Sospeitas razoábeis

Data de publicación: 8 de Agosto de 2006
Category: ecoloxia, economia

incendios_09_08_2006
Avisos da existencia de incendios forestais (a imensa maioría dos puntos verdes) ás 01:00am do 9/8/2006 [actualizado]. Datos da web do servizo de urxencias 112 da Xunta de Galiza.

variacion_poboacion_2001_20050
Variación (en %) da poboación no período 2001-2005 (en vermello os concellos que máis medraron). Datos da web do IGE

Unha das claves desta hipótese de explicación da vaga de incendios reside en que a prohibición de construción durante 30 anos nos terreos que arderon só se aplica no solo rústico de protección forestal, pero non en solo rústico urbanizábel. Ese é o tipo de solo que en moitos lugares está ardendo, perto de casas e zonas habitadas, nos concellos litorais e nos de maior crecemento poboacional e urbanístico de Galiza. O solo queimado, tira os prezos polo chan e facilitan as vendas a curto prazo, xa que os propietarios non poden tirar rendementos dos terreos nun longo período de tempo. Aumenta o número de vendas e de compras por parte de inmobilirias, constructoras e especuladores. Se cadra perde o sector turístico pero outros sectores terán grandes rendementos a medio e longo prazo. Non esquezamos que a ordenación urbanística é caótica, recente ou inexistente en moitos casos, sen esquecer que en moitos concellos a política caciquil coa mesma facilidade autoriza licenzas de construción como esquece facer cumprir a limpeza de fincas e o mantemento de distancias mínimas das masas forestais a camiños e casas.

Unha segunda clave está na intelixencia, coordinación, premeditación, alevosía e nocturnidade coas que se prenderon a maioría dos lumes, perto dos núcleos de poboación e das principais vías de comunicación, convertendo o suceso nun fenómeno visíbel pola maioría da poboación e nun espectáculo mediático, sen importar o perigo e as vítimas causadas. Xa non se pode falar de pirómanos, nen sequera de incendiarios. Isto é obra de terroristas. Como senón se explica que prendan lume ao pe das pistas dos aeroportos que os medios aéreos empregan para repostar e se abastecer? Ou os aparellos incendiarios lanzados desde avionetas polas noites?

Unha terceira clave reside na intencionalidade e no aproveitamento político da crise. Se alguén tiña dúbidas que as vaia borrando da cabeza. As continuas preguntas retóricas de ‘onde está Nunca Máis?’ que están a encher os foros electrónicos, provenientes quer dos seus autores primixéneos, quer dos seus altofalantes mediáticos, da xente que se deixa levar pola tensión e os nervos, da que non é capaz de pensar máis aló do que ouve, ou da que se resiste a crer que detrás disto hai unha trama ben formada de intereses de todo tipo… todas esas preguntas e ironías autodestrutivas só se explican desde unha posición de resentimento partidario e de intento de instrumentación política desta catástrofe.

As demais claves, xa as coñecemos e son as de todos os anos e as máis estruturais: temperaturas elevadas e cambio climático, situación de abandono e de cambio de usos dos montes, inexistencia de recursos orzamentarios para ampliar a dotación de medios de extinción (de por si elevada obxectivametne) e crear unha verdadeira política de prevención, os intereses creados á negra sombra da industria do lume, etc… Se cadra isto si está no debe de todos e todas nós.

E a semana que vén falaremos do Governo.

Etiquetas: , ,

Esta anotación publicouse o Martes 8 de Agosto de 2006 ás 10.25 am e arquivouse en ecoloxia, economia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

15 comentarios a “Sospeitas razoábeis”

#1

Sospeitas razoábeis…

Calidonia bríndanos unha hipótese do porqué dos incendios que asolan Galiza. Breve e ilustrativa….

#2

Mapas:

Nesta ligazón da NASA pode verse a onda de calor que afectou a Europa, e significativamente ao litoral occidental galego, durante as semanas centrais do mes de xullo deste ano. Rexistráronse temperaturas medias até 10 graos por riba da media dos 6 anos precedentes no mesmo período do mes.

Nesta segunda ligazón da NASA vense desde o satélite os incendios do día 7/8/06 en Galiza e no Norte de Portugal. Nótese como moitos dos prinicipais focos se sitúan nas zonas próximas aos núcleos máis populosos (en Portugal: Valongo-Porto, Vila do Conde, Famalicão, Valença…)

Nesta terceira ligazón da Universidade de Maryland, con información procedente da NASA, séguense os incendios en Europa día a día, nas últimas 48 horas e na última semana. O intervalo de tempo que interesa ver é o que comeza o 4/08/2006.

