1. CiU vai gañar as eleccións sen maioría absoluta, xa o sabemos. A diferenza sobre o PSC vai ser maior do que algúns medios e institutos deron a entender coas súas enquisas (falo de Opina-PRISA). Existe a coincidencia acerca dunha mala campaña de CiU e Mas, e aínda así non parece perigar a vitoria. A […]
Arquivo de Outubro de 2006
O home sen apelido
Data de publicación: 23 de Outubro de 2006Category: denuncia, estatistica, lingua, lugares, raices
Parafraseo o título da última novela de Suso de Toro aproveitando que dou coa noticia da celebración estes días do II Congreso Internacional de Onomástica Galega.
Nesta entrevista a unha das relatoras afírmase que só 200 apelidos abondan para nomear o 60% das galegas e galegos. Alén diso, advírtesenos do perigo que corren perto de 11.000 […]
Onde estabas ti no 85?
Data de publicación: 19 de Outubro de 2006Category: contos, denuncia, economia, intres, lugares, media, musica, poesia, politica, raices, revival
Se callar non andabas lonxe. Se callar estabas alí. Nos pavillóns da Feira Internacional de Mostras do Noroeste. Na Malata, en Ferrol.
O ano 85 chantaba a ameaza cumprida dos despedimentos da Reconversión Naval en ASTANO. O 27 de decembro do 84 era a data do terríbel ultimatum espetado a 3.500 familias nas xuntanzas do Nadal. […]
Patente de nación
Data de publicación: 12 de Outubro de 2006Category: denuncia, economia, politica, rede
As miñas anotacións cada vez máis espazadas no tempo estaban comezando a converter a Calidonia na Bravú, aquela revista que saía á rúa cando as circunstancias o precisaban. Sexa certo ou non, o que estivo a acontecer estes días nun pequeno recuncho do mundo dixital (e real) mereceu a miña atención e os minutos que […]
