Comentarios en: Catalunya 2006 express

By: calidonia
Novidades.

Tempo despois dei con estas probas estatísticas que veñen a confirmar moitas das cousas apuntadas, en especial que o ascenso de Ciutadáns débese a perdas do PSC nun electorado que hai que describir como antinacionalista, aínda que esta poida complementarse con outros trazos non necesariamente negativos. Máis aquí.

By: toni manero
Unha nota despois de ver os resultados por comarcas: a perda de votos do PSC ven compensada polo aumento de ICV-EUiA no cinto de Barcelona, especialmente elocuente se o comparamos cos frouxos resultados da ERC, que derivan os seus votos cara CiU. Nas terras do interior (existe unha Catalunya profunda?) vencen CiU e ERC, pero na urbana o panorama parece máis axustado á heteroxeneidade dunha cidadanía “rica i plena”. Ferrín o outro día laiabase da falsa apariencia da realidade política galega baseada en tres forzas. É, pois, para envidiar a situación atractiva (desde un punto de vista político progresista) en Catalunya.

By: calidonia
A xeito de resumo da xornada:

1. A nova máis destacábel é, si, a irrupción dos C’s de Boadella. Podería dicirse que a abstención baixa, mais era previsíbel. Baixa como en todas as autonómicas catalanas, e por baixo da media histórica, pois agora non se discutía a vitoria electoral e había bastante descontento pero non tanto como para unha votación masiva.

Entre os inquéritos electorais que seguín só teño rexistrado un (de 37) que o incluíra a C’s no reparto de escanos (cando menos na información publicada): É do 6 de outubro, publicado orixinalmente en Antena 3 e Onda Cero, e foi realizado por TNS-Demoscopia. Outorgáballe un 2,1% do voto válido pero 0 escanos (ligazón). Pódese falar de falta de previsión dos institutos demoscópicos, e seguramente con algo de razón, aínda que a detección de partidos minoritarios polas enquisas ten as súas dificultades, sobre todo se o voto a Ciutadans é, como o interpreto, un voto inesperado (non planeado) e de castigo (por certo, tanto o voto en branco como o voto nulo multiplicáronse por 2, e 8 das 9 formacións sen representación que repetiron candidatura aumentaron a súa porcentaxe).

Aínda que esta irrupción pode traer reminiscencias de oportunistas tipo Ruíz Mateos, o sentido do voto a Ciutadans é moi diferente do típico voto de corte independente e de dereitas. C’s obtén os seus mellores resultados nas provincias de Barcelona e Tarragona (só obtén escanos na primeira, a máis populosa e con restos da Lei d’Hondt máis asequíbeis), que son as circunscrición onde os partidos estatais alcanzan sempre mellores resultados. Ademais, como o descenso do PP non se deixou sentir excesivamente (mesmo subiu na cidade de Barcelona), débese concluír que é un voto de esquerdas ligado ao PSOE (non tanto ao PSC, outra subtil diferencia). En Tarragona e Barcelona a porcentaxe de voto do PSC cae 2 puntos e 5 puntos respectivamente, case en paralelo aos rexistros de C’s. Un voto de castigo contra os pactos subscritos entre PSC e PSOE con ERC, fundamentalmente. Un voto xacobinista. A indefinición, equilibrio delicado e equidistancia do PSOE a respecto dos nacionalismos comézalles a pasar factura (e o federalismo esmorece no esquecemento).

2. Fóra disto, as sondaxes preelectorais e a pé de urna (estas si detectaron o de C’s) coinciden, ao meu ver, coas grandes liñas que trazaba máis arriba no corpo da anotación.

a) A distancia CiU e PSC é maior do que marcaban as estrañas enquisas de Opina-PRISA (chegaron a poñer por diante en porcentaxe ao PSC e a igualalos en escanos).

b) CiU aumenta ao punto de gañar en escanos e en votos, non só no conxunto de Catalunya senón tamén na provincia de Barcelona (a abstención do cinto industrial fixo que se igualasen moitas as forzas entre eles e o PSC).

c) Sobe ICV-EUiA e baixan PSC e ERC. As baixadas en termos absolutos son maiores no PSC que en ERC, pero en termos relativos son moi semellantes, mesmo algo maior nos independentistas (as súas porcentaxes se quedan no 87% e no 85% respectivamente do que representaban hai 3 anos). Se o PSC non tivera cedido tanto terreo a C’s en Barça e Tarragona, a predición dun maior castigo para ERC faríase máis evidente.

