Arquivo de Maio de 2006

Estrela Galiza

Data de publicación: 25 de Maio de 2006
Category: atlantico, economia, intres, lugares

Um dia qualquer, em qualquer ponto da AP-9.

O fracaso do Windows en galego

Data de publicación: 24 de Maio de 2006
Category: aplicacions, denuncia, lingua, politica

Lía aí atrás unha nova na que se falaba dunha crítica vertida desde A Mesa á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) culpándoa da incompatibilidade do programa informático PADRE, empregado para cumprimentar as declaracións da renda, coa interface lingüística do Windows en galego.
A cousa ten chiste, porque aínda que neste caso pódese disparar sen apuntar […]

Arriba Monte

Data de publicación: 22 de Maio de 2006
Category: atlantico, ecoloxia, musica, rede

Como todo o mundo dá en tirarse ao multimedia como noutros tempos á bebida, velaquí vai a miña estrea co YouTube. Obrigado a Modesto por como facelo.
View This Video on You Tube
A Marisa é a persoa que estou procurando contactar a través da experiencia 6 graos de separación que de seguro xa coñecedes.

Un satélite para un problema de Estado

Data de publicación: 17 de Maio de 2006
Category: atlantico, ecoloxia

Hoxe, mentres tomaba o café no descanso matinal, lía un deses xornais que un le cando todos os que quere ler xa están collidos. Ese xornal era El Mundo.
Ben, máis que ler El Mundo un o que fai é facer unha pasaxe visual polos destaques, para xulgar rapidamente con tan só media ducia de páxinas […]

Coincidindo coa conmemoración do 17 de Maio -cústame falar de celebración- quería aproveitar para subirme ao carro dos cépticos e escribir algo non demasiado optimista sobre a presenza da nosa lingua na rede.
Desde que isto dos blogs comezou a saltar con frecuencia ás páxinas dos xornais tense montado moito balbordo acerca da definición da comunidade […]

Blogs e eleccións

Data de publicación: 9 de Maio de 2006
Category: aplicacions, estatistica, politica, rede

Reproduzo a seguir un extracto dun dos capítulos do libro La blogosfera hispana: pioneros de la cultura digital, editado pola Fundación France Telecom España (antiga Fundación AUNA) baixo licenza Creative Commons.
Hai uns días recibín un volume que xentilmente me fixo chegar un dos seus co-autores, Fernando Garrido, quen mo deu a coñecer con ocasion do […]

Non é nada

Data de publicación: 7 de Maio de 2006
Category: atlantico, intres, poesia, revival

Nada
Apenas contarche
deses instantes de area mollada
nos que diante a tua sombra
é mais outa que as canas
e ti
sabedora de que o Sol
case é remota lembranza
aínda así
e xusto aí
podo xuntar azos e cabalo
remontar camiños, chousas e valados
mais axiña do que a terra xira
mesmo derrotado chegar à cima
si
e entón ali
cinguirme de ouro
poder soñar poder
e verte findar
de novo

Filme: Richard […]