Enganchado a Los Hermanos
Data de publicación: 7 de Agosto de 2006Category: atlantico, intres, media, musica, revival
A miña canción do verán, o meu apologhit persoal, a miña evasión musical estival. Vén sendo unha tradición da que os máis vellos pasaxeiros desta nave xa souberon algo o ano pasado. Sempre por estas datas apúntome a algunha canción que me chega de forma especial e que no máis íntimo identifico co verán, quéirao ou non, independentemente do momento ou do lugar. Así, de pasaxe, forman parte desta vella listaxe realmente inexistente:
Dolce Vita, de Ryan Paris. What I like about you, de The Romantics. Right between the eyes, de Wax. Whenever you need somebody, de Rick Astley. Don’t leave me this way, por The Communards. Suburbia, dos Pet Shop Boys. C’esta la vie, de Robbie Nevile. Rat in me kitchen, por UB40. Everybody wants to rule the world, de Tears for Fears. If you let me stay, de Terence Trent D’Arby. Sunday bloody sunday, de U2. Baby, I don’t care, de Transvision Vamp. Where the streets have no name, de U2. Don’t get me wrong, de The Pretenders. Whole of the moon, de The Waterboys. Fiesta, de The Pogues. Everyday now, de Texas. Way behind me, de The Primitives. Shiny happy people, de R.E.M. Weather with you, de Crowded House. Here is where the story ends, de The Sundays. Misterious ways, de U2. Rock’n'roll girl, de Paul Collins and the Beat. Good times, de Eddie Brickel con Barry White. Serenata rap, de Jovanotti. Am I the same girl?, de Swing Out Sister. All the myths on sunday, de Diesel Park West. In God’s country, de U2. Over and over, de Neil Young e Crazy Horse. Love fool, de The Cardigans. Paralaia, de Xosé Manuel Budiño. Azzurro, por Paolo Conte. Love is stronger than pride, de Sade. Se dejava llevar por ti, de Antonio Vega. Eu te devoro, de Djavan. Amor I love you, de Marisa Monte. The game of love, de Santana con Michelle Branch. Black is black, de Los Bravos. Nobre vagabundo, de Daniela mercury. City of blinded lights, de U2. Maria Caipirinha, de Carlinhos Brown. Superguay, de La Casa Azul. The sun ain’t gonna shine anymore, por Keane.
E este ano? Este ano non teño ferias de verán, mais aínda así dei cunha canción que me translada ás mesmas sensacións que todas as anteriores cancións me fixeron sentir algunha vez. E a canción é O vencedor. E o grupo que a interpreta é Los Hermanos.
Para min este tema é todo un hino, unha melodía desas que anda flutuando no ar e que só algúns privilexiados son capaces de prender e liberar nos seus instrumentos e na súa voz. O grupo é unha banda de barbudos impregnados de espírito e ritmos dos 60 que non poden fuxir á atracción e ás influencias da súa terra natal: o Brasil.
Esta é unha escolma de videos deles tirados do YouTube. Os catro primeiros son versións diferentes de O vencedor. O primeiro é o vídeo máis f-riquiño que vin en moito tempo, e o protagonista paréceseme a alguén do blogomillo. Se gostades da canción, probade cos outros catro.
Los Hermanos. Daquí ao móbil, e do móbil ao Felipop do próximo verán, que no deste ano xa temos a Paul Collins Beat!
Los Hermanos - O vencedor #1
Los Hermanos - O vencedor #2
Los Hermanos - O vencedor #3
Los Hermanos - O vencedor #4
Los Hermanos - Morena
Los Hermanos - O vento
Los Hermanos - Anna Julia
Los Hermanos - Primavera
Esta anotación publicouse o Luns 7 de Agosto de 2006 ás 9.17 pm e arquivouse en atlantico, intres, media, musica, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


