Poñente / Ergo uma rosa
Data de publicación: 24 de Agosto de 2006Category: atlantico, intres, musica, poesia
I
O sol ameniza
o corpo d’auga
dunha namorada
rumbo sul
a luz soña atlántidas
e eu durmo
no seu recordo
II
O mediodía da casa é
o meu refuxio
unha saída é a ventá
do nordés
o vento está a ler
as verdades
nas follas do buxo e nos papeis
e III
O sal arde en i
frente á solaina
o contraluz
gabea pola roseira
e as negras sombras se esparexen
a vida bule
no copo da aciñeira
Esta anotación publicouse o Xoves 24 de Agosto de 2006 ás 4.29 pm e arquivouse en atlantico, intres, musica, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


6 comentarios a “Poñente / Ergo uma rosa”
Realmente preciosa…
Bicos
Ola Calidonia,
non atopei por ningún lado un correo de contacto. Quixera falar contigo sobre o da Campaña de galeguizar a voz.
Gracias e Un saúdo!
Ergo uma rosa, e tudo se ilumina
Como a lua não faz nem o sol pode:
Cobra de luz ardente e enroscada
Ou vento de cabelos que sacode.
Ergo uma rosa, e grito a quantas aves
O céu pontuam de ninhos e de cantos,
Bato no chão a ordem que decide
A união dos demos e dos santos.
Ergo uma rosa, um corpo e um destino
Contra o frio da noite que se atreve,
E da seiva da rosa e do meu sangue
Construo perenidade em vida breve.
Ergo uma rosa, e deixo, e abandono
Quanto me dói de mágoas e assombros.
Ergo uma rosa, sim, e ouço a vida
Neste cantar das aves nos meus ombros.
Vía A Capella
fermoso post, aínda respigo da emoción.
Fermoso con ganas…
Unha aperta.

Bó sitio se ten poesía.
Boa xente que lee dúas veces.
Gustoume, de certo, con creces
e viréi mañá co novo día.
Un saúdo.