O outro galego e o mundial pangalaico
Data de publicación: 9 de Xuño de 2006Category: atlantico, deportes, lingua, lugares, raices
Ricardo Cabanas e Míchel Salgado son os dous únicos xogadores galegos presentes no Mundial, e se cadra algunha vez houbo máis, non sei. Alguén con vocación de central de datos quer esclarecelo?
O que si é certo e que á marxe dos moitos xogadores das seleccións portuguesa, brasileira e angolana osmaba eu que este tamén había de ser o mundial máis galego, ou cando menos o máis galego-portugués. Galiza había ter máis presenza nos terreos de xogo, aínda que fose en forma de apelidos. Así que me deu por revisar as listaxes de xogadores das restantes selección.
Esta é a relación de apelidos con reminiscencias galego-portugueses que achei nas diferentes seleccións que participan no Mundial de Fútbol de Alemaña 2006:
Ecuador: Méndez.
Costa Rica: Marín, Fonseca e Sequeira.
Paraguai: Cabanas, Acuña, Dos Santos, Cañiza.
México: Sánchez, Suárez, Salcido, Osorio, Torrado, Castro, Méndez e Fonseca.
E iso que non ousei contabilizar os Núñez, González e Rodríguez que por aí había!
Eu, pola miña banda quixera ver entre os semifinalistas a Brasil, Portugal, España e Suíza. Por dicir algo…
Etiquetas: mundial, futbol, galegos, apelidos
Esta anotación publicouse o Venres 9 de Xuño de 2006 ás 2.56 pm e arquivouse en atlantico, deportes, lingua, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



3 comentarios a “O outro galego e o mundial pangalaico”
En Xapón hai un Alex e en Túnez un Santos (brasileiros nacionalizados), non sei se poderá ser de axuda.
A xente de AGAL encontrou interesante a postaxe e redactaron esta nova na que amplían os nomes. Aínda que incluen a un Rei que en realidade é Frei penso que pode tratarse dunha coincidencia fonética e non etimolóxica.
Hehe, e tamén haiun angolano chamado Abalo e un australiano chamado Grella… Curiosidades, tan só.