Arriba Monte

Data de publicación: 22 de Maio de 2006
Category: atlantico, ecoloxia, musica, rede

Como todo o mundo dá en tirarse ao multimedia como noutros tempos á bebida, velaquí vai a miña estrea co YouTube. Obrigado a Modesto por como facelo.

A Marisa é a persoa que estou procurando contactar a través da experiencia 6 graos de separación que de seguro xa coñecedes.

O meu primeiro contacto, residente na Bahía, comprometeuse a escribirme cun segundo contacto e nesas ando. Desde entón coñecín a outra persoa, aquí na Galiza, que tamén era coñecido desta primeira persoa e que mesmo convivira con ela. A aldea global é un pano.

A idea de escoller a Marisa era inevitábel. Nun concerto hai anos no Pazo de Congresos da Coruña e despois de hora e media na cola sabedes diante de quen colocaron o cartaz de billetes esgotados? Pois iso.

Heime desquitar axiña. Palabra. Procúrase desde xa xente interesada en ir vela aos concertos que dará en Porto e Lisboa entre os días 5 e 11 de setembro. Deixade un comentario aquí.

Esta anotación publicouse o Luns 22 de Maio de 2006 ás 9.43 pm e arquivouse en atlantico, ecoloxia, musica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

7 comentarios a “Arriba Monte”

#1

Pois gustoume moito o vídeo. A ver se contactas con ela.

#2

Esta Marisa Monte (¿ou é Mariza? ¿ou é outra?) ¿é a que cantaba con Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown nos Tribalistas?

#3

É home é. E é con s. Mariza, a fadista portuguesa, tamén é impresionante, por descontado.

#4

Ando medio namoriscada dela, se contactas con ela darasme moita envexa.
Ten unha voz preciosa.

#5

Home, entre o 5 e o 11…se acae en fin de semana e tal, aínda podes contar comigo. Saúdos.

#6

Besbellinha, considérese fichada para unha posíbel tourneé nesas datas. Seguimos en contacto.

#7

[…] O adxectivo dío todo. No indicador metereolóxico do Ubuntu xa pon directamente fume. Depois de velo vin a ifrit comentándoo no fedello. Xa non precisamos un Pemán, precisamos unha Monte. Arde Galiza co lume forestal… […]

Deixa unha resposta