San Pedro, as portas do ceo

Data de publicación: 27 de Xuño de 2006
Category: intres, lugares, revival
as_portas_do_ceo

Recollo orgullosamente a testemuña de Concheiros Road, que o ano pasado tivo o honor de ser o principal pregoeiro na rede desta noticia. Por iso, práceme anunciarvos o comezo das festas do populoso e cosmopolita Barrio de San Pedro, as mellores e máis importantes festas de Compostela. Un acontecemento sen par. Esa aldeíña viciña denominada por algúns Santiago só ten un par de festiñas bastante poquiña cousa en comparanza con esta ;-)

As festas do Barrio son as máis próximas, humanas, e cálidas de todas as festas urbanas de Galiza. Mesturan mellor que calesquera outras o espírito tradicional da cidade e a vocación universalista e solidaria dos seus habitantes. Non teñen problemas de conxestión turística, son policéntricas, as tascas non disparan os prezos. Taças a 40 céntimos! Folga dicir que está invitado o mundo inteiro.

Consulta acó o programa das festas.

San Pedro. As portas do ceo. A chave do verán.

Esta anotación publicouse o Martes 27 de Xuño de 2006 ás 5.30 pm e arquivouse en intres, lugares, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta