A identidade musical

Data de publicación: 14 de Xullo de 2006
Category: media, raices

a_identidade_musical

O Big Brother da SGAE vén de publicar o Anuario 2006, correspondente aos datos do exercicio 2005 e que podedes descargar en PDF por anacos aquí.

Non me castigar moito por ligalos. Hai moita información interesante nesa publicación. Aínda que só sexa para coñecer mellor ao enemigo.

A imaxe que coloco aquí xa a vira noutras edicións. Representa as tipoloxías de consumo musical por Comunidades Autónomas. É unha sorte de segmentación do mercado de espectáculos musicais ao vivo. O pop-rock trunfa en toda a parte, de xeito que é o segundo xénero máis consumido o que marcas as principais diferenzas.

No mapa vese que todo o NO do Estado ten como segunda etiqueta a música folque. Pode alguén dicirme entón por que temos que aturar programacións musicais cheas de flamenco e música latina (e o que é peor sen apenas músicas folque, étnica, tribal ou do mundo) nas emisoras con licenza para emitir en Galiza? Que o fagan as cadeas foráneas é entendíbel, mais que o fagan tamén moitas emisoras galegas non ten perdón de Deus. Pregúntome que pasaría se tivésemos información para o Norte de Portugal.

Esta expansion da música folque en vivo provoca que este ano mesmo sexa o segundo xénero en importancia en Aragón, unha Comunidade que en edicións anteriores tiña a mesma clasificación e cor que o Levante (jazz/blues/soul). O sur é para o flamenco e os territorios ultramarinos para os cantautores (música latina, fundamentalmente).

Ampliade a imaxe noutra aba do navegador e fixádevos na Comunidade de Madrid. Tamén outros anos partillaba características coa España Mediterránea. Mais en 2005 mudou a súa tipoloxía. Iso si, como polo centro sonvos moi especiais, alí ao segundo xénero en importancia denomínano música étnica. Non vaia ser que lles sente mal ser coma nós. Tarde ou cedo teremos que volver conquistar Madrid e encher o ar capitalino de olor a licor café.

Etiquetas: , ,

Esta anotación publicouse o Venres 14 de Xullo de 2006 ás 5.34 pm e arquivouse en media, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta