Madeira de blog

Data de publicación: 25 de Abril de 2006
Category: bloGaliZa, blogMillo, blogoESfera, blogorrolo, rede

Veño de ter unha conversa realmente produtiva a través de tres medios diferentes: correo electrónico, mensaxería instantánea e telefonía móbil. Unha cousa cada vez máis cotiá.

Froito do rebumbio de ideas tiven un par de revelacións ao máis puro estilo Albert Pla-en-Airbag.

madeira_de_blog_1

A primeira consiste nunha tipoloxización das poboacións blogueiras galegas, e consta dos seguintes termos:

Anel 0: BloGALiZa. Como o seu propio nome indica, o conxunto de blogs e blogueir@s reunidos nesta comunidade virtual/real, a inmensa maioría escritos en galego, independentemente da norma ortográfica que empregan. En rigor poderíamos definir dúas Blogalizas, unha transacional e outra estrita, vindo dada a diferenza polo feito de ter aloxado o blog no propio servidor da Blogaliza ou non.

Anel 1: BlogoMILlo (beta). Con permiso dos seus artífices o concepto foi rebaptizado para abranguer a todos os blogs que algunha vez recolleron algunha anotación en lingua galega. Por aquilo do Mil primaveras máis para a lingua e os 1000 e pico de blogs que fun recompilando -un pico cada vez máis grande-.

Anel 2 (por facer, a que esperades?): BloG-ESfera . Termo que consideramos atinado para referirnos ao conxunto de blogs escritos por galegos, desde Galiza ou desde fóra dela, pero excusivamente en lingua castelán.

madeira_de_blog_2

A segunda revelación refírese á configuración da páxina da Blogaliza, tanto no seu aspecto visual como no de contidos. Coido que a delimitación anterior, máis formal que real pode ser válida para debater como organizala.

Non estaría de máis botar un ollo a algún dos estudos que hai feitos, acerca de como as persoas vemos e lemos unha páxina web.

Para evitar acumulación de información daríalle cabida a algún filtro colaborativo de contidos como o das noticias máis votadas nas últimas 24 horas, que implementa chuza!, de xeito que a páxina teña accesíbe non só moita información senón tamén interesante e relevante, visíbel nun piscar de ollo.

E non estaría mal ir barallando, aínda que sexa para a carteira de proxectos futuros, o tema do multimedia. Portais emblemáticos nisto das redes sociais como o Friendster xa incorporan a música ao xeito de Last.fm ou MusicStrands. Iso serviría para fidelizar aos cada vez máis novos navegantes do mundo blog.

E blogo que? :-P

Etiquetas: , , ,

Esta anotación publicouse o Martes 25 de Abril de 2006 ás 8.47 pm e arquivouse en bloGaliZa, blogMillo, blogoESfera, blogorrolo, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Un comentario a “Madeira de blog”

#1

Descubrín o teu blog onte e sorpréndome de non telo visto antes.
Saber cantos blogs de galegos están escritos en castelán, pode ser tan interesante como saber cantos blogs en galego, están escritos por “non” galegos.
De calquera forma o teu traballo é esplendido. Noraboa
Un saúdo

Deixa unha resposta