Arquivo de Xuño de 2006

San Pedro, as portas do ceo

Data de publicación: 27 de Xuño de 2006
Category: intres, lugares, revival

Recollo orgullosamente a testemuña de Concheiros Road, que o ano pasado tivo o honor de ser o principal pregoeiro na rede desta noticia. Por iso, práceme anunciarvos o comezo das festas do populoso e cosmopolita Barrio de San Pedro, as mellores e máis importantes festas de Compostela. Un acontecemento sen par. Esa aldeíña viciña denominada […]

O Especial de Medianoite

Data de publicación: 19 de Xuño de 2006
Category: contos, media

Estamos na Norteamérica sureña. Os reclusos desta prisión son todos homes de raza negra condenados a traballos forzados. Xente de ben e xente de mal, talmente como fóra destes muros.
Todas as noites e sen hora fixa un tren expreso circula por un camiño de ferro próximo ao cárcere. Contan que aquel preso que en plena […]

Eight Miles High

Data de publicación: 15 de Xuño de 2006
Category: aplicacions, lugares, raices

Fico admirado co Google Earth.
Mágoa que as bases toponímicas cheiren a datos militares e que aínda non teñan fotografado todo o noso territorio.
Aínda así é un gozo flotar a 8 millas de altura e planear coma nos soños de cando meniño.

O outro galego e o mundial pangalaico

Data de publicación: 9 de Xuño de 2006
Category: atlantico, deportes, lingua, lugares, raices

Xa o dixen en Chuza! e xa o referendou Vieiros. Este é o mundial máis lusófono da Historia. Pero… e o máis galego?

Ricardo Cabanas e Míchel Salgado son os dous únicos xogadores galegos presentes no Mundial, e se cadra algunha vez houbo máis, non sei. Alguén con vocación de central de datos quer esclarecelo?
O […]

Nada mellor que Bonaval

Data de publicación: 7 de Xuño de 2006
Category: contos, intres, lugares, poesia

Nada mellor que a bona vale. A val boa, en feminino, como ten que ser. Nada mellor que fuxir das estampidas de toristas de volta do Coruña ben pertrechado cun par de bocatas. (Nota mental: Por que non terán servizo a domicilio? A utopía da mellora da hostelaría en Santiago!)
Nada mellor que coller camiño de […]