramente, mellor que non haxa acordo que que haxa un mal acordo. E hai que ser conscientes do espazo político que ocupa cada quen en Galiza: o BNG é a forza máis ambiciosa, pero é unha forza minoritaria; e o PSOE e o PP, aínda que politicamente non son o mesmo, son forzas de ámbito estatal, e para ambos, Galiza é só un chanzo para acadar o goberno de Madrid; nada máis.

Noticias de Torroso, Mos e demais, en Galiza sen Estatuto, outra vez o PP (18/01//07):

O outro apartado, a vixencia do galego na vida cotiá, tamén non chegou a ningún lugar; o PP defende que o galego é unha minoría e debe prevalecer o castelán, o BNG e o PSOE defenden que o galego teña o mesmo rango (e inclusive máis) que o castelán e sexa obxeto de dignidade.

Incluso, en O Estatuto-pemento (18/01/07):

…rifar seis horas por poñer ou non poñer nación nun texto e, sinxelamente, unha perda de tempo que poucos podémonos permitir. A maioría dos galegos temos outras prioridades mais urxentes que poñer nun papel unha identidade sentida por todos nós, tan verdadeira que non precisa de estatutos.

Brétemas, en O pánico de Núñez Feijóo (18/01/07):

Alberto desperdiciou hoxe unha oportunidade de ouro (que non sabemos cando poderá volver a producirse) para madurar como líder do conservadorismo galego e como auténtico candidato para suceder a Fraga como presidente da Xunta, se así o quisexen algún día os galegos. Pesoulle máis a disciplina férrea que lle impuxo Madrid que os intereses de Galicia e guindou o proceso de reforma do Estatuto ao garete.

É moi difícil entender como Feijoó pode xustificar que a súa confusa proposta de definición identitaria (”sentimento nacional” dos nacionalistas) é a máis atrevida que se fixo na redacción dos estatutos, cando (se somos fieis ao significado das palabras) déixanos moi por baixo do sintagma, “realidade nacional”, aceptado polo seu colega Arenas para definir Andalucía. É moi difícil entender, tamén, como non lle foi posible aceptar a redacción proposta por Touriño sobre a lingua (que renunciaba a reflectir o deber do seu coñecemento, situando as dúas linguas oficiais en igualdade xurídica no que respecta ao seu uso e coñecemento). Como tamén é difícil de entender que para el existían “flecos” no relativo ás cuestións dos investimentos e financiamento, cando (aceptado o sistema de cupo e o criterio de suficiencia financieira) a súa proposta inicial estaba moi por baixo (xustamente a metade) da presentada polo BNG. Ningunha destas tres posicións de Feijoó parecen o suficientemente sólidas para xustificar a súa negativa.

Colazo, en Acertou (18/01/07):

Feijóo, ademáis de traer a ETA a Galiza despídese do seu futuro político na nosa terra. En Madrid será benvido. Que lle vaia tomalo pelo a outros, alí poderá facelo de xeonllos.

Zero Vacas, en Sen Nación, sen Estatuto, sen País e sen nada (18/01/07):

O fracaso da longa xuntanza de onte obriga a adiar a reforma até despois das municipais de maio e con toda seguridade até despois das eleccións xerais, que se celebrarán este outono ou a vindeira primavera. No momento en que se poida retomar o diálogo no noso país estarán aprobadas xa as actualizacións estatutarias de Catalunya, Valencia, Andalucía, Canarias, Aragón, Castela-León, Castela-A-Mancha, Asturias, e mesmo Ceuta e Melilla. Algo se moverá tamén en Euskadi, supoño.

Falouse moito, sobre todo, de dous aspectos: a definición nacional de Galicia e o status xurídico da lingua galega, aínda que parece que ao PP o que máis lle molestaba era a reforma da Lei Electoral.

Que no Estatuto se diga que Galicia é unha nación, unha rexión, ou un conxunto de leiras unidas polo amor común aos Tonechos, non ten ningunha implicación xurídica directa. Nación non equivale a soberanía, xa non. A definición sobre-o-que-é-Galicia supón, nada máis e nada menos, o recoñecemento dun status dentro do Estado das Autonomías. Non todas as autonomías son iguales, iso é evidente. A Constitución de 1978 marca, na súa Disposición Transitoria Segunda, unha diferencia entre as Nacionalidades Históricas (Catalunya, Euskadi e Galicia) e as demais. Tamén Andalucía accedeu a esa denominación grazas á presión popular durante a Transición. E nos anos noventa a Comunidade Valenciá e Aragón reformaron os seus Estatutos de Autonomía (que raro, daquela o PP non armou ningún follón; eran outros tempos) para autodefinirse como nacionalidades. Polo tanto, que no Estatuto se diga que Galicia é unha nación non implica máis que situala ao mesmo nivel xurídico que Catalunya, Andalucía e (co tempo) Euskadi. Calquera outra cousa significaría pasar a ser a primeira das rexións históricas, en palabras de Núñez Feijoo.

