Alejandro Sanz canta en galego

Data de publicación: 23 de Febreiro de 2006
Category: lingua, podcast, rede

Deus me aparte de querer facerlle a competencia á Regueifa, que dito sexa de paso está facendo un labor impagábel de información e promoción da música galega e en galego, ou aos grupos galegos que con tanto tino e perseverancia recompilou o blog TodoNada.

Mais para tod@s a quen, gustándovos todo o que de bon hai entre as iniciativas musicais galegas que van abríndose camiño nos últimos tempos, gustándovos os traballos de arqueoloxía e innovación musical que se están a facer, aínda así, fáisevos pequena a oferta musical matria, aquí vai outra ristra de novos temas para o radioblog.

alejandro_sanz_canta_en_galegoSodes capaces de ver ao Alejandro Sanz cantando en galego?

E á Shakira. E ao Serrat. E á Gloria Stefan. E ao Ricky Martin. E á Laura Pausini. E aos Pet Shop Boys. E á Omara Portuondo. E ao Sting?

Imaxinades versións en galego dos Beatles, do Charlie Chaplin, dos Earth Wind & Fire, da Tracy Chapman, do Falco, do Ray Charles, ou de Radio Futura?

Escoitade, escoitade sen prexuízos. E despois dicídeme se non somos plenamente internacionais… ;-)

E por certo, todas as versións a dúo dos clásicos de Serrat que inclúe ese vello album publicado no Brasil non tén desperdicio. Nen sequer o desafinado do Caetano. Altamente recomendado.

 
icon for podpress  Alejandro Sanz - Se me esqueci [4:22m]: Play Now | Play in Popup | Download

Esta anotación publicouse o Xoves 23 de Febreiro de 2006 ás 8.28 pm e arquivouse en lingua, podcast, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

11 comentarios a “Alejandro Sanz canta en galego”

#1

Moi boas.

Da túa mensaxe sobre o radioblog saquei a maneira de facer o radioblog que levaba tempo na miña cabeza. Gracias, moitas gracias.

A miña idea é facer só o que ti fixeches nesta mensaxe, como se dun programa de radio se tratara, comentando tódolos temas e dando información dos artistas, dos discos, de todo o que se me ocorra… supoño que será de mes en mes… ou eu que sei… aínda estou en probas… :)
Añádote como se foras unha radio máis…

Admítense suxerencias, claro…

http://curioso-impertinente.blogspot.com

#2

¿Que tal se meteras no radio blog algún grupo galego? ¿Ou é que prodúcenche urticaria os músicos de aquí? Sen despeitearte, podes poñer algo de Luar na Lubre, Guezos ou Fuxan os Ventos, por exemplo, ou non?
http://peneiras.blogspot.com

#3

Miriño:

Alégrome de que che fose de utilidade. Xa vira o teu blo en probas. Utilízalo para enganchalo no outro que tes en castelán, non?

Peneira:

A ver, a ver. Por partes.

Cada vez que renovo as cancións do radioblog -con esta é a terza- procuro unnexo común a todas as cancións para facerunha selección “conceptual”, como os vinilos de antes.

Até agora os criterios foron:

1. Múdica brasileira de discoteca
2. Combinado melancóligo galego-portugues-brasileiro-caboverdiano-angolano-mozambicano.
3. Música en galego(-portugués) de artistas internacionais, ou no seu defecto versións en galego(-portugués) de temas de artistas internacionais.

Máis adiante barallo outras posibilidades. Pero, por tanto, xa puxen -na segunda entrega- artistas galeg@s. Vin ademais que outros radioblogs galegos -están recompiladas algunhas ligazóns a elas no apartado ondas do menu lateral do meu blo- se estaban centrando en exclusiva na música galega -e libre-, así que preferín afondar en ligazóns con outro países de fala galega(-portuguesa).

Paréceme un reproche inxustificado o que me fas, non cres? De todas formas comprenderás que hei de poñer o que me apeteza en cada momento.

