Principia Mathematica

Data de publicación: 3 de Marzo de 2006
Category: intres, lingua, poesia

principia_mathematica

De que me serve, Euclides,
definir os límites dun corpo de dous
inserido como a incógnita do triángulo
nas espirais excéntricas do desexo
se o único axioma que rexe neste espazo
é a asimetria de nós,
se os nosos movementos converxen na vertixe infinda
onde só Heisenberg pode vernos.

P.S. Un aniño de habitácula. Unha postaxe por semana. Grazas a tod@s.

Esta anotación publicouse o Venres 3 de Marzo de 2006 ás 8.03 pm e arquivouse en intres, lingua, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

5 comentarios a “Principia Mathematica”

#1

Desprendes orde calmosa, intanxible, próxima e espallada ao tempo, orde que algunha vez algo fixo abanear levemente.

Neste momento eres morno para min.

(Parabéns no seu aniversario señor bló)

#2

Pois parabens. Agora a seguir.

#3

Que sexan moitos máis! :)

#4

un aniño… só?

pareces moito máis maduro… ou madura?

a personalidade pérdese neste mundo blogueiro… ata penso que é mellor desta forma, non si?

necesitando das matemáticas para contar ata un… :)

#5

…para xente coma ti, naceu a xeometría non euclideana …evita sempre o paralelismo!…

…unha aperta!!!

Deixa unha resposta