O BNG defendía […] unha definición de nación moi moderna (pois parte do sentimento da cidadanía e da súa vontade política, non de factores obxectivos previos) e cauta, pois inclúea dentro da Constitución de 1978.

A tan cacarexada proposta do PP, definida por Núñez Feijoo como “a máis ambiciosa” do planeta, non pasa de ser unha extensa redacción de educación primaria, que se remonta á Idade Media para afirmar conceptos moi abstractos, incluír termos que intentan ser orixinais pero non pasan de ser unha boutade sen contido […] e trivializar certos feitos históricos, coma as reivindicacións provincialistas. É certo que fala, nun determinado momento do “sentimento nacional galego”, máis limítao ao pensamento dos nacionalistas, incorporados a unha enumeración de movementos políticos de moito menor calado en Galicia, coma os solidaristas ou os federalistas. Ademais, obvia o proceso desenvolvido na Segunda República para aprobar masivamente o Estatuto de 1936, ao que só se refire a través da mención que del se fai na Constitución de 1978. É certo que non supedita este certo recoñecemento da identidade galega á “unidade nacional española” ou a outras fórmulas, pero no preámbulo proposto polo PP inclúense once mencións directas ao Estado Español ou á Constitución de 1978.

José Manuel Ponte, en De pésames y sentimientos (19/01/07):

…más que una reunión de políticos parecía aquello una reunión de académicos de la lengua porque, en los meses previos a la cita, todos los esfuerzos de unos y otros estuvieron centrados en encontrar una redacción adecuada para definir literariamente el ser y el estar de Galicia en el mundo. […] Todo ello, por supuesto, en un plano meramente retórico porque, como se apresuraron a explicar los autores de las iniciativas, la definición del concepto iría en el preámbulo del estatuto y no tendría nunca “efectos jurídicos”. Una nación sin efectos jurídicos que le permitan convertirse en estado algún día no pasa de entelequia, pero así somos y así nos gusta pasar el rato.

Yo me uno a los numerosos pésames que se reciben, y parafraseando al señor Núñez Feijoo, los acompaño a todos en el sentimiento, al tiempo que los animo a seguir intentándolo. Por lo que vamos viendo, el objetivo principal de los nuevos estatutos que se van aprobando - al margen de ejercicios literarios sobre el ser de las cosas- tienen como denominador común sacarle más dinero y competencias al Estado. Y en ese asunto primordial los reunidos parecían estar muy cerca de entenderse.

Zero Vacas, en Para cando un mellor escenario político? (19/01/07):

A proposta do PSOE é, como xa dixen, unha proposta de consenso. Resulta tan ambigua e insubstancial que debería contentar a todo o mundo, dado que calquera dos tres partidos poderían interpretala ao seu gusto. Con todo, ten razón Touriño en que á referencia ao himno “non é unha poesía”, senón unha lei aprobada por unanimidade no Parlamento Galego en 1984, durante o goberno de AP. Con bo tino, Quintana asumiu o texto presentado por Touriño, renunciando así á proposta propia do BNG, malia ser moi acertada, moito máis que aquel preámbulo inicial que se perdía entre suevos e celtas.

…debo facer extensiva a crítica aos medios de comunicación galegos, que durante meses ignoraron o Estatuto, banalizando os debates que en torno a el se xeraban, e minimizando a súa importancia para a sociedade galega. Pero os maiores culpables somos os cidadáns. Parafrasando a Kennedy (non vou ser moi orixinal), podemos repetir a frase: “Preguntádevos que podedes facer vós polo voso país”. Nos últimos meses tense instalado no pobo galego un certo retrouso que repetía “hai cousas máis importantes que o Estatuto: a sanidade, a vivenda, o paro…”. E así quedou o tema, ninguén se esforzou demasiado en argumentar que o Estatuto non é unha cuestión retórica, senón a ferramenta que permite facer políticas de sanidade, vivenda, emprego… Do mesmo xeito, non vexo hoxe un gran sentimento de decepción na sociedade galega, mesmo nos cidadáns máis concienciados, escasas invocacións ao aldraxe recibido, a rabia por unha nova derrota. Iso é o máis preocupante: Sen nación, sen estatuto, sen país e sen gañas.

