Ferve a rede social galega

ferve_a_rede_social_galega_1ferve_a_rede_social_galega_2ferve_a_rede_social_galega_3

A rede galega ferve en novidades ultimamente.

Chuza!

Primeiro foi o Chuza!, un portal de novas sociais en galego creado por iniciativa de Berto, no que participan Orsinia, Ascárida, Óscar Otero, Álvaro, Ajustin, e Cesare e moit@s  Un xa que fai o que pode por que sexa un suceso.

Agradezo tamén desde aquí o sistema que realizou J.M. Outeiro para promocionar postaxes directamente desde o blog, tanto no Chuza! como nas versións portuguesa de DoMelhor e brasileira de Eucurti. As iconas e as ligazóns que podedes ver na parte inferior desta postaxe están descaradamente tiradas do seu blog. Obrigado!

Blogaliza e Blogalego

Last but not least, poucos días despois da estrea de Chuza!, ao portal de blogs galegos Blogaliza sumóuselle a oferta doutro portal semellante: Blogalego.

Isto espertou na comunidade un debate no que me impliquei -quizá demasiado-. Houbo preguntas e respostas, e tamén silencios e expectativas, sobre o papel presente e futuro destes dous portais.

Algunhas persoas xa falaron disto nos seus blogs antes ca min: Goretoxo e Jotabé. Pola miña banda: vouvos facer un resumo -calmo- das miñas ideas.

Primeiro, os datos coñecidos:

- Blogaliza estaba primeiro. Blogalego veu despois.
- Blogaliza estaba funcionando mal, por temporadas, e esteticamente a verdade deixa bastante que desexar. Blogalego dálle mil voltas.
- Blogaliza reune postaxes de 209 blogs. Blogalego de 287.
- Blogaliza é .org. Blogalego é .com.
- Blogaliza agrega blogs de forma voluntaria, por petición expresa dos seus creadores. Blogalego agrega blogs sen pedir consentimento expreso aos creadores, aínda que moitos blogs están licenciados de xeito que isto non é preciso mentres non se utilicen con fins comerciais.
- Blogaliza quer ser, máis que un agregador de postaxes, unha comunidade, un conxunto de seres con algún interese en comun e que expresan dalgunha forma a sua intencion de pertenza; planea converterse nunha asociación de obxectivos aínda non definidos e debate construir un wiki ou blogopedia. Blogalego é un agregador e clasificador de postaxes que forma parte, segundo afirman, dun proxecto máis grande pero que de momento se mantén en segredo.
- No dominio Blogaliza.org só hai o que se ve. No dominio Sinxelo.com hai aloxada unha promotora construtora inmobiliaria.
- Detrás de Blogaliza hai persoas individuais. Detrás de Blogalego está Sinxelo.com, sen que saibamos de momento é unha empresa, unha persoa, varias ou calquera combinación.

Segundo, as preguntas e dúbidas que poden facerse para acabar formándose unha opinión:

- Ten o “pioneiro” algún dereito ético sobre o “venideiro”?
- Que é mellor, colaborar nun proxecto comezado aínda que incompleto e manifestamente mellorábel ou comezar de cero e por libre un novo proxecto que a xente vai visualizar inmediatamente ao lado do anterior?
- O libre mercado e a sociedade libre poden convivir sen problemas ou hai espazos de fricción?
- Rexe na internet a regra dos xogos de suma cero, segundo a cal o que alguén gaña alguén o perde, ou o a rede “não tem fim” e cabe todo?
- Promove máis a lingua galega un único proxecto integrado, planificado e complexo, ou dous cada un por libre en normal convivencia?
- Que será mellor en internet: a existencia anarquista, a concorrencia competitiva, a colaboración cooperativa ou os planos quinquenais?
- É lei de vida que toda experiencia popular na rede acabe dando diñeiro a alguén aínda que sexa a conta dos contidos que producen outros?
- É necesario preocuparse polo licenzamento dos blogs ou é mellor pasar de todo?

Seguramente non paga a pena nin que lle dediques un minuto a isto e que visites e goces dos dous portais. Pero como a min me ocupou bastante máis do que iso, dalgunha forma tiña que deixar pegada no blog. Coido que aínda é cedo para ter todas as respostas, non si?

6.03 pm

4 Comentarios »

  1. non sei que é o que é, pero eu era habitual ó blogaliza e se non chega ser polo blogalego non chegaba ata aquí. Saúdos e suscribo o que dis.

    Comentario por Turkoo — 2006-03-16 @ 11.17 pm

  2. Hoxe sae publicado en Vieiros a noticia de que a Ciberirmandade da Fala e Rede Galega-Fillos de Galicia chegan a un acordo de colaboración. Parabéns!

    A iso me refiro cando opino que hai que colaborar máis.

    Comentario por Calidonia — 2006-03-17 @ 6.21 pm

  3. qto mais, melhor

    Comentario por Luiz Roberto Lins Almeida — 2006-03-17 @ 6.30 pm

  4. Eu creo que non debe haber ningun problema en que exista Blogalego e Blogaliza.

    Veñen a ser o mesmo pero hoxe por hoxe Blogalego é mellor que Blogaliza e cumple mellor a súa función, máis que nada porque detras de blogalego hai unha empresa (ou “algo”) que se adica a iso, e detras de Blogaliza que se adica a outras cousas e no seu tempo libre traballa na Blogaliza.

    Pola súa historia, por como comezou e polo seu nome eu creo que Blogaliza ten que ser máis unha comunidade que simplemente o que é. A función da Blogaliza, dende o meu punto de vista, ten que ser a de proporcionar axuda (como postar, cales son os mellores CMS, axuda sobre eles, etc.), templates, ligazóns, directorio de blogs, ultimos blogs actualizados (que non é o mesmo que mostrar os posts), definicións (para os que se meten no mundillo, que é un blog, etc.), foros, incluso un wiki. É dicir, eu vexo a Blogaliza máis como unha comunidade onde os bloggers galegos dispoñamos dun lugar onde axudarnos.

    Pero como todo isto é voluntario, non hai “algo” detras que se adique exclusivamente a isto, pois é moi dificil conseguilo (a non ser que axudemos todos) polo que demomento Blogaliza é o que é. E supoño que se Blogaliza estivra ben, con 300 blogs, actualizacións cada 20 minutos, un deseño bo, etc. e que funcionase ben (como Blogalego) pois Blogalego non existiria, asique Blogaliza tamén é que nace da “necesidade”.

    Saudos.

    Comentario por IaRRoVaWo — 2006-03-18 @ 2.38 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word