Arquivo de Agosto de 2006

Poñente / Ergo uma rosa

Data de publicación: 24 de Agosto de 2006
Category: atlantico, intres, musica, poesia

I
O sol ameniza
o corpo d’auga
dunha namorada
rumbo sul
a luz soña atlántidas
e eu durmo
no seu recordo
II
O mediodía da casa é
o meu refuxio
unha saída é a ventá
do nordés
o vento está a ler
as verdades
nas follas do buxo e nos papeis
e III
O sal arde en i
frente á solaina
o contraluz
gabea pola roseira
e as negras sombras se esparexen
a vida bule
no copo da […]

Caetano ‘Beluso’ em sessão vermute

Data de publicación: 18 de Agosto de 2006
Category: atlantico, lingua, lugares, media, musica

Tesouros do YouTube, dizer ía o Pawley. Caetano Veloso cantando ao vivo e unplugged algumas das suas melhores canções e versões. Tudo graças a DinhoDeCarinho, um brasileiro da BlogoBeiRa que teve a brilhante ideia de deitar isto na rede para nós.
O Leãozinho, Sonhos, Você é Linda, Morena dos Olhos d’Água, Sozinho, Como uma Onda, Sou […]

O segredo da Illa das Focas

Data de publicación: 17 de Agosto de 2006
Category: atlantico, contos, lugares, raices

Xa falei nunha anotación anterior da miña admiración polo filme de John Sayles The secret of Roan Inish (aquí traducida por ‘O segredo da Illa das Focas’), admiración que a través dos blogues descubrín que partillaba con Manuel Gago. A película está baseada nun relato infantil de Rosalie K. Fry, unha muller de Vancouver […]

Os urbanitas de Barreiro

Data de publicación: 17 de Agosto de 2006
Category: denuncia, ecoloxia, media, politica

Veño de ler este artigo de X.L. Barreiro Rivas, o fillo do carteiro de Forcarei, e só vou dicir unha cousa:
Xa sabemos por que arde o monte. Agora fai falta saber por que prende.
O que isto escribe non é urbanita nin ruralita, máis ben alguén en transición, un rururbanita, se me é permitido máis un […]

5 preguntas (sen?) resposta

Data de publicación: 14 de Agosto de 2006
Category: denuncia, ecoloxia

- Se o número, causas e natureza dos lumes é a mesma que outros anos, por que nas xornadas dos días 7, 8 e 9 de agosto se concentran ao longo das zonas máis populosas, turísticas e de maior crecemento demográfico e urbanísitico recente e non de forma aleatoria nas diferentes zonas forestais tipoloxizadas como […]

Sospeitas razoábeis

Data de publicación: 8 de Agosto de 2006
Category: ecoloxia, economia

Avisos da existencia de incendios forestais (a imensa maioría dos puntos verdes) ás 01:00am do 9/8/2006 [actualizado]. Datos da web do servizo de urxencias 112 da Xunta de Galiza.

Variación (en %) da poboación no período 2001-2005 (en vermello os concellos que máis medraron). Datos da web do IGE

A máquina do tempo

Data de publicación: 7 de Agosto de 2006
Category: aplicacions, ecoloxia

O adxectivo dío todo. No indicador metereolóxico do Ubuntu xa pon directamente fume. Depois de darme conta disto vinllo comentar tamén a ifrit no fedello. Con esta tecnoloxía xa non precisamos un Pemán, mais de seguir así acabaremos por precisar unha Monte. Arde Galiza co lume forestal…

Enganchado a Los Hermanos

Data de publicación: 7 de Agosto de 2006
Category: atlantico, intres, media, musica, revival

A miña canción do verán, o meu apologhit persoal, a miña evasión musical estival. Vén sendo unha tradición da que os máis vellos pasaxeiros desta nave xa souberon algo o ano pasado. Sempre por estas datas apúntome a algunha canción que me chega de forma especial e que no máis íntimo identifico co verán, quéirao […]

Blogaliza precisa de ti!

Data de publicación: 2 de Agosto de 2006
Category: aplicacions, lingua, rede

Blogaliza precisa xente que lle bote unha man a Goretoxo coa xestión e mantemento da páxina web. Nin unhas ferias pode pasar o pobre sen ter que estar pendente de se alguén de nós tumba o servidor, se facemos algo que non debéramos no Muuu! Wordpress ou se ao Grea-rius dálle por facer happenings.
Se […]