¿Que condicións se deben producir, daquela, para que o novo estatuto de Galicia saia adiante?
1- Que o PP perda apoios en Galicia, ate ficar con menos de 25 escanos en Galicia (un terzo do total). As enquisas (un tanto sesgadas) publicadas antes do atentado da T4 outorgábanlle ao redor de 30 deputados.
2- Que a actual dirección extremista e neocon do PP de Madrid sexa derrotada internamente. Para que iso ocorra, ten que volver perder as eleccións xerais, de xeito claro a ser posible.
3- Que o PP galego asuma posicións galeguistas ou nidiamente autonomistas. Esta é unha evolución que se debe dar no seo do propio partido, dende a base.

Galegolandia, en Non me estraña… (19/01/07):

Touriño intentou exercer de pacificador ou, mellor dito, de mediador entre partes e a xogada non saíu. Pensaba que con camuflar o termo nación entre o substantivo fogar e o adxectivo común abondaría, pero tampouco foi o caso. Feijoo, Alberte como lle chaman na Galega, non cedeu e Quintana xa optou por non dicir ren.

Outra vaca no millo en Non pasa nada (19/01/07):

…andar pedindo reformas nun Estatuto no que non cré a inmensa maioría dos galegos é un grave erro.

O que agora temos é que a maioría dos galegos, votantes do PP, non crén no Estatuto porque simplemente non cren nas autonomías. Eles opóñen-se a que Galiza sexa unha autonomía e apoian que as nosas competéncias sexan levadas dende Madrid. Eles coidan que Catalunya e Euskadi poden ter un Estatuto, pero só como mal menor e mentres non se poida evitar.

Logo está unha minoría á que o Estatuto lle parece insuficiente. Queren un Estatuto coma o que xa acadou Catalunya.

E finalmente están os que non saben nin opinan nin lles importa un carallo. Eles din: “o Estatuto non me dá de comer” e prefiren facer horas extras grátis na oficina coa ilusa esperanza de que o seu xefe llo agradeza cunha ampliación de contrato.

Con estes bímbios, quen pode tecer un cestro?

Xornal aberto, en Luz e taquígrafos (19/01/07):

…vou a reproducir a proposta realizada polo PPdG para definir Galiza: “rexión histórica do mundo occidental”. Señor Feijoo, se non quere sacar adiante un estatuto digao abertamente pero non pretenda que os galegos aceptemos un texto estatutario que deixe a Galiza por debaixo do que é actualemte (nacionalidade histórica) e, moito menos, tres ou catro peldaños por debaixo da maior parte das autonomías que están aprobando o seus novos textos estatutarios. Que non nos quera equiparar con Cataluña o entendo (aínda que non o comparto) pero que nos quera rebaixar de nivel paréceme unha ofensa ao sentido común dos galegos. Dubido que moitos dos seus votantes aceptasen propostas que deixan a Galiza nun plano inferior ao que agora mesmo está dentro do conxunto do Estado

Anxo Guerreiro, en Fiasco (19/01/07):

El desacuerdo con el que ha concluido la cumbre de los tres principales líderes políticos sobre la reforma del Estatuto es un fracaso de la política y constituye un serio revés para el país.

Ahora bien, con la misma rotundidad debo decir que no todos tienen la mima responsabilidad en este infausto acontecimiento y en su desdichado desenlace.

Si nos atenemos a las propuestas que formularon unos y otros sobre el techo competencial, acerca de la necesidad de superar el solapamiento y duplicidad de competencias así como los abusos intolerables en la utilización de la legislación básica del Estado, sobre la igualdad jurídica de los dos idiomas, la financiación autonómica, el catálogo de derechos o la necesidad de solucionar el déficit estructural acumulado (deuda histórica), es evidente que en todas estas decisivas cuestiones había un acuerdo prácticamente total.

También sobre la cuestión que suscitaba mayor controversia -el carácter nacional de Galicia- había una base objetiva para el acuerdo, si realmente hubiese existido voluntad política para alcanzarlo. En efecto, la propuesta que hizo el presidente de la Xunta -que el BNG asumió tras retirar la suya- define a Galicia en los mismos términos que lo hace la Ley de Símbolos, que mereció el respaldo unánime del Parlamento de Galicia en 1984, incluido el voto del entonces diputado autonómico Mariano Rajoy.

