Non sou moi dado a mandar brincadeiras no correo electrónico, e seguramente será por iso que a xente xa desistiu de enviarmas. Mais hoxe non podo deixar de colocar no blogue esta, da que gostei particularmente:
Linguaxe dos galegos de Norte-América
1. Imos no bas ou no sogüei? = Imos no autobús ou no metro?
2. Non me deu chanza = Non me deu ocasión
3. Xur que nos emborrachamos = Seguro que nos emborrachamos
4. Vou â grosería = Vou â tenda
5. Vou ô estor = Vou ô comercio
6. Cando temos o mítin? = Cando nos xuntamos?
7. Esa rapaza está nais = Esa rapaza é bonita
8. Imos no meu carro = Imos no meu auto
9. Estivem n-unha farma e falei co farmeiro = Estiven n-unha granxa e falei co granxeiro
10. Eiquí non deixan parquear = Eiquí non deixan parar o auto
11. Hai que chequear esa conta = Hai que revisar esa conta
12. ¡Comán! ¡Comán! = ¡Apúrate! ¡Anda!
13. Antón está na barra = Antón está no bar
14. Frisouse o río = Xeouse o río
15. Dous bloques máis alá = Duas mazáns de casas máis alá
16. Estou de draive = Estou de chófer
17. Boteille un espiche = Boteille un discurso
18. O guachimán da fábrica = O garda da fábrica
19. Non tiña diñeiro; pero baqueoume Ramón = Non tiña diñeiro; pero garantizoume Ramón
20. Mandeino â merda. ¡Enijau! = Mandeino â merda e xa está!
21. Acaba d-unha vez; ¡Ghariope! = Acaba d-unha vez ¡Apúrate!
22. Subiu ô rufo = Subiu ô tellado
23. Yes = Si
24. Olrai, oquei = ¡Eso é! ¡Xa está!
25. Fixen un reporte = Fixen un informe
26. Veño da corna = Veño da esquina
27. Ti non draiveas ben = Ti non dirixes ben o auto
28. O meu home ghelpéame = O meu home axudame
29. A miña filla ten unha ticha moi mala = A miña filla ten unha profesora moi mala
30. Estás estropeando as fornituras = Estás estropeando os mobles
31. Dame un eslai de pan = Dame unha lasca de pan
32. Ti estás rait = Ti tés razón
33. O meu bos é alemán = O meu encargado é alemán
34. Os bisnes son así = Os negocios son así
35. A cousa está arráun da corna = A cousa está en veremos
36. Un paun de chis = Unha libra de queixo
37. Cando chegamos ô Unai Estei = Cando chegamos aos Estados Unidos
38. O estin = A calefaición
39. O run = A habitación
40. Estivemos en estrái = Estivemos en folga
41. Eu teño dous e trés cuoras = Eu teño dous e tres cuartos
42. Chegou alí un Bisope = Chegou alí un bispo
43. Piqueteamos o Consulado = Protestamos ante o Consulado
44. Non me convence o teu esteitemen = Non me convence o teu razonamento
45. Non qués uns leirefinguer? = Non qués uns biscoitos?
46. Os piches están baratos = Os pexegos están baratos
47. Non seas foni = Non seas ridículo
48. Aprobouse un bil = Aprobouse unha lei
49. Estou vivindo n-un bordinghaus = Estou vivindo n-unha pousada
50. Eiquí frisan o fix = Eiquí xian o peixe
51. Ese é un tiberiano = Ese é un vendedor ambulante (andaluz)
52. Da sou = Eso é, está ben
53. Temos o viño no sela = Temos o viño no sótano
54. Vou â marqueta = Vou ô mercado
55. Non viu a saina = Non viu o letreiro
56. Levas a basqueta? = Levas o cesto?
57. Oh, boi! = Ai, rapaz!
58. Fun â Chorcha = Fun â Eirexa
59. Tés chope? = Tés traballo?
60. O chif doume galleta = O xefe botoume do traballo
61. Ti a min non me fuleas = Ti a min non me amolas
62. Veño de dantán e vou para atán = Veño do centro e vou pra riba
63. A miña moza doume un pichi = A miña moza doume un retrato
64. Cerra o güindo = Cerra a ventán
65. Eu son lollalista = Eu son leal
66. Levei a roupa ô londri = Levei a roupa ô lavandeiro
67. Vou dar un pari aos amigos = Vou dar unha festa aos amigos
68. Testeáronme o sangue = Analizáronme o sangue
69. Levei o neno ô boroghel = Levei o neno ô Instituto de Sanidade
70. Tés chenche d-un peso? = Tés cambio d-un peso?
71. Veu o chif e díxome: Leirof! = Veu o xefe e díxome: Vaite!
72. Tíñamos un bordante na casa = Tíñamos un pupilo na casa
73. É mellor un relif que un chope = É mellor un ausilio de paro que un choio
74. Xarape, neno! = Cala, neno!
75. Imos ô xou esta noite? = Imos ô teatro esta noite?
76. Será mellor ir ô muvis = Será mellor ir ô cine
77. Imos ô bingopari? = Imos xogar â lotería?
78. Ti es un gutboi = Ti es bon rapaz
79. Estea redi = Estea preparado
80. Chegamos tulait = Chegamos tarde
81. Puxa pola porta = Empuxa a porta
82. Poteiros = Patacas cocidas
83. Queique = Rosca
84. Vouche dar c-unha paipa na cabeza = Vouche dar c-un ferro na cabeza
85. Gústame o pai = empanada
86. Leva a ombrela que chove = Leva o paraugas que chove
Esta anotación publicouse o Venres 10 de Febreiro de 2006 ás 1.55 am e arquivouse en atlantico, contos, lingua, lugares. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


2 comentarios a “Galenglish”
Eu tamén sei outras:
is it have: eche o que ten
go to the shadow: vai pola sombra
my dear mummy!: miña nai querida!
go to mode: vai a modo
it’s very much of our Good: eche moito de nuestro señor
pass of all, my uncle!: pasa de todo, tío!
i part my box, ja, ja (irónico)