3. A reedición do tripartito é numéricamente posíbel, como hai 3 anos, pero, insisto, a maioría da poboación quería un cambio, e reeditar a mesma fórmula de goberno tinguido de inestabilidade non vai traer máis que satisfacción a unha minoría (maioritaria). A metade do electorado do PSC prefería unha socioverxencia, e a metade do electorado de ERC prefería un govern nacionalista con CiU. Tamén o electorado de CiU estaba dividido entre ERC (saída improbábel aínda que numericamente imposíbel) e o PSC. Semella difícil contentar a toda a xente todo o tempo. Só un tripartito que adopte un claro xiro cara ao social garantirá no futuro a reedición da maioría progresista.

By: calidonia
Caro Toni Maneiro:

Os nacionalistas galegos, que eu saiba, non só consideraron algunha vez a EU-IU senón que se apresentaron coligados con eles. A menos que Vostede diga que Camilo Nogueira non é nacionalista (ou que é españolista se prefire este termo) e que en 1993 EU-UG fora un invento das hemerotecas. Si que hai xente no nacionalismo galego que parece non terlle perdoado aquilo, mais faga o favor de non me contar entre eles. Máis ben parece que Vostede si ten algunha tirria particular co nacionalismo. En Catalunya como moito só ha perder un ou dous escanos, o que non supón ningunha perda de terreo significativa.

Por outro lado, como verá, prefiro falar de EU-IU, e non como Vostede IU-EU. É unha subtil diferencia que, porén, evidencia a distancia que hai entre ICV-EUiA e o seu pretendido equivalente galego. A mesma que hai entre Joan e Geluco, o que agora dá en escribir en castelán na prensa.

Téñolle que pedir desculpas, iso si, por ter usado a fórmula abreviada ICV en troques de ICV-EUiA que é sen dúbida o correcto.

By: toni manero
E Mas leva máis de tres anos na oposición, despois de perder as primeiras eleccións. Se ese non é tempo para crearse unha imaxe?

E ningún comentario sobre Ciutadans? Seica amola a perda de forza do nacionalismo, pero haberá que explicalo.

By: toni manero
Alégrome, a pesar do voso comentario sobre EU-IU, por ICV. Xa sei que os nacionalistas galegos nunca consideraron nin consideran a IU-EU entre os seus compañeiros de viaxe. Prefiren a dereita nacionalista ca outras formacións. Así lles irá nas municipais.

By: calidonia
Os avanzos de participación a media tarde indican unha caída da participación a respecto das dúas últimas eleccións, ratificando a sospeita de que os dados de participación do mediodía estaban influenciados pola data do 1 de novembro e  por ser día entre semana, impedindo as comparacións cos datos históricos.

Entre as primeiras cifras de participación por comarcas, as zonas do cinto urbano de Barcelona, as máis industriais onde o PSC, Montilla e Zapatero tiñan depositadas esperanzas dunha participación masiva inesperada (Baix Llobregat, Vallés Occidental…), rexistran índices de participación por baixo da media de Catalunya.

Aínda pode haber afluencia de última hora ás urnas, pero todo indica que a abstención medrará a respecto das eleccións en que CiU e PSC reñían pola vitoria cunha diferenza de poucos milleiros de votos. A expectativa de vitoria de CiU parece ter desmobilizado a votantes da esquerda menos catalanista.

Pola contra, a comarca da capital (Barcelonés) rexistra unha participación por riba da media catalana e, segundo afirmaban na SER a mediodía, superior á das anteriores eleccións autonómicas. Na zona urbana teñen moita implantación e recollen a meirande parte dos seus votos as formas minoritarias, ERC mais sobre todo ECV, para quen as enquisas apuntaban ao forte incremento.

By: calidonia
A evolución da xornada electoral pódese seguir na páxina web oficial: http://www.parlament2006resultats.cat/inicialv.htm

Hai máis información útil e interesante nesta outra: http://www.parlament2006.cat/web/inicio.htm

Moitos medios farán un seguimento dos resultados e presentarán enquisas realizadas a pé de urna.

By: muralla
Espero e deseo que o tripartito teña outra oportunidade e seiba aproveitala millor.

O que non deseo e que volva CIU

Bicos.