Así pues, a Núñez Feijoo le resultará muy difícil explicar por qué rechazó una propuesta -y con ella la posibilidad de reforma del Estatuto- que su partido votó como ley en el año 84 y que jamás se planteó reformar, pese a disponer de mayoría absoluta durante las cuatro últimas legislaturas.

Los líderes políticos gallegos pagarán un alto precio por este fiasco. Pero, seguramente, Núñez Feijoo será el más damnificado de los tres.

A estas alturas, nadie duda de que lo que ha sucedido con el Estatuto de Galicia es una consecuencia del clima político irrespirable que envuelve a la política española.

Brétemas, en A hora da resposta da cidadanía (19/01/07):

Se algo me sorprendeu, tras o fracaso da reforma do Estatuto, non foron tanto as posicións intransixentes do PPdeG (previsibles coa estratexia actual da dirección de Rajoy) como o conformismo e resignación (quizais sería mellor escribir “fatalismo” ) co que foi aceptada a ruptura pola cidadanía que apoia ao goberno. Apenas unhas cantas voces (poucas, moi poucas) se atreven a alzar a súa voz para alertar que, diante da desfeita, esta é a hora dunha resposta da cidadanía. Semella que, a pesar das importantes consecuencias desta nova aldraxe para o futuro do país (sobre todo a nivel das posibilidades de acadar un mellor financiamento e de facérmonos respectar no conxunto do estado), a situación actual (que nos sitúan arrimados á cola) é aceptable para os tres partidos, agardando poder tirar algúns réditos nas municipais.

Mesmo percibo indicios de que algúns dirixentes nacionalistas, tras o fracaso, respiraron tranquilos xa que, de ter sido aceptadas por Feijoo as propostas de Touriño, nestes momentos non sería doado para eles facerlle entender a parte da súa militancia o xeneroso (engadiría que, tamén, patriótico) apoio de Quintana ás posicións de consenso presentadas polo presidente Touriño. Outrosí, poderiamos dicir de sectores do PSdeG-PSOE que coa ruptura síntense aliviados e máis autónomos das (para eles) incómodas posturas de definición identitaria e de política lingüística defendidas con intelixencia polos nacionalistas.

Diante da encrucillada presente ábrense dous vieiros: a espera diletante pola chegada de tempos máis propicios (moi lonxanos no horizonte) ou a hora activa da cidadanía reclamando que sexa restituída a dignidade perdida. Non teño dúbidas de que cómpre apostar pola resposta cidadá, a menos que pretendamos seguir languidecendo como reserva xeográfica da melancolía resignada.

Cartafol do Mandeo, en A responsabilidade de non termos Estatuto (19/01/07):

Resulta que agora se sabe que Feijóo negou acordos en puntos nos que os deputados populares que traballaban na ponencia parlamentar chegaran a acordos coas outras dúas forzas. Debeu de haber unha chamada dende Génova advertindo do camiño a seguir.

Feijóo, ou quen o teledirixa, non quixo votar unha definición de Galiza que se extrae da Lei de Símbolos que todo o Parlamento aprobou (incluído o daquela deputado Rajoy Brey, Mariano). E non quixo votar o mesmo espírito que a Lei de Normalización de Albor, que votou todo o Parlamento, incluído o deputado Rajoy Brey, Mariano.

Feijóo, ou quen o teledirixa, o PP, a dereita en definitiva, tivo medo de facer Historia, votar por unha vez á primeira un Estatuto para Galiza, un Estatuto que sería o primeiro consensuado polo 100% dun Parlamento autonómico.

Aínda que tamén é mellor que non haxa acordo a que houbese un Estatutiño pactado entre PSOE e PP coma en Andalucía ou Valencia que de facto e de iure nos fixera unha rexión máis. A nosa reforma estatutaria só será viábel cando haxa outra correlación de forzas no Parlamento de Galiza. E para iso hai dous camiños complementares: unha boa política de goberno (tendo presente que os atrancos estructurais non se remexen en catro anos) e unha reforma da lei electoral para que o Parlamento de Galiza realmente represente os designios do pobo. Que é quen máis ordena.

