Esquecíao. Invito a que fagan o mesmo con este meme a:
- miyuki chan, por o extranho incidente de vivir en min.
- Aultre Narai, por Memorias dunha Ionqui.
- Kate, por o fotoblog de Kate.
- besbellinha, por Beliscos pequenos.
- lúa, por a tola do monte.
Desculpádeme se por facer o convite ás presas nomeo a alguén que xa pasou por isto. Non sei de memoria se xa o fixestes, e descoñezo se hai algunha maneira máis automática de sabelo sen ter que reler os vosos blos.
Ánimo!
Esta anotación publicouse o Martes 14 de Febreiro de 2006 ás 12.52 pm e arquivouse en intres, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


6 comentarios a “Cada qual com sua mania”
Manías, aí van:
1. Roer a pel das unllas (cada vez menos)
2. Levar o reloxio 5 minutos adiantado.
3. Ir coa música moi alta no coche cando vou soa, e baixiña cando vou acompañada.
4. Poñer os coitelos boca abaixo para escurrir.
5. Cando hai confianza, tentar que a xente faga as cousas como as fago eu (a cama así, recoller a mesa despois de comer, tender a roupa deste xeito, encartar a roupa deste outro…cada un ten as súas costumes e eu as miñas)
E seguro que haberá máis ¿eh? Por certo, algunha das túas tamén as comparto.
1- deixalo todo para o último momento: exames, compromisos, maletas, chamadas, etc.
2- cando fai menos frío, durmir coa fiestra aberta e de durmo con alguén dicirlle cousas (que xamais me atreveria a dicir en voz alta) bonitas mentres se vai durmindo nos meus brazos.
3- declararme sempre que me namoro; xa sei que é moito risco, pero non podo evitalo, no fondo son un pouco kamikace.
4- bailar cos ollos pechados porque me pon moi nerviosa que me me observen cando non me entero.
5- escoitar música a todas horas, estea onde estea e faga o que faga. é o meu único vicio confesable…
e hai máis, pero agora mesmo só me saen estas. un saúdo!
Moi bonitiño o debuxo que acompaña ao texto.
Se queres tomar un café, ven a:
peneiras.blogspot.com
1-Ter sempre música ó meu redor
5-Desorganizado orde
3-Face-las cousas compulsivamente até rachar…
2-Reflexionar algo tarde e actuar algo pronto
4-Non saber disfrutar do intre feliz a pesares de que seí que é pasaxeiro.
creo que xa teño as miñas teimas na cabeza para poder escribilas. fareino en canto teña tempo.
gustábame a idea de polas aquí directamente, pero leva asociado algo máis que porei no meu blog… (ademáis houbo outra invitación case paralela… e contestarei ás dúas a un tempo).
proximamente.
graciñas por lembrarte de min.
xa alá están postas…
