Idea inspirada nun aviso visto nunha tasca do concello de Monfero.
En 15 días, o retorno.
Arquivo de Marzo de 2006
A rede galega ferve en novidades ultimamente.
Chuza!
Primeiro foi o Chuza!, un portal de novas sociais en galego creado por iniciativa de Berto, no que participan Orsinia, Ascárida, Óscar Otero, Álvaro, Ajustin, e Cesare e moit@s outr@s.
Desde aquí apoio e publicito, aproveitando para para dar a noraboa aos seus promotores, e anímovos a quen aínda non […]
Pois o tema está así (bendita perspectiva):
Nas últimas semanas saíron varias enquisas, a da USC e a de La Voz de Galicia. Ambas coinciden en que o PSdeG-PSOE sería a primeira forza en Galiza, seguida polo PPdeG (en construción) e co BNG en terza posición.
Á marxe desa mensaxe sobre a xerarquía demoscópica dos partidos galegos, […]
Graal
Data de publicación: 10 de Marzo de 2006Category: atlantico, intres, lugares, poesia, raices, revival
Sagrada
procura
xoula
dos sábados da mocidade.
Ronsel de bicicletas,
maré
de historias e ollares.
Unha man ao vento,
sinal
verdadeiro que te chama.
De repente
un beixo,
reggae
lendario desde a Outra Banda.
1000 e 1 blogs en galego (III): Xénero
Data de publicación: 6 de Marzo de 2006Category: bloGaliZa, blogMillo, estatistica, lingua, rede
Blogs e xénero
Sempre consideramos un pouco anacrónico o feito de que a primeira e principal variábel que se incluíu sistematicamente en todos os censos e estatísticas sociais da Historia fose a que distingue por sexo entre mulleres e homes.
Os tempos están cambiando, e agora a xustificación que antes descansaba nas cuestións relacionadas coa reprodución demográfica […]
De que me serve, Euclides,
definir os límites dun corpo de dous
inserido como a incógnita do triángulo
nas espirais excéntricas do desexo
se o único axioma que rexe neste espazo
é a asimetria de nós,
se os nosos movementos converxen na vertixe infinda
onde só Heisenberg pode vernos.
P.S. Un aniño de habitácula. Unha postaxe por semana. Grazas a tod@s.
1000 e 1 blogs en galego (II): Actividade
Data de publicación: 1 de Marzo de 2006Category: bloGaliZa, blogMillo, estatistica, lingua, rede
A actividade dos blogs en galego
A primeira clasificación que cabe realizarmos sobre o mundo dos blogs é a que distingue entre blogs activos e inactivos.
Observar e rexistrar o momento en que se produce a última actualización dun blog é unha tarefa dificultosa cando se intenta facer sen ter previamente elaborado un censo. Cando xa se […]