Ánxel Vence, en Parálisis en el Reino de Breogán (20/01/07):

…Galicia empieza a estar afectada por una extraña forma de parálisis desde hace un par de años a esta parte. El último proyecto inmovilizado por este súbito ataque de apoplejía política fue el proyecto de reforma del Estatuto, pero eso -con ser importante- resulta casi lo de menos.

Boedense, en Carta aberta a Núñez - Feijoo (20/01/07):

Grazas por demostrar que o PPdeG se converteu na sucursal galega do PP e que o galeguismo do seu partido esvaeuse polos sumidoiros. Os líderes afloran en situacións coma a actual e vostede demostrou que non ten liderado ningún. Na súa balanza entre GALICIA e PP, subordinou o interese da nosa terra ós intereses do seu amigo Mariano Rajoy e do PP estatal.

Grazas por nega-la igualdade xurídica entre galego e castelán, supoñendo unha clara involución do PP galego (négome a chamalos PPdeG) con respecto á Lei de Normalización Lingüística de 1983, daquela apoiada pola Alianza Popular con Albor á súa fronte.

Grazas pola súa intransixencia política ó parapetarse nos 37 escanos para negarse a calquera avance no proceso estatutario. O feito de ser unha forza indispensable para a reforma non lle outorga o dereito de querer usalo para dividi-lo goberno cos seus pactos a uns e outros, importándolle ben pouco o proceso estatutario.

Víctor F. Freixanes en Tempo de espera (20/01/07)

Tiñamos unha oportunidade e perdémola. Anxo Quintana ten razón cando dei que ou contexto español, coas posicións encirradas que se manifestan en Madrid, condiciona ou proceso galego. Pero podemos esperar. Debemos facelo. Sen renunciar a nada. Non nos queda outro remedio. Mellor iso ca un cerre en falso, frustrante ou mentireiro.

Núñez Feijoo non se sente con forzas, diante de dirección estatal do seu partido, para manter unha posición propia, autónoma, que é o que Galicia realmente demanda nestes momentos. Curiosamente, moitos pensamos que se Fraga estivese na presidencia dá Xunta, ou á fronte do PP de Galicia, se cadra a cousa podería rodar doutra maneira. Velaí ou caso de Arenas en Andalucía. Pero Fraga xoga xa outro partido, se é que xoga algún. Pasoulle ou tempo. E moito temémonos que Núñez Feijoo estea a perder a oportunidade, mesmo diante dá súa propia xente, de reafirmarse no líderado dá dereita non seu propio país. […] O prezo que o líder do PP de Galicia teña que pagar pola súa posición, obediente ás directrices radicalizadas dá cúpula que hoxe goberna ou PP en España, será algo que no seu momento determinarán os electores.

Son moitos os varóns do PP en Galicia que en privado manifestan sen disimulo que o acordo era posible, que debía ser posible, máxime se temos en conta as cesións obxectivas que para chegar a un pacto fixeron tanto o BNG coma o PSdeG-PSOE. A fórmula que presentou o presidente Touriño, apelando aos símbolos de Galicia (que están proclamados e recoñecidos non noso himno nacional) era perfectamente asumible.

Xestionar este fracaso (pois de fracaso se trata) parece agora ou máis prioritario para as tres organizacións, que han saber explicárllelo aos galegos, e non pechar as portas do futuro, repito. Diciámolo a semana pasada noutro artigo: non por correr máis se chega antes, nin se chega mellor. Toca, pois, esperar.

¿Que perdemos neste primeiro envite? De primeiras, a oportunidade (e a necesidade) de non ficar fóra dun proceso que está aberto: a reconfiguración do marco estatal e o recoñecemento das identidades e dos dereitos das comunidades que o configuran. «Galegos de nación, españois por historia e europeos por cultura», escribiu nunha ocasión Ramón Piñeiro. Se polo PP fose, tampouco teriamos «nacionalidade histórica». Se pola dereita tradicional fose, esa dereita rancia que desgraciadamente encarna nestes momentos a cúpula do PP en Madrid, nin Constitución do 78 habería.

Arturo Maneiro, en Oportunidad perdida (20/01/07):

El Estatuto de Autonomía de Galicia debe ser el mejor para Galicia, el más adecuado para la buena administración autonómica, que compense los desajustes económicos o estructurales, que establezca los mecanismos más eficaces. Si en esto están de acuerdo los tres partidos parlamentarios, debería aprobarse la reforma sin más retrasos. Porque no parece muy lógico que un instrumento de autoorganización administrativa y gubernamental se puede quedar paralizado por cuestiones de definiciones conceptuales de identidad como pueblo.

