Gaia

Nalgún destes concellos debo ter antergos. U-los teus?

Apelido1

Apelido2

11.47 am

7 Comentarios »

  1. deduzo que o primeiro será un deses tipo gonzalez, e demais marabillas… :D

    pois os meus, sonche mais simples, do primeiro atopou só 27 e do segundo 217 ou algo asi.

    apelidos en vias de extinzon :D

    Sorte hoxe e que non haxa “troll” nenhun

    Comentario por Moinante — 2006-11-28 @ 1.21 pm

  2. Ola Moinante. A miña intención ao falar de apelidos, toponimia e historia ficou, penso, posta de manifesto nunha anotación anterior. Non se trata tanto de conservar cousas tan administrativas e accidentais como un apelido (que ao mellor, quen sabe, ten o seu interese) senón de recuperar a toponimia, coñecer a historia persoal e colectiva, e pór en valor a nosa lingua. Iso de proxectarse cara ao futuro sendo sabedores do pasado e tal e tal, cos pés na terra en todo caso. Benvido á miña morada. E non, non houbo trolls, como puideches comprobar, pero nunca se sabe… ;-)

    Comentario por calidonia — 2006-11-29 @ 5.49 pm

  3. Parece ser que andas por varios foros criticando a nosa Asociación Cultural, a cal ten como principal fin a defensa do noso idioma (por suposto non lusista porque non estamos en Portugal), a defensa das nosas costumes, a defensa da nosa identidade, en definitiva a defensa do noso pais, Galiza. Porque temos unha adicatoria do Presidente da Xunta e unha subvención. Non sabemos quen eres e pola forma que escribes de nos me parece que non nos importa, o que si che podemos decir que cando as persoas que votaban nacionalismo cabian nunha cabina telefonica (alo polo 77), dentro xa habia un de nos. Ou sexa antes de porte a criticar polo morro, polo menos enterate que quen somos. Saude e terra.

    Comentario por UNHA GRANDE CHEA — 2006-11-29 @ 9.42 pm

  4. Boas

    O comentario anterior non ten a ver coa anotación e si con esta chuzada.

    Lamento o malentendido, na xusta medida en que me poida ter equivocado. Mais, de todos modos, quero esclarecer varias cousas:

    - Non uso foros públicos e mal podo andar criticando neles. De feito os únicos foros que emprego son técnicos. Non falei de vós a ningún nivel en ningunha outra páxina web, nin en calquer outro lugar físico ou virtual.

    - Non critico a vosa Asociación Cultural, que descoñecía até dar co voso blog hai uns meses. Non sei que facedes, nin cando nin como, nin é da miña incumbencia, e agora que voltei mirar a vosa páxina até penso que facedes cousas curiosas. O único que fixen e do que me podedes acusar ou criticar foi publicar en Chuza! unha anotación do voso blog na que vin algo que me chamou a atención, e por iso sometín o interese informativo desa anotación á comunidade de usuarios/as.

    - Chucei o feito constatado, e no que me reafirmo, de que nesa anotación, que xa vira hai tempo nos MSN Spaces e que agora segue publicada nos Windows Live Spaces nun lugar privilexiado da vosa páxina, coinciden un logotipo de subvención da Xunta que antes non estaba e unhas fotografías (que presupuxen orixinais e non manipuladas) nas que o agora (e daquela?) Presidente de Galiza vos fai unha dedicatoria.

    - A noticia etiqueteina como ‘humor?’ e ‘denuncia’, ao mesmo tempo, polas dúbidas e por se acaso o que pretendíades era precisamente ser divertidos.

    - A min o único que non me gustou, e o que si denuncio e como tal o etiquetei, é que teñades unha subvención para unha web como esa, que non vos costa un peso, pois está aloxada nun servidor gratuíto. Pode que vos custen os contidos, iso non o discuto, pero xa vos decataríades de que non todas as persoas que teñen un blog gratuíto, por moito esforzo e tempo que poñan nel, e independentemente do seu interese, adoiten pedir unha subvención. É claro que a axuda que recibistes (o que se presupón ao usar ese logotipo e que confirmastes despois no voso comentario) non pode ser por usar o galego, senón debería térvola concedida Política Lingüística (vamos, digo eu), senón polo simple feito de comunicar (Comunicación Audiovisual é o departamento en cuestión). A culpa, conste, non é vosa, por pedir unha subvención. É de quen vola subvenciona e considera o feito de publicar nun blog gratuíto digno de selo. Se a comunicación das vosas actividades é algo subvencionábel é unha unha cousa que non desexo debatir, pois é algo absolutamente subxectivo.

    - O do rancio aboengo nacionalista do que vos mostrades fachendosos (cando menos un de vós) é unha explicación que non sei a que vén. Non achega nada novo á cuestión. Éme indiferente e resúltame mesmo algo rísíbel.

    - Costumes é un nome de xénero masculino, aquí e en toda a Lusofonía. Suxírovos unha revisión a respecto da colocación de tiles, pois tendes grallas demais.

