O fracaso do Windows en galego

Data de publicación: 24 de Maio de 2006
Category: aplicacions, denuncia, lingua, politica

o_fiasco_do_windows_en_galegoLía aí atrás unha nova na que se falaba dunha crítica vertida desde A Mesa á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) culpándoa da incompatibilidade do programa informático PADRE, empregado para cumprimentar as declaracións da renda, coa interface lingüística do Windows en galego.

A cousa ten chiste, porque aínda que neste caso pódese disparar sen apuntar e non errar ningún tiro, o certo é que a culpa verdadeira é da Microsoft e da xestión do PP na anterior Xunta de Galiza.

Non son informático e o que vou dicir estará suxeito a discusión, pero despois de instalar máis de 30 PCs con Windows en galego e de supervisar o seu funcionamento durante 2 anos pódovos asegurar que esa interface impide o correcto funcionamento do motor de base de datos MS Jet, que é o que fai funcionar tanto o MS Access como outros programas que utilizan determinado tipo de tratamento de datos.

No MS Access deixan de funcionar todos os asistentes gráficos de axuda á creación de formularios, consultas, informes, etc. No resto de programas do MS Office funcionan mal cousas como o ‘mailing’ desde MS Word. Tamén detectei numerosos programas e CDs de bases de datos empresariais que directamente xa non funcionan despois da súa instalación. E, por suposto, non vai tampouco o PADRE.

Isto acontece con calquera versión de Windows XP, quer co SP1 quer co SP2, e tamén ocorre coas dúas versións da interface: a primeira, do ano 2004, e a que se pode descargar actualmente, se es usuario rexistrado de Windows, claro. Todo isto independentemente de que se empregue calquera versión de MS Office (2000, XP/2002, e 2003) e independentemente tamén de que se teña instalada a interface de tradución do MS Office ao galego (só para o 2003), que non é a causante dos problemas que vos refiro. Como vedes, probei todas as combinacións de SO, programas, interfaces e actualizacións.

Queda pois de manifesto en qué e cómo derramaron o diñeiro dos contribuíntes a Xunta anterior e máis a Microsoft, cando hai dous anos presentaron aquilo da galeguización do Windows, agasallando (sic) á xente cun estoxo de 2 CDs cheos de propaganda e de plantillas barateiras, que o único que facían era conectarte á internet para acceder ás habituais páxinas de descarga da Microsoft.

Quedan temén postas de manifesto, dúas concepcións diferentes de facer política en materia de sociedade da información e de galeguización das TIC. Con todos os erros que poida haber nas actuacións do novo goberno, simplemente non hai cor.

Así as cousas, hoxe por hoxe, o nivel de galeguización real na informática, sen problemas que afecten á plena funcionalidade dos programas, é a mesma en Windows que en GNU/Linux.

É certo que no mundo libre e grazas aos esforzos da xente de Trasno xa temos unha versión do escritorio GNOME malamente traducida ao galego (’traduczón’), mais polo de agora o único corrector ortográfico de galego normativo é o que existe para MS Office. O que está dispoñíbel para o OpenOffice é unha versión digamos alpha, e aínda cómpre esperar un mes para a definitiva.

Iso si, daquela xa non haberá desculpa posíbel para as persoas e as empresas comprometidas co noso idioma para non optarmos directamente polo software libre.

Etiquetas: , , ,

Esta anotación publicouse o Mércores 24 de Maio de 2006 ás 10.32 pm e arquivouse en aplicacions, denuncia, lingua, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

5 comentarios a “O fracaso do Windows en galego”

#1

Coisa mal feita, não é? Porque as versões dos outros idiomas não dão problemas?

Saudações dum galego de ultramar.

#2

Non só o Jet, (que de por sí da bastantes problemas entre versións) senon tamén inutiliza CD’s. Véxase isto.

#3

Pois eu teño o Windows XP en galego e nunca me deu erros, tamén pode ser porque non uso o programa PADRE nin ningún similar.

#4

Iarrovawo, supoño que xa lerías esta Nova en Chuza!.

Non sei como debiches facer pero o certo é que desde 2004 até 2/2/2006 que é a data de publicación do parche era imposíbel empregar correctamente as bases de datos Jet coa interface do sistema operativo en galego instalada.

Unha limitación que detectei é que este parche só val para o Windows XP co servie pack 2 instalado. Se tes o SP1 non funciona. Non sei se hai outro parche para versións anteriores.

Aínda que eu xa puxen proa cara ao software libre alégrome de que o tal Spider que publicou a nova nos faga saber a existencia do parche pois estou certo de que moitas persoas que emprega Windows quererá poñer o seu PC en galego.

#5

Hoxe lin este artigo, e abofé que é certo o que di Calidonia. Eu utilizo o parche galego en WindowsXP, e o que antiguamente resultaba doado, como por exemplo importar taboas de diversos formatos a Access, ou dende Word facer un mailing lendo os os dados nunha base de dados e destinando o resultado a Outlook Express, xa funciona.

Nunca sospeitei que podería ser por esta razón, pero é certo que dende que fai tempo instalei o parche galego, houbo cousas que deron problemas.

Nada, que cada vez estou mais convencido de afondar en Linux, onde xa din os primeiros pasiños.

Deixa unha resposta