As palabras máis usadas no Bloque
Cun pequeno programa de contaxe de palabras e uns poucos documentos de texto tirados da internet pódense calcular cales son as palabras menos comúns máis frecuentemente utilizadas por varios líderes do nacionalismo.
Nomes
Anxo Quintana: Galiza (7º), país (20º), BNG (23º), goberno (26º), estado (33º), compromiso (35º), xente (45º), estatuto (46º), respecto (59º), nacionalismo (60º), futuro (62º), cambio (72º), oportunidades (73º), sociedade (78º), tempo (81º), Madrid (82º), traballo (83º), igualdade (84º), benestar (94º), cidadáns (95º), verdade (97º)...
Francisco Rodríguez: Estado (9º), Galiza (18º), España (24º), poder (36º), Cataluña (13º), pobo (43º), Constitución (44º), goberno (53º), nación (54º), solidariedade (55º), sistema (58º), debate (60º), Madrid (68º), pobos (69º), autogoberno (74º), igualdade (75º), financiamento (76º), nacións (78º), BNG (79º), señorías (81º), direito (82º)...
Xosé Manuel Beiras: Estado (23º), Galiza (25º), goberno (28º), poder (31º), cidadáns (32º), política (36º), Xunta (38º), anos (47º), presidente (53º), cidadanía (57º), BNG (59º), parlamento (63º), institucións (70º), constitución (72º), Prestige (78º), ano (95º), país (97º), catástrofe (101º), autonomía (102º), nación (106º), UE (107º), costa (111º)...
Adxectivos (excl. galego e derivados)
Anxo Quintana: sa (89º), nova (130º), sas (142º), histórica (154º), firme (158º), aberto (162º), actual (181º), posíbel (207º), estatais (212º), novas (215º), libre (255º), estatal (263º), democrática (271º), laboral (275º), pública (283º)...
Francisco Rodríguez: español (27º), tributaria (71º), actual (83º), española (84º), plurinacional (101º), nacional (108º), novo (122º), catalán (124º), iguais (144º), diferente (145º), certo (152º), centralista (156º), castelán (158º)...
Xosé Manuel Beiras: español (51º), social (71º), político (73º), central(90º), institucional (99º), constitucional (109º), negra (148º), propria (153º), actual (154º), proprio (179º), sociais (181º), española (218º), popular (225º)...
Vexo algunhas diferenzas independentemente dos diferentes roles políticos e momentos ou circunstancias en que foron redactados os documentos. Mais prefiro que sexades vós, astut@s habitantes do blogomillo, quen non deixedes de dar puntada sen fío...
Etiquetas: bng, linguaxe, discursos, lideres
chúzame -
2 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos
A teor dos datos que mostras chama a atención que a referencia que as voces “Estado” e “español” teñan tanta presenza no discurso dos nacionalistas galegos, case á par que a voz “GAliza”.
Comentario por
Boedense — 2006-12-25 @ 5.06 pm
Si, en principio denotan a teima ‘españolista’ que hereda o nacionalismo da súa etapa primixénea, de resistencia franquista ou derivada dos principios fundacionais do BNG acerca do colonialismo, e a tendencia a botar culpas sempre aos de fóra como estratexia de avance social e de inmobilismo intermo. Digamos, que parece que os líderes nacionalistas non se libra desa oposición Galiza-España que a maioría da poboación non ve ou no quer ver, segundo os casos.
Quizá en Quintana ese fenómeno estea máis esvaído, aínda que tamén pode ser que os seus discursos sexan máis institucionais ou mesmo que teñan sido escritos non por el soamente.
Con todo, coido que hai máis cousas que se poderían deducir, con maior ou menor rigor.
Obrigado por contribuires.
Comentario por
calidonia — 2006-12-26 @ 12.06 pm