Cada qual com sua mania

Esquecíao. Invito a que fagan o mesmo con este meme a:

- miyuki chan, por o extranho incidente de vivir en min.
- Aultre Narai, por Memorias dunha Ionqui.
- Kate, por o fotoblog de Kate.
- besbellinha, por Beliscos pequenos.
- lúa, por a tola do monte.

Desculpádeme se por facer o convite ás presas nomeo a alguén que xa pasou por isto. Non sei de memoria se xa o fixestes, e descoñezo se hai algunha maneira máis automática de sabelo sen ter que reler os vosos blos.

Ánimo!

12.52 pm

6 Comentarios »

  1. Manías, aí van:

    1. Roer a pel das unllas (cada vez menos)
    2. Levar o reloxio 5 minutos adiantado.
    3. Ir coa música moi alta no coche cando vou soa, e baixiña cando vou acompañada.
    4. Poñer os coitelos boca abaixo para escurrir.
    5. Cando hai confianza, tentar que a xente faga as cousas como as fago eu (a cama así, recoller a mesa despois de comer, tender a roupa deste xeito, encartar a roupa deste outro…cada un ten as súas costumes e eu as miñas)

    E seguro que haberá máis ¿eh? Por certo, algunha das túas tamén as comparto.

    Comentario por besbellinha — 2006-02-15 @ 4.00 pm

  2. 1- deixalo todo para o último momento: exames, compromisos, maletas, chamadas, etc.

    2- cando fai menos frío, durmir coa fiestra aberta e de durmo con alguén dicirlle cousas (que xamais me atreveria a dicir en voz alta) bonitas mentres se vai durmindo nos meus brazos.

    3- declararme sempre que me namoro; xa sei que é moito risco, pero non podo evitalo, no fondo son un pouco kamikace.

    4- bailar cos ollos pechados porque me pon moi nerviosa que me me observen cando non me entero.

    5- escoitar música a todas horas, estea onde estea e faga o que faga. é o meu único vicio confesable…

    e hai máis, pero agora mesmo só me saen estas. un saúdo!

    Comentario por Aultre Narai — 2006-02-15 @ 6.40 pm

  3. Moi bonitiño o debuxo que acompaña ao texto.

    Se queres tomar un café, ven a:
     peneiras.blogspot.com

    Comentario por peneira — 2006-02-15 @ 8.23 pm

  4. 1-Ter sempre música ó meu redor
    5-Desorganizado orde
    3-Face-las cousas compulsivamente até rachar…
    2-Reflexionar algo tarde e actuar algo pronto
    4-Non saber disfrutar do intre feliz a pesares de que seí que é pasaxeiro.

    Comentario por Xosé Manuel Meijome — 2006-02-15 @ 8.41 pm

  5. creo que xa teño as miñas teimas na cabeza para poder escribilas. fareino en canto teña tempo.

    gustábame a idea de polas aquí directamente, pero leva asociado algo máis que porei no meu blog… (ademáis houbo outra invitación case paralela… e contestarei ás dúas a un tempo).

    proximamente.

    graciñas por lembrarte de min.

    Comentario por lúa — 2006-02-17 @ 12.35 pm

  6. xa alá están postas…
    :)

    Comentario por lúa — 2006-02-20 @ 10.34 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word