    Saúde e mar

    Comentario por calidonia — 2006-11-30 @ 1.59 pm

  5. Aceptamos as túas desculpas pero nos tamén queremos facer unha serie de aclaracións:
    1.- Se ti non andas polos foros, quen entón fixo ou deixou idéntico comentario no foro http://www.arroutadas.com.
    2.- O comentario en Chuza , é cando menos , por cualificalo dalgún xeito, pexorativo o mesmo tempo que desprezativo. Como sabes hai diversos xeitos de enfocar o tema , o xeito de facelo ti pareceunos un xeito manipulador parecido os sicarios de Pedro J.
    3.- Home, malos na manipulación das fotos non somos, pero temos o defecto ou a virtude de que as novas que son falsas dicimos cun símbolo cales son, se te houberas molestado en ler algo do noso espazo antes de poñerte escribir sobre do que non sabes, saberías cal é a filosofía da nosa páxina.
    4.- Envexa, é o mellor o que teñen algúns cando uns simples pailáns conseguen o que outros non son capaces de facelo. Pensamos que a envexa era un pecado capital español, pero agora decatámonos de que tamén é galego. Asegurámosche, a pesares de que non che interese, que na subvención so seguimos os pasos que sinalaba a convocatoria e alei, e non é o noso estilo o “mover fíos” como deixas cair nos teus comentarios, é mais iso é o que nalgunhas ocasións denunciamos. O da nota do Presidente casualmente conseguiuna un dos nosos socios na visita que este fixo a Rianxo.
    5.- E agora ven para nos o mais grave do teu comentario, o do rancio avoengo(por certo avoengo con v non b), quen non era máis que para demostrar que cando nos xa recibiamos leña por defender a nosa lingua e a nosa nación o mellor ti estabas a xogar os “indios” e os “vaqueiros”, e o que realmente nos da noxo é que unha forma metafórica de explicar o noso amor a nosa terra che dea risa, o cal di moi pouco da túa persoa e nada como nacionalista.
    6.- Grazas pola corrección, vámoste contratar como asesor de galego para a nosa páxina, agora que coa subvención que nos deron ímonos facer ricos. Debías de denunciar outras cousas e non estas insignificancias.
    Esperemos que desta vez non teñas nada que corrixir.
    Sentimos profundamente que xente que teoricamente defenden o mesmo anden a leña.
    Saúde e terra (de mar xa somos nos).
    P.D.- Se queres contestar estás na túa casa, pero coidamos que non paga a pena.

    Comentario por UNHA GRANDE CHEA — 2006-11-30 @ 4.51 pm

  6. Naturalmente si teño cousas que corrixir e por suposto vou facer uso da miña casa.

    1. Podo equivocarme e equivócome, pero non minto, dacordo? Declino a autoría de calquera outra manifestación sobre vós en calquera outro lugar, como xa dixen.

    2. Se hai xente que interpretou a noticia da mesma forma ca min, ou doutra peor, e quixo opinar noutro lugar iso non é responsabilidade miña. En todo caso pensade un pouquiño en se foi acertado ou non o feito de publicardes iso do xeito en que o fixestes, e reparade un momento que diaños pensarían as polo menos outras 12 persoas diferentes de vós e de min que votaron en Chuza! esa noticia. O meu comentario doéuvos, salta á vista, pero non é nin a metade de mal pensado do que podería pensar alguén que vos quixera realmente facer dano coa asociación de ideas ou coa coincidencia de contidos do voso blog que eu só me limitei a describir. Tomádeo como un advertencia para facer mellor as cousas no futuro, se queredes.

    3. Xa dixen que nunca pensei que a foto fora manipulada, así que non sei a que vén ese comentario. É preciso botar máis leña ao lume?

    4. Estou verde de envexa, garantido ;-)

    5a. Alégrome que me corrixan, a serio. Usar dicionarios demostra algo máis de amor pola lingua do que se desprendía do voso primeiro comentario pexorativo, ese si, cos lusistas e reintegracionistas e coas orixes e natureza do idioma que empregades.

    5b. Eu non outorgo certificados de autenticidade a ninguén, nin xulgo á lixeira a ideoloxía, tampouco ese nacionalismo que proclamades. Se o fixera probablemente tería que concluír que sodes fundamentalistas e discutirvos moitas das premisas que dades por certas. Polo demais todo o que supoñedes pode ser certo, ou non. Non me coñecedes.

    Podedes seguir replicando, aquí ou noutros fóros, mais eu vouno deixar aquí, neste último comentario.

    E eu tamén sou de mar. Saúde.

    Comentario por calidonia — 2006-12-01 @ 1.17 pm

  7. ¡Mira como tremeeeeeeemos!
    Vale campión, segue asi e nunca menos.
    Insistimos se te deixaras de chorradas e denunciaras cousas que realmente teñen importancia mellor che iria.
    Funtamentalistas? Ti o moita xente como ti é a que lle está a facer dano a Galiza, que queredes ser mais papistas co papa.
    Vemonos.

    Comentario por UNHA GRANDE CHEA — 2006-12-03 @ 12.47 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word