Unha aperta conciliadora

#4

Pois si e non…

O blog en castelán non é meu… participo nel pero non é meu, é de Jose Negrete.

Fixen un enganche a Nuestros Caminos a Santiago (que xa explicarei, como digo no blog) para probar cousas distintas, mais non é esa a idea.

Buscarei máis radioblog para añadilos como vínculos no meu… Se tes algunha suxerencia?

E estou con calidonia… que cada un que poña a música que lle pete… :p

#5

¿Sabes que se me pasou pola cabeza?
Que de aínda existir o Supermartes, estes serían o exemplo a seguir para que o Atilano non sacase á xente escopeteada de diante do micrófono.

Cousas coma esta fan que me sinta reintegracionista por momentos.

¡Ah! Ola, ola, que se me esquecía saudar.

#6

Miriño:

Os radioblogs que vou atopando vounos colocando nas ligazóns que hai no blo.

Besbellinha:

De feito non quixen publicar isto até ter a seguranza de que Piñeiro e a súa prole non volverían a aparecer na TV.

Non fora o demo que lles inspirase!
;-)
Ola, ola…

#7

Unha pasada isto das radios e as tuas ligazons.
Xa me aledaches o dia !!.
Saudos.

#8

Gracias de novo Calidonia…

Unha cousiña, vin o vínculo que puxeches do curioso impertinente (gracias por incluilo) e vin que apunta ao arquivo do radioblog como tal… eu preferiría que apuntase ao meu blog, pois se non perderanse os comentarios dos temas… de momento non importa nada, porque aínda non fixen ningún ‘programa’…

Ben… en realidade, fai o que queiras… eu só che dou a miña opinión… :)

#9

Hai días que curioseo nos radioblogs con moito interese.

Non hai algún problema legal con este sistema? É curioso que pregunte isto cando os programas tipo eMule están extendidísimos pero ben… que opinas?

Un saúdo

#10

“Todo lo que me gusta es ilegal, inmoral o engorda”

Si, non es o primeiro que mo pregunta. Artritris tamén tiña esa inquedanza e optou por música sen copyright.

Francamente, seguro que é ilegal o que fago, por unha cousa -publicar cancións de artistas que editan baixo copyright- ou por outra -telas conseguido de xeito alternativo a través da rede-. A verdade, algúns discos nin forn editados no Estado español.

Particularmente non creo estar danando a ninguén por escoitar a música que teño onde queira que vaia e teña conexión a internet, ou por compartila con outra xente, sen tirarlle rendemento económico de ningún tipo. Sen falar de que coa calidade que soa dubido que ninguén use este método para copiar, gravar, distribuír sen permiso dos autores, etc…

A rede está chea de portais en moitos países que poñen mostras de cancións con máis calidade e non creo que paguen por ilo.

E se me vexo en líos, pois xa veremos… Seredes os primeiros en sabelo.

#11

“Todo lo que me gusta es ilegal, inmoral o engorda”

Si, non es o primeiro que mo pregunta. Artritris tamén tiña esa inquedanza e optou por música sen copyright.

Francamente, seguro que é ilegal o que fago, por unha cousa -publicar cancións de artistas que editan baixo copyright- ou por outra -telas conseguido de xeito alternativo a través da rede-. A verdade, algúns discos nin forn editados no Estado español.

Particularmente non creo estar danando a ninguén por escoitar a música que teño onde queira que vaia e teña conexión a internet, ou por compartila con outra xente, sen tirarlle rendemento económico de ningún tipo. Sen falar de que coa calidade que soa dubido que ninguén use este método para copiar, gravar, distribuír sen permiso dos autores, etc…

A rede está chea de portais en moitos países que poñen mostras de cancións con máis calidade e non creo que paguen por ilo.

E se me vexo en líos, pois xa veremos… Seredes os primeiros en sabelo.

Deixa unha resposta