Nesta ligazón da web da Consellaría de Medio Rural podemos ver o mapa de zonas de alto risco, elaborado coa información estatística sobre incendios acumulada de anos anteriores. Só A Barbanza, A Amaía (Santiago) e o Baixo Miño estában incluídas, grosso modo, nesas zonas. O resto de incendios destes días aparecen, tamén grosso modo, en áreas non cualificadas como as de maior risco.

No xornal El Mundo algún infografista, penso que galego, artellou un mapa en Flash que superpón en capas densidade de poboación e incendios día a día, utilizando tamén a información satelital citada antes. Tamén presenta informacións de superficie forestal (pero o fai en valores absolutos, non en densidade forestal, isto é, porcentaxe de superficie forestal sobre a superficie total dos concellos) e as zonas de alto risco.

#3

Artigos e anotacións:

No blogue Cara ao vento tamén se nos advirte da necesidade de fuxir das explicacións maniqueas e da urxencia de profundarmos nos problemas estruturais do monte galego e na fractura da súa relación histórica cos usos agrícolas e gandeiros. Nela se remite a un libro sobre a problemática do monte galego que o Consello da Cultura Galega dispoñibiliza para a descarga de forma gratuíra na súa web.

No blogue De Paso leo unha ficción ben real sobre as causas dos incendios, acrecentando ás hipótess que eu coloco a dos brigadistas despedidos e a dos caciques en vías de selo, todos eles por despeito terían favorecido a aparición do lume precisamente agora.

Na sección de opinión de Vieiros descubro un novo artigo ben documentado de X. Vázquez Pumariño acerca dos incendios, aínda que non teño máis remedio que discrepar da súa opinión, que considero atinada para explicar só unha parte dos incendios, os non poucos e diseminados que se producen estruturalmente cada ano, pero que non entra a explicar os numerosísimos, sistemáticos e concentrados que hai este ano como novidade, formando parte deste ataque terrorista (prefiro este termo ao de incendiario, porque o obxectivo é claramente causar terror, e non me importa que sexa moi NEOCON porque o latín xa existía antes ca eles).

#4

[...] Especulación con el suelo. A pesar de que se nos vendió la reforma de la Ley del Suelo como la panácea, la realidad es que nos timaron. Según he podido entender la Ley impide la recalificación y uso para construcción de suelo rústico de protección forestal hasta treinta años después de haberse quemado. Pero, un gran pero, no todo el bosque es suelo rústico de protección forestal. En muchos casos lo que arde tan cerca de los núcleos urbanos es suelo rústico urbanizable, en el que SÍ se puede construir después de incendiado. Aquí lo explican mucho mejor (en gallego). Muy interesante la correlación que establecen entre el mapa de los avisos a los servicios de emergencia y el mapa de municipios con mayor crecimiento poblacional en el periodo 2001-2005. Esto explicaría por qué tantos incendios están ocurriendo junto a zonas pobladas. [...]

#5

[...] Llevaba Juan algunos días sin escribir y se le echaba de menos. Lástima que haya retomado el blog para narrarnos cómo Arde Galiza. Enlaza Juan a la periferia y nos encontramos con esta reflexión de Calidonia: [...]

#6

[...] >> As sospeitas razoábeis de Calidonia, ou unha posible relación entre lumes e negocio urbanístico. >> Os incendios forestais en Galicia. Libro de actas das xornadas de novembro do 2005 para analiza-la problemática e buscar solucións. >> ArdeGaliza.info, Indymedia GZ, >> As imaxes: O teu monte precisa de ti, Lume Nunca Máis, O lume é o 1º invasor, grupo público en flickr. Os medios de comunicación convencionais:  [...]

#7

¿Cómo pode estar unha comunidade ardendo sin parar durante 12 dias?

#8

[...] E por suposto, lendo isto “Sospeitas razoabeis” dámonos conta de que non hai suficiente protección de certas zonas contra a queima para recalificar e urbanizar. Neste momento penso que hai que reformar a lei e aumentar o período de anos non que non se poderá construir nun terreo (sexa cal sexa a súa calificación rústica actual) a un mínimo de 50 ou 75 anos. Os especuladores queren os cartos aquí e agora, non adoitan pagar para que un monte arda e poidan especular con el os seus netos… [...]

#9
mosca cojonera

a todo o que dices eu añadiría: as eleccions municipais son en 2007… ¿é posible atopar un mapa electoral por partidos de cada municipio, para comparalo tamén?
Gracias polo teu traballo.

#10

Incendios en Galicia: un mes de julio inusualmente caluroso…

EO Newsroom: New Images - Heat Wave in North America and Western Europe El Observatorio de la NASA detecta temperaturas inusualmente altas en el norte de Portugal y la Galicia costera durante el mes de julio. Vía Calidonia Impresionante fotografía……

#11

Marga, esa é a pregunta que nos facemos tod@s e eu tamén. Seguro que hai multiples causas, pero eu pretendo ir detrás das diferenciais.

