Non é nada

Data de publicación: 7 de Maio de 2006
Category: atlantico, intres, poesia, revival

Nada

Apenas contarche
deses instantes de area mollada
nos que diante a tua sombra
é mais outa que as canas
e ti
sabedora de que o Sol
case é remota lembranza
aínda así
e xusto aí
podo xuntar azos e cabalo
remontar camiños, chousas e valados
mais axiña do que a terra xira
mesmo derrotado chegar à cima
si
e entón ali
cinguirme de ouro
poder soñar poder
e verte findar
de novo

non_e_nada

Filme: Richard Linklater, Before sunset
BSO: Lenine, O último pôr do sol

Esta anotación publicouse o Domingo 7 de Maio de 2006 ás 3.08 am e arquivouse en atlantico, intres, poesia, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

2 comentarios a “Non é nada”

#1

Non vai para nada co ton do post mais os avisos tamén hai que dalos… Se non hai nada que o impida partimos mañá cos 6º de separación. Hai unha notiña no blog e varios comentarios.
Bks

#2

Non hai mellor lugar ca este, e non podería afirmar que o ton da postaxe e o da experiencia dos 6 graos de separación non teñan nada a ver… Acabo de mandar o correo (con algo de adianto, seino) e xa deixei pegada no blog. Bicos–>

Deixa unha resposta