O poder das redes

Data de publicación: 16 de Xaneiro de 2007
Category: blogorrolo, media, politica, rede

Combato a depresión posvacacional lendo con avidez un libro libre de David de Ugarte, referencia ás veces inxustamente esquecida da blogosfera hispana, fundador de Ciberpunk e da Sociedad de Las Indias Electrónicas, unha das primeiras empresas españolas centradas na análise de redes sociais e que publicou o primeiro blogue empresarial do Estado.

El Poder de las Redes, ou como el mesmo o define e presenta: Manual ilustrado para ciberactivistas ou Manual ilustrado para personas, colectivos y empresas abocados al ciberactivismo. Nel pódense ler cousas coma esta:

La idea central subyacente en el presente libro es que la clave para poder explicar la gran mayoría de los nuevos fenómenos sociales y políticos a los que nos enfrentamos consiste en entender la diferencia entre un mundo en el que la información se distribuye en una red descentralizada y otro en el que lo hace en una red distribuida…

tipoloxia_de_redes

Esta anotación publicouse o Martes 16 de Xaneiro de 2007 ás 7.05 pm e arquivouse en blogorrolo, media, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

2 comentarios a “O poder das redes”

#1

hai un erro no post!! a empresa chámase “Sociedad de las Indias ELECTRÓNICAS”, non orientales.. aínda que dahí proveña o nome: eles son os novos cartógrafos do século XXI.

O libro é magnífico. Os outros escritos del habitualmente tamén o son. Recoméndoche o análise que fixo sobre o 11-M e que foi publicado por Icaria. Tm o podes baixar do seu blog, claro!

Eu a partir das súas anotacións sobre o 11-M (e outros escritos, pero pralmente “bebín” do seu) fixen un máis breve para explicar o contexto no que estamos ó meu entorno. Podes descargalo dende este post… http://obazardenes.blogaliza.org/fin-de-ano-distirbuido-e-open-source/

#2

Grazas Andrés, tes toda a razón, non só no da gralla ;-) Xa está corrixido. Do libro que falas xa tiña ouvido e andaba detrás del, pero non sabía que tamén era del! Grazas outra vez. Vou botarlle un ollo a eses apuntamentos teus. Deixereiche no blogue un comentario en canto teña tempo de lelos. Un saúdo.

Deixa unha resposta