Mosca, para facer esa análise precisaría datos de número de lumes (e de focos se for posíbel) e de superficie queimada por concellos na vaga deste ano (case mellor día a día de agosto). Eses datos aínda non foron publicados na web da Consellaría de Medio Rural, mais estou á espera de podelos ter.

O que si se pode facer é baixar os datos do quinquenio anterior, desde 2001 a 2005, un período tranquilo (despois do ano malo que se viviu en 2000) no que, porén, é posíbel describir a traxectoria de incendios por concellos e comparalos máis adiante cos que se deron este ano, para ver cales arderon que nunca antes adoitaban arder.

Un traballo duro e lento, en calquera caso.

Saudiña

#12

[...] Sobre os incendios en Galiza deste vern hai centos de opinins, conxeturas, acusacins, … Todas estn, en certo modo, fundamentadas e teen certa credibilidade. Moitos intereses, moitos intermediarios, moitas causas, … qu crer? cal a verdade? Probablemente e coma sempre a realidade o suficientemente comprexa como para atopar unha nica causa, un nico culpable, … que, por outro lado, sera o que desexaramos, algo que poder crucificar como causante de todos os nosos males. E cada un de ns temos o noso favorito.En calqueira caso, e sendo certo que terrible o tempo en que tarda en recuperarse totalmente unha zona quemada, o nico positivo de todo isto que estaremos ainda mis atentos ante calqueira abuso do agresivo sector inomobiliario (iso espero) e que se acelerar o proceso de recuperacin do noso bosque autctono (xa que moito do ardido era eucalipto e pino). Dito de outro modo, se o noso pelele era o sector inmobiliario ou papeleiro, esperemos que con toda esta conciencia mobilizada evitemos que saquen os rditos esperados, se non o era, pois nunca est de mis estar atentos a non deixarnos asoballar polos seus intereses, que destrozan o noso bosque e a nosa paisaxe (o que dicir a nosa propia identidade). O sector apagaincendios tamn est no punto de mira, e iso tamn ser algo do que falar, xa que curioso que as das ltimas catstrofes sacaron luz dous sectores que sorprendentemente son privados (os arrastreiros para remolque de buques e os apagalumes), sendo ambos fonte de enormes beneficios. O feito de que sexan privados xustifcase dicindo que as sae mis barato pero, non nos din moitas veces que o barato sempre sae caro? parece que pode cumprirse nestes casos. O factor poltico de esperpento, uns din que puido ser causa porque as logrbase erosionar ao governo bipartito, e outros din (todava mis descabellada) que ao bipartito intersalle queimar todo o posible este ano, porque as no ano de eleccins xa non queda por queimar e sair reforzado por un bo ano contra os incendios. Eu penso que neste caso un sucio aproveitamento da situacin, pero non unha verdadeira causa dos incendios, porque se fose as, en fin, prefiro non facer comparacins. E agora, qu facer?, a pregunta clave. Coller aos causantes din uns, olvidarse diso e ir s causas directamente din outros, poerse mans a obra sobre o futuro, din outros. Desde logo o que est claro e que “nunca mis” deberiamos permitir que xoguen coa natureza, coa terra, cos animais, coas persoas, … deste xeito. E que ningunha causa xustifica todo isto, porque parte de ns, porque foi parte do noso pasado e porque deber ser parte do noso futuro. E o ladrillo, os cartos, o papel, os cartos, o poder poltico, os cartos, o proveito persoal, os cartos, a vinganza, os cartos, o rencor, os cartos, … algo efmero e que desaparece deixando vista todos os seus destrozos. Das opinins interesantes as podedes atopar por aqu: Sospeitas razobeis(Calidonia) Onde hai fume, hai lume (De paso) Opinade se queredes e enviade mis enlaces de opinins interesantes, que seguro que as hai, porque o blogomillo “est que arde” con toda esta polmica, e gracias que existimos :P. Escrito por Birnarem 1 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias [...]

#13

Podedes ampliar na seguinte anotación.

#14

[...] Desde o primeiro momento numerosas persoas intentaron esclarecer a orixe dos lumes. Desde este artigo en ArdeGaliza.info sinálase que non se pode falar de teorías conspirativas e sí de incapacidade dos gobernos para xestionar o monte, apuntando ideas precisas e imparciais. Ademáis o blogueiro e chuceiro Calidonia, aportou un interesante traballo que relaciona os incendios con temas urbanísticos, cunha coincidencia estadística realmente incrible. [...]

#15

[...] Também é de alabar o labor dos visitantes de webs como Chuza!, recompilando quanta informação e iniciativas vão surgindo em relação com o terrorismo ecológico que representam os incêndios provocados. Um exemplo deste inconformismo vemo-lo no web de Calidonia, deixa cair a dúvida sobre porquê será que a maioria dos incêndios coincidem com as áreas do País mais densamente povoadas. [...]

Deixa unha resposta