Suso de Toro, en Otra oportunidad perdida (21/01/07):

…es una oportunidad perdida […] Es una oportunidad para quien quiera aprovecharla. Y no lo será para Galicia, que la desaprovecha.

El pacto para renegociar el Estatuto, el autogobierno gallego, fracasó porque no se trataba de un debate jurídico-administrativo, sino político. La autonomía de Galicia tuvo, tiene y tendrá siempre carácter y contenido políticos, por un motivo muy simple, porque Galicia tiene carácter nacional, es una nación. No es extraño, pues, que lo nieguen, que precisamente ésa sea la piedra en la que tropieza la delegación en Galicia del partido de la derecha española, esa derecha tan nacionalista. De un nacionalismo centralista e integrista.

…aquí siempre se demandó el autogobierno nacional, pero esa demanda fue débil, nacida de elementos intelectuales aunque sin poder apoyarse en una clase dirigente, que no hubo ni hay, y con poco apoyo popular. Con todo, en la II República, los galleguistas consiguieron, al fin, unir al republicanismo todo en el proyecto de un Estatuto para esta nacionalidad.

Y la culpa es de la política, toda. […] Sí, se trata de política. De política para una nación gallega (sea lo que hoy sean las naciones, si es que existen).

Es lógico que por más que se sienten a dialogar y se levanten haya desacuerdo. Es un desacuerdo ideológico y político profundo que tenemos desde el fundamento de la democracia. Con subidas y bajadas: el cerrojo a las autonomías tras la vasca y la catalana, y la reacción política y social gallega, O aldraxe, que reabrió el camino, no sólo para Galicia sino que se extendió a Andalucía y a la creación mecánica de comunidades autónomas para deshacer lo hecho, ocultar la existencia de nacionalidades.

Habrá que esperar a que exista un partido conservador verdaderamente gallego. Y unas nuevas elecciones. Entonces se verá si Galicia sigue presa o no de su contradicción histórica: siempre quiso existir nacionalmente pero nunca tuvo fuerza, o valor, para ello.

Pedro Puy Fraga, en Algo más que identidad (2/01/07):

El esperado texto imán consistió en sustituir la frase “o noso himno refírese a Galicia como a nazón de Breogán” por la fórmula “fogar e nación común dos galegos”, supuestamente (porque no lo está) “recogida en la Ley de Símbolos de Galicia”. Naturalmente, si nos atenemos a los extremos del eje mencionado, tan lógico es el apoyo sobrevenido de Quintana como el rechazo de Núñez Feijóo…

En relación con las causas estructurales, la cuestión identitaria ilustra también cuál es el meollo del problema. Porque cuando los tres líderes se sientan a la mesa en Monte Pío, y pese al elogiable esfuerzo de aproximación realizado por los ponentes durante las semanas previas, éstos aún mantienen 36 votos particulares de carácter significativo al texto estatutario, y sólo en poco menos de la mitad el PPdeG se enfrenta a socialistas y nacionalistas. Las diferencias se extienden por todo el articulado, y afectan a cuestiones tales como los derechos (la inclusión de los valores constitucionales en el sistema educativo, o el reconocimiento del derecho de los padres a que sus hijos reciban una educación moral y religiosa conforme a sus convicciones); el sistema institucional (mayorías requeridas para reformar la ley electoral o elegir a los miembros de las instituciones; la promulgación de las leyes “en nombre del Rey”, etc.); la determinación del carácter exclusivo de varias competencias; la organización del poder local (existencia de las Diputaciones); la bilateralidad en las relaciones institucionales; o en economía (financiación, inversiones del Estado, etc.). Cuestiones que, al igual que la denominación de Galicia, más que meras disquisiciones terminológicas, inciden en la configuración de las reglas del juego político y en el modelo de sociedad.

Pablo Mosquera, en Estatuto para una ciudadanía (22/01/07):

La cuestión no es identitaria. Eso es discusión para políticos. La cuestión es si la ciudadanía que se derive del nuevo Estatuto vale como la que más valga en el Estado español. Y ello requiere de autogobierno y capacidad para acceder a los recursos económicos que financian infraestructuras, garantizan los derechos sociales y posibilitan una inversión empresarial que genere empleo de calidad.

