Como cambian los tiempos M.Cancio, que te parece?

Data de publicación: 23 de Febreiro de 2006
Category: denuncia, politica, rede

A lista de controlad@s do 23-F á que fai mención hoxe X.M.Pereiro no seu artigo en prensa pódese encontrar íntegra no seu blog, Si home si. Na lista podemos ler:

Cancio, Miguel.- comunista, profesor de la U de Santiago, tiene depósito de armas

Agora podemos ver o que é del na súa propia e inintelixíbel páxina persoal.

Até hai nada tamén tiña a súa propia columna de opinión aquí. Pero seica este medio decidiu por algunha estraña razón ;-) abrir unha nova etapa e prescindir del.

Que sentidiño tiña quen inventou iso de que os extremos se tocan!

Esta anotación publicouse o Xoves 23 de Febreiro de 2006 ás 5.38 pm e arquivouse en denuncia, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

3 comentarios a “Como cambian los tiempos M.Cancio, que te parece?”

#1

Si, a sua web causa vergoña allea, quizá a explicación estea nun Alzeimer prematuro. A min en segundo causara-me boa impresión, iso de promover a participación e o debate…

Sobre o de que os extremos se tocan…
enfin Carlos, hai moitos outros da U que tamén se lles vai a pota un cacho…

POR CERTO QUEN SE ANIMA A UNHA VIAXE PARA REPATRIAR A DEO?

OU A ISO DO PISITO COMPARTIDO EN TERRAS VOLCÁNICAS?

#2

Como sempre! ;-)
Deo dáme que debe estar ben rematriado aló. E canto ao do piso aínda non son propietario dun aquí na patria como para andar procurando un fóra. Pero non se descarta, non…

#3

Interesante cousa esa das rematracións. Estaria ben unha análise estatística sobre a cuestión… :-P
Por suposto nesta vida compre non descartar nada. Mesmo rematar de viciños de Saramago nun piso en multipropriedade con paredes niveladas a ollo…

Deixa unha resposta