Solidariedade dixital no Nadal
O Nadal é unha época na que as persoas que sofren algún problema persoal ou familiar adoitan sentirse aínda peor. Cando un repara nisto ou ten perto a alguén que pasa por un mal momento non pode senón tentar facer algo e botar unha man.
O meu pequeno contributo este ano foi instalar unha aplicación de computación distribuída que tira proveito dos instantes mortos da túa computadora para realizar operacións matemáticas que contribúen para o desenvolvemento de proxectos complexos da medicina vaseados no cálculo numérico.
No meu caso instalei no meu portátil e nuns cantos PCs da miña empresa a aplicación da World Community Grid. Segundo eles mesmos se definen trataríase da rede pública de computación máis extensa do mundo, un proxecto lanzado por un grupo internacional de expertos en ciencias da saúde, e promovido pola IBM e unha longa serie de parceiros de todo tipo.
A aplicación consiste nun salvapantallas de aparencia agradábel que realiza cálculos para até catro proxectos diferentes: loita contra o cancro, curas contra a distrofia muscular, análise do xenoma, e deseño artifical de proteínas para uso en humanos. A descarga da aplicación está dispoñíbel para MS Windows, GNU/Linux e Mac.
Malia a nacer nos EUA esta iniciativa topou mellor recepción en Europa. Os usuarios agrúpanse por equipos, e está en marcha un grupo de usuarios chamado Galiza.
A WCG é só un dos múltiples proxectos existentes. Existen páxinas de recursos como a Distributed.net onde se relacionan moitos outros, quizá con menos “charme” e recursos detrás, pero que se cadran poden resultar igual ou máis interesantes. O sistema de cálculo distribuído ten cabida para experimentos de todo tipo. Só hai que lembrar a existencia de proxectos como o Seti@Home, que analiza sinais electromagnéticas procedentes do Espazo en percura de indicios de intelixencia extraterrestre, e é quizá o que alcanzou máis difusión na rede (e sen dúbida o máis friqui).
Etiquetas: computacion, distribuida, saude
5 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos

Ola, eu tamén estou colaborando desde hai uns meses nun proxecto de computación distribuída, Folding@Home. Só ten un par de problemiñas, gastas un pouco máis de electricidade e sobe a temperatura dos procesadores, polo que algún computador (en especial se é portátil) sofre. Máis info:
http://www.stanford.edu/group/pandegroup/folding/
http://www.hyper.net/dc-howto.html
Comentario por
César Salgado — 2006-12-23 @ 6.55 pm
Computación distribuída: solidariedade dixital…
Calidonia di que conectou varios ordenatas a un proxecto de computación distribuída. Estes proxectos aproveitan para realizar cálculos nos ciclos que a CPU fai de baleiro. Os cálculos son logo transmitidos por internet para axudar en investigación…
Rastro (Trackback) por
chuza.org — 2006-12-23 @ 7.07 pm
Interesante coma sempre.
Deséxoche unhas boas festas e que 2007 sexa un ano para lembrar.
Comentario por
paideleo — 2006-12-24 @ 11.16 am
Ola César
É bon saber que hai máis xente colaborando nestas cousiñas. Grazas por engadir ese outro proxecto; xa o vira pero esquecín incluílo na anotación.
Quizá ti teñas máis información sobre unh cuestión que aínda non teño moi clara, polo menos na WCG. Trátase sobre as garantías que temos os usuarios acerca do uso que se lle dá á información coa que contribuímos. Refírome a que se hai algunha forma, ou algún proxecto, que garanta que os resultados obtidos destes proxectos non se usan despois con fins comerciais. Estou a falar da posibilidade ou non de que os resultados exitosos poidan converterse en patentes da industria farmacéutica e contribúan á creación de monopolios da medicina. Xa sabes, que ao final as curas se utilicen só no primeiro mundo e a un prezo desorbitado.
Un saúdo
Comentario por
calidonia — 2006-12-26 @ 12.00 pm
Isto é o que din de si mesmos os da WCG:
“World Community Grid is making technology available only to public and not-for-profit organizations to use in humanitarian research that might otherwise not be completed due to the high cost of the computer infrastructure required in the absence of a public grid. As part of our commitment to advancing human welfare, all results will be in the public domain and made public to the global research community.”
http://www.worldcommunitygrid.org/about_us/viewAboutUs.do
Isto é o que din de si mesmos os de Folding at Home nas súas FAQ:
“Who ‘owns’ the results? What will happen to them? Unlike other distributed computing projects, Folding at home is run by an academic institution (specifically the Pande Group, at Stanford University’s Chemistry Department), which is a nonprofit institution dedicated to science research and education. We will not sell the data or make any money off of it.
Moreover, we will make the data available for others to use. In particular, the results from Folding@home will be made available on several levels. Most importantly, analysis of the simulations will be submitted to scientific journals for publication, and these journal articles will be posted on the web page after publication. Next, after publication of these scientific articles which analyze the data, the raw data of the folding runs will be available for everyone, including other researchers, here on this web site.”
http://www.stanford.edu/group/pandegroup/folding/faq.html
Isto é o que eles din. Meu pai sempre me dixo “non te fíes nin de teu pai”, pero os fillos non sempre seguimos os consellos dos pais…
Comentario por
César Salgado García — 2006-12-27 @ 11.29 am