No podemos esperar que los dirigentes políticos del PP gallego se desmarquen de tal situación. Han optado por apretar filas y vetar cualquier atisbo que insinúe algo más que Galicia-región. Esta conducta del primer partido gallego favorecerá al BNG, que se queda como garante de la autonomía para defender el sentimiento de galleguidad, incluso haciendo un esfuerzo de aproximación por el que olvidan planteamientos radicales propios del nacionalismo de otros tiempos y lugares.

X.L. Franco Grande, en O que importa (21/01/07):

Un dos tópicos desta hora é o que importa á xente ou non: a vivenda, o emprego ou o terrorismo importan ao común dos cidadáns; nada importan o Estatuto, nin o noso encaixe no Estado, nin saber se podemos dispoñer de nós mesmos ou se imos seguir xunguidos á vixiante tutela central e centralista.

Unha cousa é a política de sainete, na que estamos moi impostos, e outra a política de longo alcance, da que sabemos pouco porque non se exercita, a que consiste en crear ilusións reais, en comprometer ás novas xeracións nun proxecto, en procurar a mellora da sociedade, en espertar a creatividade do ser humano. Ou sexa, política de verdade. Facer esa política si que importa ao país. Outra cousa é que haxa alguén que a poida facer.

Zero Vacas, en Erros e responsabilidades (22/01/07):

¿Por que o PP non se plantou antes, na comisión parlamentaria, nos distintos proxectos e anteproxectos presentados nos últimos meses? ¿Por que agardou a facelo no derradeiro minuto de partido, na residencia oficial do presidente? E na pregunta está a resposta: porque era exactamente iso o que pretendía. A quen quería prexudicar o PP non era ao BNG, senón ao PSOE, e máis concretamente a Touriño. Ao PPdeG só lle interesa o Estatuto de Galicia como arma electoral, ao igual que ao PP de Madrid o estatuto catalán ou a política terrorista. Escenificando o fracaso en Montepío, nun acto oficial, con cámaras, o fracaso convertíase nun fracaso do presidente da Xunta.

Seguramente o maior erro estivo en iniciar un proceso nun momento en que o “escenario político” non era o óptimo. É certo que o PP xa non goberna, nin aquí nin en Madrid, pero en Galicia segue sendo a única forza imprescindible para aprobar o Estatuto (a única que ten máis dun terzo dos deputados).

O asunto era, tamén, que os fontaneiros do bipartito (Losada, Salgado… ) non foron quen de crear na sociedade o sentimento xeral e masivo de que Galicia necesita máis autonomía e mellores instrumentos para gobernarse. Ese sentimento de aldraxe podería ter sido usado polo bipartito como elemento para presionar a Núñez Feijoo. Pero non hai tal sentimento, atreveríame a dicir que nin sequera entre a maior parte dos votantes do BNG. Catalunya si cumpría todas estas condicións: presión social e maioría política, e por iso abriu o debate.

As uvas na solaina, en Cinco preguntas e algunhas respostas (22/01/07):

1. Por que o Partido Popular de Galicia bloqueou sine die a reforma do Estatuto galego?
2. Pódese planear unha reforma do Estatuto que, en vez de ir cara adiante, vaia cara atrás?
3. Ulo o ata agora chamado sector galeguista do PP galego?
4. Por que os populares, tanto en Galicia como en España, prefiren manter distancias infranqueables co conxunto dos partidos?
5. Por que o PP mantén esa política de obstrucionismo que, en calquera outro contexto político, por exemplo en Cataluña, significaría a súa desaparición case total do mapa político?

Galiza Sosego, en O fracaso do Estatuto de Nación para Galiza (22/01/07):

Os ultraneocon herdeiros do fascismo mais rancio que sangrou o estado hespañol durante corenta anos logo dunha brutal guerra contra as liberdades, democracia e orde legalmente establecida, non poderían nunca consentir sequera que na Galiza tiveramos un estatuto devalado ao estilo do de Catalunya.

O PP estaría a favor dun cambio na constitución hespañola, se esta recortase claramente o estado das autonomías, especialmente nas históricas. O PP, tirado ao monte, non quere mais que un involucionismo puro e duro. O herdeiros daqueles que por medio da violencia derrocaron o goberno lexitímante establecido durante a Segunda República queren volver a restrinxir as liberdades e a democracia.

