Comentarios en: Enquisas e sentimento de nación en Galiza (e III)

By: calidonia
Esta sobrevíume nun momento de lucidez:

Que tal se de agora en diante as enquisas preguntan non se un se sente *máis* galego que español ou viceversa, senón que se sente *primeiro*, galego ou español?

By: calidonia
Concordo contigo. A polisemia é a outra cara da moeda das diferentes concepción ideolóxicas ou sociais sobre as ideas e conceptos políticos aos que me refiro.

No Estado español a historia e a situación doutras CC.AA. impoñen o uso de Estado para o que no mundo anglosaxón sería a ‘Nation’, o que en certa medida obriga a empregar nación para o que nese mundo son ‘States’ dentro do federalismo.

O dato que comentas acerca de 2001 ten unha explicación moi clara. Nese ano o nacionalismo (o BNG) acadou o seu teito electoral histórico con case 400.000 votantes. Unha fracción moi importante deles (non menos de 75.000 e probablemente máis) eran votos emprestados de votantes tradicionalmente socialistas, non nacionalistas e mesmo anti-nacionalistas, que votaron ao BNG como forma de castigar a un PSOE en horas baixas. Se a eses lles sumamos os votantes nacionalistas que non teñen un sentimento de identificación demasiado forte é normal que entre eses votantes o termo ‘rexión’ fose preferido ao de ‘nación’.

Canto ao tema recorrente de se a partir do PP pode saír unha escisión galeguista ou protonacionalista eu sempre tiven claro que non, e así o manifestei, mesmo sendo crítico con todos os que, politólogos ou non, así o crían posible. Dentro do BNG tamén callou esa idea, e durante moito tempo e aínda hoxe se pretende atraer con cantos de serea electores sociolóxicos do PP cara ao nacionalismo. Coido que con escasos réditos, mesmo desde o Goberno da Xunta se podería.

Aí hai unha grande confusión entre o plano esquerda-dereita e o plano nacionalista- non nacionalista. O primeiro pesa moito maís nese electorado supostamente captable, e as distancias definidas polo segundo son enormes, de aí que sexa moi moi difícil que un paisano conservador votante de Fraga por moi galego que se sinta chegue a votar a unha frza esquerdista e nacionalista (pois iso e non outra cousa é o que se segue a ser o BNG xa non para a maioría da poboación, senón para o electorado propio e para o electorado que supostamente se quere atraer).

E si, as preguntas das enquisas inflúen no resultado, pero non o determinan, e malia a todo se poden tirar conclusións moi fiables (a menos que se falseen completamente os datos, que ese é outro cantar).

By: zerovacas
Con respecto a estas enquisas, sobre todo no que respecta á identificación de Galicia como nación ou rexión, hai varios elementos de distorsión. Un é semántico, e refírese á polisemia da palabra “nación”, que moitos identifican con Estado soberano. Así é na tradición anglosaxona, como ben se deixou ver no recente debate que tivo lugar en Canadá. Outro ten que ver cos “rexionalistas”, entre os que había moitos votantes do BNG, de feito na enquisa da USC do 2001 entre os votantes do BNG había máis “rexionalistas” que “nacionalistas”. Asemade, durante moito tempo as empresas de demoscopia estaban moi preocupados polo verdadeiro sentimento identitario daqueles que definían a Galicia como rexión, sobre todo no PP. Buscábanse sobre todo, indicios dunha posible escisión “galeguista” (¿xa non se fala disto?) Así, nesa enquisa da USC incluíron a subpregunta de ¿por que razón considera que Galicia é unha rexión? Había varias opcións, algunhas relacionadas coas características diferencias de Galicia: “pola súa lingua propia”, “pola súa cultura propia” e outras relacionadas con elementos de unidade co resto do Estado: “porque sempre estivo unida a España”.

Nas enquisas, todo (ou case) depende de como se formulen as preguntas. Unha aperta e parabéns por este interesante traballo