Os blogues coma os libros
Data de publicación: 11 de Febreiro de 2006Category: denuncia, media, rede
Hai nas bibliotecas milleiros e milleiros de vellas publicacións que ninguén nunca le.
Hai enciclopedias que falan de revistas publicadas non sei cando que nunca leron máis dunhas ducias de persoas.
Os blogues son lidos -vistos e ouvidos- por moita máis xente e apenas se lles presta maís atención do que unha novidade tecnolóxica ou unha curiosidade sociolóxica.
Aquí hai unha ruptura.
E hai quen aínda non se decatou dela.
Un profesor da Universidad de Zaragoza solicitou o ISSN para o seu blog, e foille negado. Non é a primeira vez que ocorre: ten pasado noutros países.
A frustración levou a outros blogueiros a impulsar esta páxina e a crear un código de identificación de blos: o IBSN, Internet Blog Serial Number.
É unha iniciativa que vén de nacer e que non sabemos que éxito terá nin se chegará a popularizarse. Mais, por se acaso e no entanto, merece a nosa atención.
Comento isto en pro da equiparación dunha publicación electrónica con unha real.
Velaquí, por tanto, o meu código:
0-cal-idon-ia
Esta anotación publicouse o Sábado 11 de Febreiro de 2006 ás 11.02 am e arquivouse en denuncia, media, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


5 comentarios a “Os blogues coma os libros”
graciñas.
xa teño o meu ibsn. non sei moi ben para que sirve, pero faite sentir máis seria, máis importante.

Eu tamen gracias a ti.
será brincadeira? mas a questão está bem posta na mesma
dá igual se é brincadeira ou non… eu xa teño o meu blog con código de barras…. :-p
http://es.geocities.com/atoladomonte/4-7014-802-73.jpg
pois é bem verdade. tanto faz se é brincadeira ou não. vou ter um tamém :-b