O PSOE, deixouse levar, non tiña moitas gañas, mais se un estatuto novo tiña que facerse, pois se intentaría, total o PP non o ía permitir. Pouco tiñan que perder. Tampouco tiñan vontade dun estatuto ambicioso. Si polo PSOE fora, de Galiza nunca sairía un estatuto ambicioso para por lóxica ser mutilado nas Cortes Xerais do Estado.

Marcelino Fernández Mallo, en Timing (23/01/07):

Falemos claro: Galicia non terá un novo Estatuto ao seu debido tempo (con máis competencias, máis amplo, máis actual, máis útil…) porque un partido chamado PpdeG (quítenlle xa o G, por favor!) decidiu tratar este pobo (esta clamorosa Nación) como se fose unha terra colonizada, porque un partido político desprezou groseira e descaradamente os dereitos deste pobo en beneficio dos seus obxectivos partidistas en Madrid. E tamén porque o representante dese partido en Galicia (é vostede algo máis ca iso, Sr. Feijóo?) quixo facer méritos diante dos seus superiores.

Que bochorno, Sr. Feijóo! Non consigo atopar unha ocupación e unha actitude máis vergoñentas das que vostede desenvolveu na negociación do novo Estatuto. Porque vostede é perfectamente consciente de que nos condenou a ocupar un posto por debaixo de Cataluña e Andalucía na organización do Estado. E porque vostede é perfectamente consciente da imaxe que Galicia volveu transmitir de sometemento aos intereses centralistas por mor da súa “posición”.

Pero aínda hai máis… Agora, os medios escritos supostamente galegos (eses, por exemplo, que queren “recuperar todo aquello que nos ha hecho diferentes” e o fan en castelán!) “tocan a rebato” e se prestan a defender a posición conservadora manipulando vilmente a información e tentando partillar as culpas recorrendo a prácticas que beirean a ética xornalística.

Pablo González Mariñas, nesta Entrevista do Galicia Hoxe (25/01/07):

Non é unha boa noticia que non haxa reforma e, para o BNG, sigue sendo fundamental que Galiza conte cun Estatuto como é debido, de nación. Pero a preocupación, agora, é intentar dimininuír as circunstancias que se deriven de non ter reforma. […] No Estado dicían que como estabamos reformando o Estatuto, todo os traspasos se aletargaban. Temos un listado de 70 competencias que hai que activar, agora xa non existe esa desculpa.

Tamén podemos ir facendo cousas moi importantes desde o punto de vista institucional. Hai leis que se poden abordar. Podemos avanzar na organización territorial, por exemplo. […] …pasos de tipo lexislativo, como imos facer, por exemplo, coa Policía Galega, que xa está na Cámara; en materia de solo; de litoral; de réxime local; incluso en materia de réxime electoral.

Houbo esperanza, un par de días antes da reunión de Monte Pío parecía que podían aceptar fórmulas de compromiso, pero debeu chegar un ucase de Madrid o último día e aí xa retrocederon a posicións, incluso, preestatutarias, anteriores ó 81. Eu estiven no Estatuto dos 16 e podo dicir que alí Alianza Popular, en 1979, representada polo señor Puy Muñoz, aceptou e votou a favor do dereito de usar e o deber de coñecer o galego.

Desde logo, vai haber un momento que pode ser importante: a sentenza do Tribunal Constitucional ó respecto do texto catalán, aínda que parece ser que vai un pouco atrasado. Cando saia, será un dato importante que pode clarexar algúns aspectos de constitucionalidade que foron argüidos polo PP. Desde logo, antes desta sentenza será imposible retomar o proceso.

Esta anotación publicouse o Domingo 21 de Xaneiro de 2007 ás 10.07 pm e arquivouse en blogMillo, causas, denuncia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Sobre o Estatuto”

#1

Moi útil esta revista de prensa. Unha grande achega, coma sempre. Quizais boto en falta (e apúntome á autocrítica), que os blogs e blogueiros tivesemos falado do Estatuto algo máis antes do fracaso. Cando realmente se podía facer algo

#2

Obrigado, sobre todo pola súa magnífica triloxía de comentarios. Porén, eu coido que a cidadanía si está a tempo, pois até agora non foi protagonista activo de nada, só foi mera receptora de mensaxes mediáticas. Se algún día decide activarse e reclamar a súa cota de participación directa non se lle poderá negar, non si?

#3

bo repaso sobre a reacción ao gatillazo estatutario. Concordo con ese desexo final dunha cidadanía realmente cidadá, valla a redundancia! parabéns pola bitácora

Deixa unha resposta